Hoxe, martes 4 de xuño celebramos a reunión de despedida dos clubs de lectura da rapazada e notouse que
estamos en épocas de exames, porque nunca faltaron tantos... dos 33 que chegaron ao final de curso, so asistiron á última reunión 22.
O grupo de 3º e 4º pediron realizar esta despedida coa rapazada do outro club nunha sesión de "cine palomitas" e así o fixemos, o problema foi atopar a película que non tivéramos que deixar a medias, xa que o alumnado de 3º tiñan un exame a primeira hora da tarde. Todas as que propoñían duraban dúas horas e só dispoñíamos de 100 minutos, dende as 14.30 ata as 16.10 finalmente eliximos "Pa Negre", basada na novela homónima de Emili Teixidor.
Pero non so houbo cine, despois dos bocatas e as consabidas pizzas chegou o postre, un bizcoito riquísimo que nos fixo Mari, a fantástica cociñeira da cafetería de FP, zumes, bombóns e un fantástico agasallo de Miriam, dúas bandeixas das pastas máis deliciosas que xamás tivestes probado, pastas que fan na súa pastalería en Fene e que saben que son a miña perdición...
Como podedes ver, foi un fin de festa ben doce, que a peli xa era crú dabondo...
Agora só queda cubrir as enquisas, nas que avalíarán aa actividades desenvolvidas ao longo do curso, veremos canda sacan un oco...
Ata o vindeiro curso, se quedáchedes contentos, nós tamén... vémonos en outubro!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario