Por un verán cheo de lecturas compartidas.
Ata a volta.
Sede Felices !!
Blog da Biblioteca do IES de Fene
Hoxe, mércores 29 de maio, @s coordinador@s do Plambe-Ferrolterra celebramos a derradeira reunión do curso, nesta ocasión foi na Biblioteca Queremos Ler do IES Catabois en Ferrol.
Durante este curso foron varias as lecturas que compartimos con este club, entre outras, "Tardes con Margueritte", "La ladrona de libros", "Sueños en el umbral"... pero nunca antes tivéramos unha xuntanza para comentar esas lecturas e decidimos propoñerlles unha reunión conxunta de ambos clubs, proposta que aceptaron ao momento. A lectura escollida foi "La hija del Este", extraordinaria Clara Usón cun relato cru que nos fai aflorar sentimentos, emocións... describindo a realidade dunha guerra fratricida e da que fomos testemuña directa a través dos telexornais hai pouco máis de 20 anos.
A nosa última lectura foi "Palmeras en la nieve" de Luz Gavás. Unha novela que nos adentra na vida daqueles emigrantes españoles dos anos 50 que chegaron á entonces Guinea Española en busca dun futuro mellor. Mentras comentabamos esta lectura, Alsira, membro do club, falounos dunha prima do seu home que vivira na Guinea nos anos 60, nin que decir ten que o primeiro que lle pedimos foi que a invitara a unha das nosas xuntanzas para contarnos as súas experiencias neste país africano, e o pasado martes Olga veu a O Segrel.