venres, 30 de novembro de 2007

Os Nosos Venres Musicais (IX)

Hoxe, imos dedicar este post de “Os Nosos Venres Musicais” a Tamara Santamariña Sanmartín, unha alumna de 4º de ESO que compaxina os seus estudos no instituto, coa súa grande paixón, o acordeón. E para facer algo distinto, esta mesma mañá decidimos facerlle unha pequena entrevista.

Tamara, cando comezaches a tocar o acordeón?
Dende moi nena e animada pola miña avoa pois a ela gustáballe moito este instrumento. Pero non foi ata os 11 anos cando me matriculei por primeira vez no conservatorio.

Que tipo de música é a túa favorita?
Gústame todo tipo de música, depende do momento.

Que outras afeccións tes?
A lectura é a miña gran paixón. Acabo de ler Dr. Jekyll e Mr. Hyde

Teño entendido que tocas nun grupo, fálanos del?
Non toco nun, senón en catro grupos.
En “Cuarteto Fantasía” de Coruña, e noutros tres que formamos no conservatorio, “Azabache”, “Lembranzas” e “Badaladas”.
Ademais formei un dúo cunha amiga, Sabela Caamaño, que se chama
Asdúas”.

Por certo, que tal pola blogosfera, pois seique tes un blog?
Asduas, está un pouco parado, é que os estudos non nos deixan moito tempo libre….

Que che pareceu a experiencia de “Música e Poesía” que fixemos o luns pasado na Biblioteca con motivo do Día da Violencia de Xénero?
Gustoume moito.

Que pezas tocaches?
Varias de Phil Cuninghan, “The house in Rose Valley”, “Mrs. Royan David” e algunha outra, e rematei con Fuggatzza de Pupazzetti.

Que dirías de volvela a repetir o luns 10 de Decembro para conmemorar o Día dos Dereitos Humanos?
Eu estaría encantada.

Fantástico, alí estaremos.
Tamara, moitísimas grazas e parabéns en nome de todos os que tivemos o pracer de escoitarte o luns pasado, fixéchenos disfrutar moitísimo.

martes, 27 de novembro de 2007

Cine e Violencia de Xénero

Durante esta semana, imos dedicar algunhas clases nos grupos da ESO a tratar o tema da violencia de xénero e pensamos facelo a traves do cine. Eliximos distintas películas, segundo os niveis, que nos permitan reflexionar sobre a violencia contra as mulleres.
1º ESO: Osama
2º ESO: Yentl
3º ESO: Te doy mis ojos
4º ESO: Sólo mía

Osama
Afganistán-Xapón-Irlanda (2003)
Director Siddiq Barmak
Reparto Marina Golbahari, Khwaja Nader, Arif Herati.

Unha nena e a súa nai vense abocadas á miseria cando, coa chegada dos talibáns ao poder en Afganistán, perden o seu dereito a traballar e a posibilidade de saír soas á rúa, xá que non teñen a ningún home na familia. A nai e a avoa da nena deciden entón facela pasar por un rapaz.

Yentl
EEUU (1983)
Directora Barbra Streisand
Reparto Barbra Streisand, Amy Irvin, Mandy Patinkin

Yentl, é unha rapaza intelixente e decidida que se ve obrigada a facerse pasar por un rapaz para satisfacer a súa ansia de coñecemento.




Te doy mis ojos
España (2003)
Directora: Icíar Bollaín
Reparto: Laia Marull, Luis Tosar, Candela Peña

Unha noite de inverno, unha muller, Pilar, sae fuxindo da súa casa levando consigo ao seu fillo. Ao longo da película, os personaxes irán reescribindo un libro de familia no que está escrito quen é quen, pero no que todos os conceptos están equivocados, e onde di fogar lese inferno, onde di amor hai dor e quen promete protección causa terror.

Sólo Mía
España (2001)
Director: Javier Balaguer
Reparto: Sergi Lopez, Paz Vega

O amor entre eles foi un flechazo. Casaron e eran felices. O seu primeiro embarazo encheunos de ledicia.... ata que pouco despois xurdiron os primeiros reproches, os primeiros insultos. Tan só foi necesario “un mal día” de Joaquín para que Ángela descubrira o verdadeiro carácter do seu home.





YENTL (Óscar á mellor banda sonora adaptada)


LOITEMOS POR UN MUNDO DE IGUAIS!!!

Música e Poemas Contra a Violencia de Xénero

Durante os dous recreos desta mañá, profesorado e alumnado de ESO e Bacharelato quixemos aportar o noso gran de area na loita contra a Violencia de Xénero e que mellor xeito que con música e poemas.
Léronse poemas de Rosalía, Marta Dacosta, Marica Campo, Antía Otero, Uxía Senlle, Margarita Ledo, María do Cebreiro, Marilar Aleixandre, e rematamos co poema de Mario Benedetti “Hagamos un trato” que foi lido polo director.
Tamara Santamariña, alumna de 4º de ESO, acompañounos co seu acordeón.

NON Á VIOLENCIA
VEÑA DE ONDE VEÑA
E SEXA DO TIPO QUE SEXA

domingo, 25 de novembro de 2007

25 de Novembro Día Contra a Violencia de Xénero

25 de novembro: data tope.
Levamos días cunha conta atrás que moitos non soubestes adiviñar. Quizais porque todos e todas vós sabedes que unha data non significa o remate dunha peste, dunha lacra social. Que por riba dos nosos desexos está a crua realidade.

25 de novembro.
Sabemos a historia deste día, sabemos que a muller é máis vulnerábel nas guerras, nos odios, nos enfrontamentos, na violencia.

Sabemos tamén, como educadores que somos, de que o uso gratuíto da violencia como xeito de reafirmación persoal sobre outro é a manifestación máis lamentábel da ignorancia. Só aquel inseguro e con necesidade de amosar a súa posición agride sen motivo.

De aí a importancia da educación, de formar aos mozos e ás mozas, ao noso alumnado por tanto, para combater de raíz as claves da existencia da violencia. Só dende a formación, dende a educación, seremos quen de combater contra ela.

25 de novembro.
Dicimos NON á violencia contra a muller. Dicimos NON a calquera tipo de violencia. En todos os países medran as denuncias de vítimas de violencia de xénero, nalgúns casos un 400% máis que hai dez anos. Mentres a policía detén maltratadores e os xuíces ditan ordes de afastamento, a mutilación xenital, un tipo de violencia contra a muller, xera novos hábitos nos hospitais.

Algúns grupos de mulleres son particularmente vulnerables á violencia: as mulleres pertencentes a minorías, as mulleres indíxenas, as refuxiadas, as inmigrantes, as mulleres que habitan en comunidades rurais ou remotas, as mulleres indixentes, as mulleres recluídas en institucións ou detidas, as nenas, as mulleres con discapacidades, as anciás e as mulleres en situacións de conflito armado.

25 de novembro
Porque todo tipo de discriminación é violencia, non o esquezamos. O maltrato pode ser psíquico, físico, pero é maltrato. As vexacións, os acosos, as desigualdades, son maltrato. E porque pretendemos e queremos un mundo de iguais, estamos hoxe aquí, unha soa voz, un único berro en contra da Violencia contra as mulleres.

AS BIBLIOTECAS ESCOLARES,

OS CENTROS DE ENSINO,

@S DOCENTES...

DICIMOS

NON Á VIOLENCIA!!!

Diario Dunha Maltratada


Ante as atrocidades temos que tomar partido… O silencio estimula ao verdugo
Elie Wiesel
Nobel da Paz 1986

Acusei ás inxustizas porque non quero que o meu silencio as absolva
Clara Campoamor

Para min a felicidade consiste en gozar de boa saúde, en durmir sen medo e espertarme sen anguria
Françoise Sagan

A resignación non é máis que o hábito de sufrir
Concepción Arenal

sábado, 24 de novembro de 2007

Por un Mundo de Iguais!!!

HAGAMOS UN TRATO
Compañera,
usted sabe
que puede contar conmigo,
no hasta dos ni hasta diez
sino contar conmigo.

Si algunas veces
advierte
que la miro a los ojos,
y una veta de amor
reconoce en los míos,
no alerte sus fusiles
ni piense que deliro;
a pesar de la veta,
o tal vez porque existe,
usted puede contar
conmigo.

Si otras veces
me encuentra
huraño sin motivo,
no piense que es flojera
igual puede contar conmigo.

Pero hagamos un trato:
yo quisiera contar con usted,
es tan lindo
saber que usted existe,
uno se siente vivo;
y cuando digo esto
quiero decir contar
aunque sea hasta dos,
aunque sea hasta cinco.

No ya para que acuda
presurosa en mi auxilio,
sino para saber
a ciencia cierta
que usted sabe que puede
contar conmigo.


venres, 23 de novembro de 2007

Os Nosos Venres Musicais (VIII)

Shania Twain: "Black eyes, blue tears"


Black eyes, I don't need 'em
Blue tears, gimme freedom. Oh, yeah…
Positively never goin' back
I won't live where things are so out of whack
No more rollin' with the punches
No more usin' or abusin'
I'd rather die standing
Than live on my knees
Begging please-no more
Black eyes-I don't need 'em
Blue tears-gimme freedom
Black eyes-all behind me
Blue tears'll never find me now
Definitely found my self esteem
Finally-I'm forever free to dream
No more cryin' in the corner
No excuses-no more bruises
I'd rather die standing
Than live on my knees
Begging please-no more Black eyes-I don't need 'em
Blue tears-gimme freedom
Black eyes-all behind me
Blue tears'll never find me now
I'd rather die standing
Than live on my knees
begging please...
Black eyes-I don't need 'em
Blue tears-gimme freedom
Black eyes-all behind me
Blue tears'll never find me now they'll never find me now
It's all behind me
they'll never find me now
Find your self-esteem and be forever free to dream

mércores, 21 de novembro de 2007

A teoría evolutiva, uns bonecos e unha canción.

Esta semana recibimos un correo do profesor Walt Andersen, catedrático de Bioloxía Evolutiva nunha universidade europea da que por razóns obvias non daremos o nome. Este home escoitou unha canción hai dezasete anos e, desde esa, non é capaz de quitala da cabeza. Deixou os traballos de investigación de fósiles e dinosauros, para centrarse no estudo minucioso de bonecos folclóricos. Esta semana, dicíamos, con motivo do tropecentos aniversario da publicación da “Orixe das especies” de Charles Darwin, enviounos as fotografías que mostran como os bonecos, ao igual que calquera especie, tamén evolucionan.




Se alguén quere escoitar a canción que o trastornou, pode facelo neste vídeo. Pero advertimos que quitala da cabeza é moi, moi difícil.



venres, 16 de novembro de 2007

Os Nosos Venres Musicais (VII)

Unha voz prodixiosa a desta nena de 6 anos, Connie Talbot, finalista no concurso ‘Britain’s Got Talent' que foi gañado por Paul Potts poseedor dunha marabillosa voz da que puidemos disfrutar noutro blog amigo “Trafegando Ronseis”.
Escoitádeos, sobran as palabras!!!!
Somewhere Over the Rainbow (O Mago de Oz)

Nessun Dorma

xoves, 15 de novembro de 2007

Animación 3D

O alumnado da escola francesa de animación 3D Supinfocom amósanos as súas pequenas xoias.
O mundo das lembranzas, dos soños, da fantasia... Un verdadeiro pracer para os sentidos, que as disfrutedes!!
Parenthese
As lembranzas!!


Riba, o gato que soñaba con ser pianista
O mundo dos soños!!

Nos teus brazos
Hai cousas que nin o destino pode impedir!!

Máis videos de Supinfocom

mércores, 14 de novembro de 2007

Esculturas Tridimensionais

Brian Dettmer, artista nado en Chicago, colle libros vellos, atlas, manuais de mecánica ou de anatomía e recórtaos ata crear verdadeiros labirintos ou paisaxes.

Faino sen miralos antes de comezar a traballar con eles, porque segundo o artista:
"Avanzar a traveso dun libro é como viaxar a un lugar onde nunca tivera estado antes. É como camiñar entre as árbores e atopar un río, ou dobrar unha esquina en Roma e descubrir un edificio impresionante

















Non vos perdades o incrible traballo que realiza este artista cun bisturí e moitísima paciencia!!
Se queredes ver máis:
Bryan Dettmer Book Autopsies
Aron Packer Gallery

luns, 12 de novembro de 2007

Roteiro por Barallobre

O mércores pasado, e dentro dos actos de homenaxe á figura de Xosemaría Pérez Parallé (O Segrel do Penedo), fixemos un roteiro, co alumnado de 1º de ESO, polos lugares de Barallobre ligados ao Poeta.
Estivemos no Local da Sociedade, no Casal de Sandulfe, na antiga fábrica de curtidos, no lugar do Pazo da familia de Lago, na Igrexa de Barallobre e na Liga de Amigos.
Este roteiro fixémolo xunto cos rapaces e rapazas de 5º e 6º de Primaria do CEIP O Ramo. A experiencia foi tan positiva que esperamos repetila noutras ocasións.
Acompañáronnos os membros da directiva da Liga de Amigos, Henrique Sanfiz, director de Radiofusión, quen nos explicou a historia de cada un dos lugares polos que pasamos e por suposto a policía local e protección civil
Os rapaces e rapazas fixeron unha magnífica lectura de poemas en cada un dos puntos do roteiro, pero o momento máis emotivo foi cando na casa da familia nos recibiron a viúva e a filla de Parallé, e un alumno do poeta que leu un poema que lle tiña dedicado ao seu mestre.
Canto disfrutamos!
ARA
Cruceiro da miña aldea
na veira do camposanto:
chuvia e vento,
noite e pranto.
Lus de pedra que alumea,
na fror da tarde serea,
a mourenxa do tormento.
¡Cruceiro
da miña
aldea,
altar do arrepentimento!
J.M. P. Parallé

venres, 9 de novembro de 2007

Os Nosos Venres Musicais (VI)

Black Magic Woman


Cunha traxectoria musical de case catro décadas, admirador de John Lee Hooker, T. Bone Walker, e B.B. King, a fama de Carlos Santana comezou xa nos anos 60.
A súa característica música combina Rock, Jazz, Blues, Soul, toques latinos, estilos multiculturais e máis.

Como membro do Rock and Roll Hall of Fame, Santana ten vendido máis de 90 millóns de discos e actuado para un total de máis de 100 millóns de persoas.

Gañou dez dos premios GRAMMY, pero tan importante é o seu legado artístico, como o seu longo historial de activismo social e contribucións a causas humanitarias. Entre outras das organizacións que apoia están Hispanic Education e Media Group, Doctors Without Borders, Save the Children, Childreach, Rainforest Action Network, Greenpeace, American Indian College Fund, Amnesty International e o Museum of Tolerance con sede en Os Ánxeles.
Das moitas distincións recibidas por Carlos Santana en recoñecemento ás súas accións sociais e cívicas e polos seus esforzos filantrópicos, unha das máis recentes foi o premio do 2002 "Humanity in the Arts Peace Award,” que lles foi outorgado polo International Committee of Artists for Peace (ICAP).


E agora un pequeno reto para os blogueiros e blogueiras máis musicais...
Poderiades describirnos a carátula do disco onde apareceu o tema " Black Magic Woman" por primeira vez?

mércores, 7 de novembro de 2007

Inauguración de "O Segrel do Penedo" (III)

Ou dos sentimentos e as emocións que se mesturaron nesa xornada tan “especial”. E que difícil é expresar o que sentimos, polo menos o é para min.
Comezou o día cos nervios propios do que estaba a piques de acontecer.
Despois de dezasete anos, o noso soño era unha realidade. E inevitablemente ao botar a vista atrás, que diría o poeta, vimos a todos os compañeiros e amigos que apoiaron, animaron, colaboraron, traballaron, e tamén a todos os que criticaron, tentaron poñer pedras no camiño (que tamén os houbo) e o mellor de todo e que nesa mirada non hai nin unha pinga de rancor ou un mal sentimento, todo o contrario, todas esas experiencias, incluso as negativas, fixéronnos crecer como persoas e como profesionais. Ao volver a vista atrás vemos unha andaina non exenta de dificultades pero moi chea, ateigada de compañeiros e compañeiras, amigos e amigas que fixeron desa andaina unha tarefa común. Queríamos contar todas esas experiencias tan enriquecedoras e decidimos facelo publicamente, nesa xornada de celebración. Que mellor momento podería haber para recoñecer o papel fundamental que Toño desempeñou e segue a desempeñar na nosa biblioteca! Como non agradecer a todos e todas os compañeiros e compañeiras que sempre estiveron ao noso carón traballando a cotío, a todos os PLAMBEIR@S a súa xenerosidade, o seu exemplo e o seu bo facer. E agradecémosllo á representación alí presente, a Gracia e a súa biblioteca virtual a súa loita polos dereitos humanos (algo moi importante vai pasar e alí estaremos nós), a Concha e as súas ideas para crear o curso pasado o noso primeiro club de lectura, e neste curso o noso “Recanto da Poesía”, e a Antonio esas mans que non deixan de levarnos a todas as bibliotecas escolares galegas dentro e fóra de Galicia. E a Cristina e Pilar polo seu traballo e por estar sempre aí. (Non había moito tempo, pero gañas e motivos non nos faltaban para seguir agradecendo con nomes e apelidos, outra ocasión haberá...)
Sentímonos arroupados polos amigos. Notamos algunhas ausencias, pero canto encheron as presencias, foron o ungüento que todo o alivia, que todo o cura. Os abrazos nos deron a enerxía necesaria para continuar e non saír correndo, os bicos acougaron os nervos... E chegamos á casa e vemos a entrada no blog de “Biblioafonso”, as mensaxes, os correos, (son os bicos e as apertas virtuais que nunca nos faltan) e nos sentimos tan abraiados que non fomos quen de escribir nada. E hoxe as grazas de “A Nosa Biblioteca” e “Eu tamén estiven alí” de “Trafegando Ronseis” (Si que debías dicir “nós”) E nos faltan palabras para agradecer tantas mostras de cariño, só podemos darvos as grazas por ser como sodes e dicir que non sabemos que puidemos facer para merecer AMIG@S tan fantásticos. Con xente coma vós a AMIZADE sempre se escribirá con maiúsculas!!!!

Inauguración de "O Segrel do Penedo" (II)

A Biblioteca encheuse de autoridades!! Esas foron as palabras dunha alumna ao chegar á casa. E tiña razón, estiveron connosco:

O Alcalde de Fene, Iván Puentes, antigo alumno do centro e que lembrou os seus anos de estudante. Que ben falou e con canto sentimento e que claro ten o que debe ser unha biblioteca escolar!! Rematou a súa intervención cun desexo que compartimos, que a colaboración do Concello e o IES de Fene sexa fructífera!!

O Subdirector Xeral, Carlos Encisa a quen sempre agradeceremos as súas palabras tan agarimosas. Estábamos abraiados!! E lanzámoslle unha “indirecta” que dixo recoller.

O Concelleiro de Cultura e Ensino, tamén antigo alumno.

A Concelleira de Xuventude, ocio e deporte, Mª Carmen Silvar, membro do Consello Escolar.

O Concelleiro de Facenda, Manuel López.

A Bibliotecaria e Arquiveira Municipal, Mar Fontenla, membro da Comisión da Biblioteca no Consello Escolar.A nosa inspectora, Berta.

O Delegado Provincial, José Manuel Mouriz, que, en nome da Conselleira de Educación, inaugurou a nosa biblioteca. Que orgullosos estabamos vendo a un compañeiro (é membro do noso claustro) e amigo facer os honores!.


Tamén estiveron connosco a viúva e os fillos de D. Xosemaría Pérez Parallé “O Segrel do Penedo”. O seu fillo, Francisco Pérez Porto, un recoñecedísimo ceramista agasallounos cunha fermosísima placa para a nosa biblioteca. Que honrados nos sentimos coa súa presenza!!


Todos eles asinaron no que para nós é o “Libro de Ouro do Segrel”, pois nel quedarán recollidos os pensamentos, os sentimentos e as emocións de todos os amigos e amigas que veñan compartir connosco un tempo de lectura, de conversa, de aprendizaxe, de diversión, neste noso Punto de Encontro.



martes, 6 de novembro de 2007

Inauguración de "O Segrel do Penedo" (I)

Despois dunha longa andaina, non sempre doada, finalmente chegou o gran día.
Un día moi especial para tod@s os que durante anos traballamos arreo para conseguir a biblioteca escolar da que hoxe tan orgullosos nos sentimos.
Pero quen son eses “tod@s”?
Un xefe de estudos, Antonio Martínez, (hoxe Vicedirector do IES Afonso X de Cambre), que aló polo ano... (meu deus, foi no século pasado!!) e concienciado da labor que unha biblioteca escolar debía desempeñar nun centro de ensino nos propuxo o gran reto, converter aquel almacén de libros nunha verdadeira biblioteca escolar. (Canto lle temos que agradecer!!)
Tod@s os coordinador@s que pasaron por ela: Margarita Suárez, Juan Pablo Patiño, Josefa Seoane, Miguel Anxo Romero e Inma Rodríguez. Recoñecendo o seu traballo recoñecemos o traballo de todos e cada un dos profesor@s que pasaron polo noso claustro que co seu esforzo, a súa dedicación e as súas críticas, das que tamén sacamos sempre o positivo, fixeron posible o que hoxe en día é a nosa biblioteca escolar.
Todos os equipos de apoio da biblioteca. Este curso forman parte del Mª Carmen Arnoso, Begoña Fernández, Malena Mejuto, Alexandre Ripoll, Inma Rodríguez, Sabela Vázquez e Xoán Vázquez.
Todos os equipos directivos que sempre e sen excepción apoiaron, impulsaron e fomentaron o traballo por e dende a biblioteca escolar.
O persoal de administración e servizos co seu traballo e a súa profesionalidade.
Os Plambeir@s dos que tanto aprendemos e a quen tanto temos que agradecer e que onte estiveron tan ben representados na nosa celebración. Alí estiveron para arrouparnos Antonio Alonso, Concha Costas, Gracia Santorum e Toño Martínez.
Pero non foron só eles os que estiveron connosco, Marina Engroba, Dores Fernández, Anxo Fernández, Olga Rodríguez, Charo Sánchez, Juana Vázquez... tamén estiveron alí, senón fisicamente, si o fixeron co seu cariño e o seu ánimo, que boa falla nos facía!!
As nosas “xefas”, como ían faltar? Elas sempre están ai, e de que xeito!!
E como non, os protagonistas principais da xornada, o noso alumnado.
A celebración rematou, como non podía ser doutro xeito, cun recital de poemas de Pérez Parallé a cargo de alumn@s de 1º, 2º e 3º de ESO, e un cantar de cego no que se narraba a vida do Segrel.
Parabéns rapaces e rapazas!!


venres, 2 de novembro de 2007

Os Nosos Venres Musicais (V)

Que non nos falte o aire!!


Esta semana, traemos a “Os Nosos Venres Musicais” a Maná, a fantástica banda mexicana de rock latino fundada en 1986, pero non é ata o 1999, que graba para a cadea MTV o “Unplugged”, cando se consagra definitivamente nos EEUU tocando algúns temas sociais. No 2000 colabora con Carlos Santana no seu álbum multiplatino “Supernatural”, coa canción Corazón Espinado. No 2006 graba “Amar es combatir” co que alcanza o 4º posto no “Top 200 Albums” da revista billboard dos Estados Unidos, e no 2007 coronase como “Mellor artista do Ano” e “Mellor grupo” na sexta edición dos premios MTV Latinoamericanos.
Vaia carreira!!

E para os que tocades a guitarra

free music

xoves, 1 de novembro de 2007

Ás veces, vexo mortos.



Esta era unha frase clave na película “O sexto sentido”. Aos poucos meses da súa estrea, aparecía nas carteleiras “Los otros”. Unha peli española cun argumento parecido e na que xogaban un papel importante unhas fotografías de defuntos no seu cadaleito. Ese tipo de fotos eran habituais hai algúns anos tal e como se pode comprobar nos traballos de Virxilio Viéitez... A realidade supera sempre á ficción.
Estes días está nas salas “El orfanato”. Seica é moi recomendable. Ireina a ver. Pero antes vouvos contar algo moi estraño que me pasou hoxe. Non sei como, fun ao cemiterio e, o que son as cousas, vin a lápida dun que se chamaba coma min, que naceu o mesmo día ca min e que morreu o día que tiven o accidente... A realidade supera sempre á ficción.




Related Posts with Thumbnails