Como cada ano, dende hai xa dúas décadas, o día 24 de Novembro celébrase o Día da Biblioteca co obxectivo de concienciar á sociedade da importancia dos libros e a lectura.
O Ministerio de Cultura edita cada ano un Cartel conmemorativo, e este ano foron a escritora Ledicia Costas e a ilustradora Elena Odriozola, Premio Nacional de Literatura e Ilustración 2015 respectivamente, as encargadas da súa elaboración.
En Galicia, o lema da campaña este ano e "Biblioteca Escolar: Territorio das Artes" e con este motivo no Segrel sacamos unha pequena selección dos fondos de Arte.
Este ano adícaselle á figura de Valentín Paz Andrade, xornalista, poeta, xurista, político, empresario... un home comprometido co seu país. Na páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüística atoparedes unha boa mostra dos materiais elaborados sobre a figura deste insigne Galego.
Imaxe do Primeiro Cartel do Día das Letras Galegas. Fonte RAG
Nesta ocasión, en O Segrel decidimos facer unha exposición múltiple na que poder achegar aos membros da nosa comunidade exemplares de distintas temáticas entre as que destacamos:
Álbumes Libros de Ciencia
Teatro
Información
A Nosa Cultura
Centenario Celso E. Ferreiro
Outras Culturas
Música
Arte
Historia
Cine
Narrativa
Banda Deseñada
Esta exposición a completamos cos libros favoritos de alumnado e membros do Club de Lectura de pais e nais, para o que puxemos en práctica a idea que o noso admirado Agustín Fernández Paz propón na súa fermosa novela "O único que queda é o amor". O luns, Día do libro, todos os participantes nesta celebración recibiron un pequeno agasallo, unha bolsa coa mascota da nosa biblioteca, á que xa vai sendo hora que lle busquemos nome, non credes? Veremos logo de facer algo para solucionar este pequeno problema.
O cartel que ilustra esta entrada foi deseñado por Mariña Gándara Serantes alumna de 2º ESO para este día. Toda unha artista, non si? Dende aquí os nosos parabéns polo seu magnífico traballo.
Coincidindo co Día do Libro 2012, que se celebra hoxe, 23 de Abril, existe unha iniciativa impulsada por Luis Arizaleta(especialista en lectura e desenvolvemento de iniciativas culturais), que nos fai reflexionar aos que subscribimos, sobre o que el coñece desde hai máis de vinte anos: o ambiente de lectura na escola, e é ese o nome do manifesto que vos invito a ler.
Son 12 puntos moi breves pero que, de telos realmente presentes, suporía un verdadeiro replantexamento da experiencia lectora, persoal e cultural dos nosos rapaces e rapazas. Para eso nos diriximos a toda a amplia comunidade vinculada coa lectura: escritores, mediadores, contistas, narradores, pais e nais, editores, profesionais da educación...
Aínda que sempre oímos aquelo de “neso todos estamos de acordo” o certo é que no mundo vinculado ao libro e á lectura hai moita palabrería e adorno estéril, pero tamén temos que decir que hai moita xente traballando, no noso país e máis alá del, para que as cousas non sexan así. Sabemos que hai unha corrente forte e consolidada de xente que traballa para que os pequenos, medianos e maiores vivan a lectura con pracer e sabemos que, ademáis, o consiguen. E non deixa de ser significativo que xunto a todas esas persoas, que irán en aumento, ou non, non tiveran dúbida en estampar a súa su firma xente como Francesco Tonucci, ou escritoras como Rosa Aneirosou Fina Casalderrey, de entre un grupo de 108 profesionais relacionados coa lectura.
A nosa suxestión para este día e para sempre... "Mis abuelos y yo"
Unha aventura persoal onde os avós son os protagonistas
Un álbum de Ángels Farré, ilustrado por Noemi Villamuza, que trata de que avós e netos constrúan xuntos a súa propia historia, facendo aos avós pescudar nas súas lembranzas aqueles acontecementos e sentimentos que teñen marcado a súa vida. Unha aprendizaxe para os pequenos sobre a experiencia de quen os quere e cuida. Unha fermosa proposta de escritura compartida chea de emoción e tenrura.
Cartel e Mensaxe para conmemorar o Día do Libro Infantil