Hoxe 24 de Febreiro celebramos o Día de Rosalía dun xeito ben fermoso.
Propuxémoslle á rapazada da ESO encher as pistas de poesía, durante os dous recreos da mañá. A idea consistiu en facer distintos avións de papel (pasámoslles plantillas de máis de 20 modelos distintos) e copiar nas súas ás versos dalgúns dos seus poemas preferidos de Rosalía.
A nosa proposta non puido ter mellor resposta, a rapazada fixo unha fantástica pescuda de poemas e os recreos enchéronse de risas e poesía. Unha verdadeira festa para celebrar este gran día.
Clicar na imaxe para ir ao álbum