
Hoxe, na nosa clase con 2º de Bacharelato, conmemoramos a caída do muro de Berlín analizando varios dos temas do álbum "The Wall". Cando celebraremos a caída de tantos outros muros que seguén dividindo pobos, clara mostra da sinrazón humana? Cando deixaremos de construir "muros" entre nós?
Esa é a mensaxe que Pink Floyd quixo transmitir co concerto "The Wall" que organizou en Berlín oito meses despois da caída do muro da vergoña. Un concerto que foi retransmitido a todo o mundo e ao que asistiron preto de 350.000 persoas e no que Pink Floyd estivo acompañado por artistas como Bryam Adams, Sinead O'Connor, Sindie Lauper, Van Morrison...
A versión cinematográfica de The Wall (1982) foi dirixida por Alan Parker e protagonizada por Bob Geldof



