Hoxe, 23 de Abril, Día do Libro, e para celebrar esta data como se merece, temos unha sorpresa moi especial para todos vós, os membros da nosa comunidade educativa, unha extraordinaria colección de Álbumes Ilustrados, cómics e algún libro moi especial de pintura, cine, poesía... que sabemos que apreciaredes.
Pasade pola exposición e botádelles unha ollada. Atoparedes fermosos textos de Rudyard Kipling, Emily Dickinson, Paula Carballeira; os mundos fantásticos de Lewis Carrol e JRR Tolkien, ou o terror de Edgar Allan Poe. Coñeceredes un pouco máis a xenios como Van Gogh, Charlot ... e disfrutaredes duns marabillosos álbumes ilustrados, obra dalgúns dos máis grandes ilustradores, como son Benjamin Lacombe, Rebecca Dautremer, Jimmy Liao, Sahun Tan, Mauro Evangelista ou Sonja Danowski, entre outros. Todos eles verdadeiros agasallos para a vista.
Velaquí tedes unha selección das últimas novidades que atoparedes na exposición. Que as disfrutedes!!
FELIZ DÍA DO LIBRO!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario