Dende as 9.00 ata as 12.00 da mañá, hora na que saíamos para o Teatro, alumnado, profesorado, persoal de administración e servizos, pais, nais e amigos do Segrel, achegáronse canda nós para dicirnos...
Gústame...
- o xeado con sabor á terra (O lema gañador do noso concurso - Andrea Goti - 3º ESO)
- que se faga xustiza co Galego
- que me digan "qrt m8" ; -)
- que che guste a miña lingua :-P
- soñar en galego e espertar cun "bo día"
- que che guste a miña lingua para pedirme que confíe en ti
- que no deporte o galego non quede fóra de xogo
- que as mates, a ciencia, a tecnoloxía... sexan en galego!
- que intentes falar en galego, aínda que che custe pouquiño
- poder ter o móbil, o tablet ou o ordenador en galego
- que me lembres en galego
- o galego con acento africano
- A Coruña, gústasme ti
- que non nos coma a lingua o gato
- o seseo (e a gheada, e o rotacismo...)
- poder entenderme en galego con máis de 200 millóns de persoas
- como empezan a falar galego @s pequerrech@s
- que me entren en galego ;-)
- que o galego me acompañe sempre
Algúns dos lemas do concurso organizado no centro: Gústame...
E así recolleron a noticia dende Radiofusión Fene
Ningún comentario:
Publicar un comentario