Amosando publicacións coa etiqueta Mass Media. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Mass Media. Amosar todas as publicacións

martes, 20 de novembro de 2012

Medios de Desinformación - Rosa María Calaf


- "Ser un lector responsable"
- "Promover o espíritu crítico na rapazada"
- " A tecnoloxía como ferramenta"
- "Ser activos con coñecemento"
- "Reflexionar, questionar..."
- "Basar as nosas opinións en feitos contrastados..."

- Información honesta, plural, transparente, respectando as diferenzas..."

Mensaxe ben clariña de Rosa María Calaf unha grande profesional dos medios da que non deberíamos perder nin un so segundo dos 08.08 minutos que dura este vídeo ao que chegamos a través de Comunidade Cuadernalia.




xoves, 7 de maio de 2009

Os Sacapenas para Gaza nos Medios

Onte, alumnado e profesorado do noso centro presentamos ante distintos medios de comunicación a iniciativa "Sacapenas para Gaza".

Xan Morales, de RadioFusión, convocounos o martes ás 11.30 na Casa do Concello de Fene pois según el "Unha iniciativa tan fermosa hai que dala a coñecer".

Cando chegamos a nosa sorpresa foi enorme xa que alí estaban a xefa de prensa do alcalde, Pitusa de RadioFusión, as cámaras de Localia TV, fotógrafos... en fin todo un despliegue de medios aos que, temos que confesar, non estamos acostumados, pero o motivo pagaba a pena.

Contamos como unha iniciativa, que xurdira no CEIP A Rúa, se espallara a través das Bibliotecas Escolares por distintos centros de Galicia. Como foi acollida no noso centro e os pasos que seguimos para a elaboración dos bonecos onde non só se implicaron profesorado e alumnado senón tamén as familias.

Para nós foi todo un orgullo e moi emocionante escoitar a Laura e Roberto, alumnos de 2º e 4º de ESO, contar o que supuxo para eles esta experiencia. Laura expresou o seu desexo de que se volvera a repetir "xa que é un bonito xeito de que os nenos e nenas aos que van destinados estes bonecos sintan o noso cariño", mentres que para Roberto foi "Unha iniciativa que permitía ofrecerlle a nenos e nenas que están a vivir nunha época difícil a oportunidade de xogar, algo que para nós forma parte da normalidade, pero que no seu caso é un luxo case inalcanzable"

O noso alcalde Iván Puentes, alabou o traballo que se está a desenvolver dende o noso centro "que está á vangarda na formación non só académica, senón tamén na formación de persoas solidarias e comprometidas" e engadiu "Estas experiencias que valen para formar veciños e veciñas solidarios contarán sempre co apoio do Concello"

Hoxe a noticia aparece recollida en distintos medios.
RadioFusión
Fene Cidadán
Diario de Ferrol
La Voz de Galicia

Esta semana intentaremos achegarvos o documento sonoro dende Radio Barullo.

(Actualizado o venres 8 de maio)
En Radio Barullo xa tedes á vosa dispoción esa gravación prometica.

Dende O Segrel do Penedo queremos agradecer a Xan Morales que fixera posible esta fermosa presentación en "sociedade" dos nosos Sacapenas.
Related Posts with Thumbnails