
Este fin de semana celebráronse en
Santiago de Compostela as Xornadas de Bibliotecas Escolares baixo o lema "Novas lecturas, novos lectores" inauguradas polo Conselleiro de Educación que estivo acompañado polo Director Xeral de Educación e o Director Xeral de Centros.
Unha cita obligada, dende hai xa tres anos, para centos de docentes de toda Galicia -este ano 1.200- aos que nos une un mesmo obxectivo común, poñer en valor as nosas bibliotecas escolares e convertilas nun recurso educativo imprescindible na nosa labor docente.
A organización inmellorable e o
programa magnífico:
O venres a conferencia inaugural correu a cargo de
Daniel Cassany "Como axudar a aprender a ler aos nativos dixitais" a quen seguiu Luis Iza Dorronsoro que nos falou do "
Plan lector de centro".
O sábado comezamos con quen para moitos de nós foi o gran descubrimento destas xornadas,
Guadalupe Jover, profesora de lingua e literatura castelá do IES Infanta Elena de Galapagar (Madrid) que tratou o tema "Escola e literatura: A educación do Imaxinario".
Guadalupe comezou a súa conferencia facéndonos unha confesión "
las comunidades en las que no se ha apostado por las bibliotecas escolares como en Galicia os miramos con envidia y profunda esperanza" e a partir desa declaración de principios falounos do sentido da lectura, de educación literaria, do lugar que ocupa a literatura na escola do século XXI, de libros que forman lectores e recomendounos tres que dixo non deberíamos deixar de ler:
Michèlle Petit: "El arte de la lectura en tiempos de crisis"Aidan Chambers: "El ambiente de la lectura"Tzvetan Todorov: "La literatura en peligro"Aos que nós engadimos o libro de Guadalupe
"Un mundo por leer".
Tras a pausa do café chegou a mesa de experiencias onde varias compañeiras doutros centros falaron do seu Plan Lector de Centro, da súa experiencia cos Clubs de lectura -Fantástica a experiencia do Club de lectura de primaria presentada por Cova do
CEIP Brea Segade de Taragoña - e a posta en práctica da chamada "Hora de Ler" - Interesantísima a experiencia do
IES Río Miño de RábadeE despois do xantar tivemos entre nós a
Tiscar Lara, un placer poder ver en directo a quen hai tanto que seguimos na rede. O título da súa conferencia "Alfabetizar na cultura dixital".
O remate das xornadas correu a cargo de Glória Durban coa conferencia "A biblioteca escolar, un recurso educativo útil: o desenvolvemento de entornos presencias de aprendizaxe e lectura". A súa páxina
"La dinamización de la Biblioteca Escolar" é ben coñecida e utilizada polos docentes que están ao fronte das nosas bibliotecas escolares.
Pero non hai xornadas que non rematen cunha gran sorpresa, e nesta ocasión chegou da man do actor, autor e director galego
Carlos Blanco que nos ofreceu un magnífico fin de festa. (Xa en
Radio Barullo a través do
Canal YouTube de O Segrel)
Parabéns a
Cristina Novoa e Pilar Sampedro que ano tras ano fan gala do seu bo facer.
Todos os
materiais das Xornadas están dispoñibles na plataforma Moodle da Rede de Bibliotecas Escolares.
Pero para moitos de nós, estas Xornadas tiveron un agasallo especial, polo inesperado. Entre os asistentes atopámonos con Rosa Piquín, pioneira no
Traballo por Proxectos gran amiga das Bibes Galegas a quen seguimos e admiramos.