martes, 22 de decembro de 2015
xoves, 17 de decembro de 2015
Visita á Casa da Cultura
Recibíronnos Almudena, coordinadora do Museo do Humor, e Silvia a bibliotecaria municipal.
Comezamos coa visita á Biblioteca Municipal, onde Silvia nos falou da súa organización e das actividades que nela se desenvolven. A continuación agasallounos cun pequeno obradoiro de debuxo que nos permitiu descubrir algúns artistas entre a nosa rapazada.
Trala visita á biblioteca, Almudena fíxonos un fantástico percorrido pola Exposición "Francisco Ibáñez, el Mago del Humor" achegándonos á figura de Ibáñez o as súas personaxes. Visita que complementamos cunha proxección de debuxos de Mortadelo e Filemón.
Velaí tedes unha pequena mostra de como transcurriu esta mañá chea de humor...
* Clicar na imaxe para ir ao álbum
domingo, 6 de decembro de 2015
venres, 27 de novembro de 2015
Neira Vilas In Memoriam
"Galicia é a nai e é a patria. O meu principio e o meu fin. A miña razón de vivir. A nosa lingua é o meu orgullo"
"Temos o deber moral e o deber patriótico de enriquecer o noso patrimonio histórico e cultural. O que herdamos dos nosos antepasados e o que sexamos capaces de crear co aporte de todos. Galicia espera iso de nós. O pobo que non ten unha cultura de seu acaba sendo parásito de culturas alleas"
"Temos o dereito e o deber de ser rebeldes"
Un pregoeiro de honra
Sermos Galiza
Praza Pública
La Voz de Galicia
La Opinión
Faro de Vigo
El Correo Gallego
El Progreso
20 Minutos
El diario.es
La Verdad
El Pais
El Mundo
ABC
Europa Press
Labels:
Neira Vilas,
Pasamentos
mércores, 25 de novembro de 2015
venres, 6 de novembro de 2015
Novembro, Mes da Ciencia

Un xeito de amosar aos membros da nosa comunidade eses fondos de narrativa, cine, álbum ilustrado, cómic e, por suposto, parte do fondo informativo que non queremos que se quede esquecido nos andeis...
O científico Jorge Mira é o autor do Manifesto con motivo desta celebración.
Labels:
Ciencia,
Exposicións,
Jorge Mira
mércores, 28 de outubro de 2015
Samaín no Segrel
Xa estamos de volta e pensamos que non hai mellor xeito que celebrando o Samaín.
O Segrel "vestiuse" para a ocasión. Sairon dos andeis algúns dos nosos fondos de lendas, historias de medo, terror... e como non, fantásticas cabazas recén chegadas dende Lugo, que o noso compañeiro Xoán se encargou de decorar e, dende o laboratorio de ciencias, chegaron un esqueleto e algunha caveira terrorífica... Vamos, que non nos falta nada como poderán comprobar os nosos visitantes.
Feliz Samaín!!!
domingo, 14 de xuño de 2015
martes, 19 de maio de 2015
Roteiro Pérez Parallé (O Segrel do Penedo)


A primeira parada foi na Casa da Sociedade, "Casa de oficios varios e peóns de Barallobre", a segunda, no Casal de Sandulfe, lugar onde se atopa a casa da familia Pérez Porto. No xardín da casa, diante das esculturas homenaxe aos clásicos: Rosalía, Curros e Pondal, léronse poemas como "Microbiografía" de Parallé, "Cartafol da saudade", "Cantigas dun serán avesío" e "Non falarei, non", entre outros. Logo visitamos o pequeno museo etnográfico onde se conserva a campá da igrexa do Bon Xesús do Pazo de Barallobre, one hoxe está o noso instituto. Rematamos o percorrido na antiga "Casa de curtidos" propiedade da familia da muller de Parallé.
Antes de rematar, Sabela e Lorena, alumnas de 1ºESO, fixéronlle unha entrevista a Francisco Pérez Porto, recoñecido ceramista e fillo do Segrel, a quen lle queremos agradecer o seu labor de cicerón neste marabilloso roteiro que nos levou aos lugares onde O Segrel pasou a meirande parte da súa vida.
Álbum de fotos
Labels:
O Segrel do Penedo,
Pérez Parallé,
Poesía,
Roteiro
sábado, 25 de abril de 2015
Día do Libro

Comezamos o luns nalgunhas das aulas da ESO. Primeiro pensamos naquel libro que, por calquera que fora o motivo, deixara pegada en nós. Logo decoramos con eles as pegadas que recortaramos en cartolinas e ó día seguinte utilizámolas para decorar a zona de exposicións. Posteriormente montamos unha exposición con aqueles libros informativos ben fermosos dos nosos fondos e que aínda había quen non os coñecía... mágoa. Erro solucionado!!
O xoves, Día do Libro, algúns grupos da ESO baixaron á biblioteca para compartir os seus libros favoritos co resto do seu grupo. Eses favoritos cos que elaboramos un fantástico libro que deixamos no atril á porta da biblioteca. Foi unha xornada ben fermosa que seguro repetiremos. De cantos libros marabillosos falamos, cantos lembramos... unha verdadeira celebración do libro e a lectura!!
Álbum de fotos
Álbum de fotos
Labels:
Día do Libro,
Exposicións,
Lectura,
Libros,
Libros informativos
luns, 20 de abril de 2015
xoves, 16 de abril de 2015
Francisco Rodríguez e Rosalía de Castro

Este encontro xurdiu trala lectura de "A memoria da choiva" de Pedro Feijoo. Na xuntanza do club, algúns dos seus membros preguntábanse canto de certo habería da vida de Rosalía no argumento desta fantástica obra así que decidimos que ninguén mellor, para aclararnos todas as nosas dúbidas, que Francisco Rodríguez, estudoso da súa obra e autor, entre outras, de "Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria".
Francisco Rodríguez clarificounos moitos aspectos da vida e da obra de Rosalía. botando fóra tópicos e prexuizos e amosándonos o seu carácter de muller culta, descendente dunha familia fidalga do rural, sen ningún tipo de trauma por ser filla de solteira e de crego, familia que tivo especial cuidado na súa formación. Rosalía estudou francés, música, literatura europea..., e tiña aspiracións para ser independente. Unha imaxe ben diferente da que se proxectou dende as institucións.
Francisco deixou ben claro que so hai que lela para coñecela porque na obra de Rosalía está "todo"...
- "En las orillas del Sar": A Rosalía derrotada, a súa visión de Santiago.
- "Jamás lo olvidaré": Conflitos entre a burguesía e o arzobispado de Santiago.
- "Follas Novas" - "Nin ás escuras", "O encanto da pedra chan": Afectividade sexual, identidade de xénero, travestismo, homosexualidade...
- "Eva": Un poema feminista.
Francisco leunos poemas e algunha das cartas nas que Souto Freire ou Pondal, entre outros, confesan a súa fonda amizade con Rosalía.
E máis, moito máis, todo o que dou unha interesantísima e esclarecedora charla que durou máis de catro horas e que, de non ser que deron as nove da noite, aínda estaríamos de conversa... polo que non descartamos unha nova xuntanza.
mércores, 25 de marzo de 2015
Celebración do Día da Poesía
Gústanos a poesía, así que para nós, calquera día e bo para celebrala, polo que non houbo problema para que o fixéramos o día 25 de marzo, cando o seu día foi o pasado sábado 21.
A verdade é que o pasamos ben facendo os preparativos, e tamén "susurrando poemas". Foi un xeito diferente de celebrar un día ben especial para todos nós.
Labels:
Carlos Negro,
Día da Poesía,
Gracia Iglesias,
Poemas,
Poesía
mércores, 11 de marzo de 2015
Encontro Poético con Gracia Iglesias
O pasado martes, o Segrel encheuse de poesía e creatividade. A artífice desa tarde máxica foi Gracia Iglesias a quen descubrimos a través dos seus marabillosos "Gritos Verticales" que vos recomendamos. Unha xoia!

La tarde rompe en gritos verticales
y sobre sus espaldas
el aliento del mundo pesa herido de noche.
No es más que un espejismo este silencio
No encontro coa rapazada de 4ºESO, Gracia agasallounos cun fermosísimo recital de "Versos Diversos". Comezou con "Aunque cubras mi cuerpo de cerezas", e falounos do "Pudor", da "Tristeza", de "Un beso" e dun "Valiente" con "Distintos métodos para hacer elfantes" achegounos a "El refugio" e amosounos "Los tacones de Ruth" e con "Gritos verticales" falounos de "Un pájaro y su sombra".
Xa nos tiña totalmente engaiolados e, a partir de aí, unha performance "La cruda realidad" e as súas moi persoais formas de converter un limón nun poema. Os marabillosos poemas visuais de Chema Madoz, máxicos "Corazóns lateversos", "Poemas sorpresa", "Poemas susurrados" e moito, moito máis.
Logo chegou o tempo do profesorado. Gracia amosounos mil e un recursos para achegar a poesía á rapazada, Falounos de "Romper Haikus", de "Poemas susurradores", de mesturar poesía e música con "O cadaver exquisito", de como "facer voar as palabras"... de moitos e moi variados xeitos de construir o relato poético.
Foi esta unha fantástica experiencia que aínda ben non rematou, xa estabamos pensando nun próximo encontro con esta extraordinaria muller. Graciñas Gracia pola paixón que pos no que fas, polo teu amor pola poesía, e a forza coa que o transmites.
Esperamos repetir este Encontro!!
Esperamos repetir este Encontro!!
Labels:
Encontros Autores,
Gracia Iglesias,
Poesía
domingo, 8 de marzo de 2015
Día da Muller

No instituto organizouse unha exposición na que pretendíamos amosar o papel da muller na ciencia ao longo da histoira "A Muller na Ciencia", "Mulleres galegas" do mundo da ciencia e a cultura, e unha pequena "Visión Intercultural da Discriminación de Xénero".
Esta exposición complétase cunha selección dos fondos da biblioteca de literatura (novela, Banda Deseñada, Álbum ilustrado, poesía...) e cine que trata a temática da muller dende distintas perspectivas.
Esta exposición complétase cunha selección dos fondos da biblioteca de literatura (novela, Banda Deseñada, Álbum ilustrado, poesía...) e cine que trata a temática da muller dende distintas perspectivas.
Labels:
Ciencia,
Día da Muller,
Discriminación,
Xénero
sábado, 28 de febreiro de 2015
Día de Rosalía

O 24 foi o alumnado de 2º de ESO, o protagonista desta lectura poética, mentres o venres foron o resto dos grupos da ESO. Nesta segunda xornada antes da lectura de poemas, visionouse un vídeo sobre Rosalía coa música de Negra Sombra interpretada por Luz Casal e Carlos Núñez. Un vídeo elaborado polo alumnado de 4ºESO e montaxe de Miriam Martínez e Javier Fernández.
Labels:
Día de Rosalía,
Música,
Poesía
xoves, 26 de febreiro de 2015
Encontros con David Rubín

David fixo un percorrido ao longo da súa carreira, sen esquecer os seus referentes, Jack Kirby, Frank Miller, David Mazzuchelli, Alan Moore, Moebius, Kevin O'neill e, por suposto, o Manga e Osamu Tezuka.
A partir de aí, achegounos a todas e cada unha das súas obras e o interesantísimo proceso de creación. A primeira "El circo del desaliento", compilación de historietas curtas xa publicadas, máis a historia longa "Onde ninguén pode chegar" gañadora do premio Castelao de BD; "La tetería del oso malayo", outro recopilatorio de novelas curtas máis unha longa, "Cuaderno de tormentas" obra coa que comeza a utilizar as cores, utiliza novos formatos narrativos, e xoga coa composición das páxinas; "El Héroe" unha adaptación moi persoal do mito dos doce traballos de Hércules, obra que lle abre as portas do mercado americano, nada máis e nada menos que da man do seu admirado Paul Pope, e que el conquista, como non podía ser menos, coa súa marabillosa heroina "Aurora West"; "Beowulf" é a extraordinaria adaptación ao formato do cómic do primeiro poema épico anglosaxón, e, por suposto, "Viñetas de vida" esa emocionante e conmovedora carta á súa filla Auria, onde lle conta a súa experiencia en Burundi a través da súa colaboración coa ONG "Oxfam Intermón"
Tamén nos falou da segunda parte de Aurora West, a piques de entrar no prelo e, como non, da súa última creación, a que ten aínda entre máns "Gran hotel Abismo" e que, despois de contarnos cal será o seu fío condutor, xa estamos desexando ler.
A extraordinaria obra de David Rubín é resultado de anos de formación e de moito traballo; do seu desexo de experimentar con novos recursos, de ver distintas posibilidades e sobre todo de confianza en sí mesmo. "Ás veces non está mal apostar por un mesmo. Ás veces, ata sal ben..."
Unha obra xenial na que David non oculta a influencia das súas filias e fobias, e na que os seus heroes, segundo a nosa rapazada, imítanlle ben, e coido que non van moi desencamiñados...
A extraordinaria obra de David Rubín é resultado de anos de formación e de moito traballo; do seu desexo de experimentar con novos recursos, de ver distintas posibilidades e sobre todo de confianza en sí mesmo. "Ás veces non está mal apostar por un mesmo. Ás veces, ata sal ben..."
Unha obra xenial na que David non oculta a influencia das súas filias e fobias, e na que os seus heroes, segundo a nosa rapazada, imítanlle ben, e coido que non van moi desencamiñados...
Labels:
Banda Deseñada,
Cómic,
David Rubín,
Encontros Autores,
Ilustración,
Novela Gráfica
martes, 24 de febreiro de 2015
"Os fuxidos de Ferrolterra"

A partir do documental "Xan de Xenaro. Memoria de 32 anos", que recrea un pequeno anaco do noso pasado a través da figura deste guerrilleiro veciño de Limodre (Fene), Bernando falounos da ditadura, da guerra "incivil" e dos homes e mulleres que formaron parte da oposición armada contra o franquismo na comarca de ferrolterra, facendo especial fincapé no papel fundamental das mulleres, mulleres silenciadas como Enriqueta Otero Blanco, María Blázquez, Fina Gallego Silva, e tantas outras...
Un documental con guión do noso querido e admirado Agustín Fernández Paz e do historiador Bernardo Maiz.
Outros Documentais:
- "Las silenciadas" (Guión de Aurora Marco)
- "A cidade da Selva" (Guión Helena Villares e Pilar Faxil)
domingo, 1 de febreiro de 2015
Tomándolle a temperatura aos DDHH no noso centro - Respostas
O proxecto deste trimestre co alumnado de 2ºESO, un proxecto que elaborarán por parellas, trata o tema dos DDHH.
Como defensores dos DDHH, viaxarán por distintos paises do mundo (España, Arxelia, Cuba, República Dominicana, Brasil, EEUU, Colombia, Reino Unido...) axudando á xente cuxos dereitos están a ser conculcados.
Pero antes de comezar, que mellor que tomarlle a temperatura aos DDHH no noso centro. Velaí tedes o resultado da enquisa que hai unhas semanas lles pasamos ao alumnado de 2º e 4º ESO.
Podedes sacar as vosas propias conclusións...
Labels:
2ºESO,
Dereitos Humanos,
Enquisa,
Proxecto Documental
sábado, 31 de xaneiro de 2015
Cómics pola Paz
"Malala Yousafzai" Premio Nobel da Paz 2014
A vida de Malala, activista pakistaní, loitadora polo dereito á educación.
"Imagine" de John Lennon
Unha das mellores cancións de todos os tempos segundo a revista Rolling Stone
Labels:
Cómic,
Día da Paz,
Imagine,
John Lennon,
Malala Yousafzai
venres, 30 de xaneiro de 2015
Poesía e Música pola Paz
Hoxe, celebramos o Día da Non Violencia e a Paz dun xeito ben fermoso. Ao longo da mañá o alumnado de ESO leu poemas aprol da Paz e a non violencia.
Unha xornada na que non faltou a música. Uxía, 2ºESO, acompañounos ao piano, Sabela, 1ºESO, cantounos "A ronda do Soldadiño" e rematou o alumnado de 2º ESO cantando "Imagine" de John Lennon.
Foi o noso xeito de dicir NON á violencia, SI á Paz e á convivencia pacífica
Labels:
Día da Paz,
Lectura,
Música,
Poesía
xoves, 29 de xaneiro de 2015
Lecturas pola Paz
Con motivo da celebración do Día da Non Violencia e a Paz, dende a O Segrel organizamos unha exposición "Lecturas pola Paz".
Un xeito de achegar aos membros da nosa comunidade educativa parte dos fondos de Banda Deseñada, Poesía, Novelas e cine.
Un xeito de achegar aos membros da nosa comunidade educativa parte dos fondos de Banda Deseñada, Poesía, Novelas e cine.
Exposición
Labels:
Band Deseñada,
Cine,
Día da Paz,
Guía de Lectura,
Lectura,
Literatura,
Novela,
Novela Gráfica,
Poesía
martes, 27 de xaneiro de 2015
Galegos en Mauthausen

Unha exposición que coincidiu no tempo, coa data na que se conmemorou o 70 aniversario da liberación do campo de concentración de Auschwitz (27 de febreiro).
Exposición que se completará, ao longo do mes de febreiro, con varias charlas dirixidas ao alumnado de ESO e Bacharelato, a cargo de Enrique Barrera historiador e autor do libro "Galegos en Mauthausen".
Para saber máis...
El holocausto español
Mauthausen el campo de los españoles
Liberados de Mauthausen, olvidados en España
Así se organizaban los republicanos en Mauthausen
martes, 13 de xaneiro de 2015
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)