Amosando publicacións coa etiqueta Entrevista. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Entrevista. Amosar todas as publicacións

mércores, 31 de marzo de 2021

Encontro con Érika Diz Pita

O pasado venres, 26 de marzo, tivemos o pracer de contar con Érika Diz Pita, graduada en Matemáticas, que actualmente está facendo o doutorado e exerce como profesora na facultade de Matemáticas da USC no departamento de Estatística, Análise Matemático e Optimización.

Este encontro organizouse en colaboración co Club de Ciencia do IES de Fene, ConCiencia Fene, para poñer o punto final a marzo, mes da Muller e das Matemáticas, e que mellor que contar con Érika, muller, matemática e por riba exalumna do noso centro.

O título da charla foi "Algoritmos, que son? e para que serven?" e a ela acudiu o alumnado de 1º de bacharelato. Nela, Érika explicou, de xeito sinxelo, que os algoritmos non son algo novo, aínda que nos últimos tempos se fala moito deles en relación co acceso á información, senón que desde a antigüidade se describiron multitude de algoritmos coa intención de solucionar diversidade de problemas. Falounos de como se utilizan habitualmente para actividades como asignar profesionais ao seu posto de traballo ou como, grazas tamén a un algoritmo, nos vemos máis favorecidos cando aplicamos un filtro a unha imaxe.

Tamén lle deixou unha mensaxe clara ao alumnado, que estuden aquelo que lles guste e lles faga felices, que non se deixen levar polo que teña máis saída ou o que lle digan os demais senón que se decanten polo que en realidade lles fai disfrutar.

A continuación prestouse a que un grupo de rapaces lle fixeran unha pequena entrevista na biblioteca. Nela falou do seu paso polo instituto, dalgunha anécdota graciosa, daqueles profesores que deixaran pegada e como se sentía despois de varios anos sen pisalo. Tamén nos comentou que é o que máis lle gusta das Matemáticas, que querería dedicarse á docencia e mesmo de como ve ela o papel da muller no ámbito da ciencia e da tecnoloxía. Resultou unha conversa moi agradable como poderedes ver no vídeo que aparece a continuación. Ao final mesmo firmou no noso libro de "personalidades".

Para rematar a xornada axudounos na entrega de premios de varios concursos organizados polo Club de Ciencia e o departamento de Matemáticas, algún deles pendente dende o curso pasado debido á pandemia.

Pica na imaxe para ver o álbum completo


sábado, 8 de marzo de 2014

Mulleres e Homes


Fundación Good Planet "7 Mil Millóns de Outros"


martes, 20 de novembro de 2012

Medios de Desinformación - Rosa María Calaf


- "Ser un lector responsable"
- "Promover o espíritu crítico na rapazada"
- " A tecnoloxía como ferramenta"
- "Ser activos con coñecemento"
- "Reflexionar, questionar..."
- "Basar as nosas opinións en feitos contrastados..."

- Información honesta, plural, transparente, respectando as diferenzas..."

Mensaxe ben clariña de Rosa María Calaf unha grande profesional dos medios da que non deberíamos perder nin un so segundo dos 08.08 minutos que dura este vídeo ao que chegamos a través de Comunidade Cuadernalia.




luns, 23 de xaneiro de 2012

A Arte de Benjamin Lacombe


Entrevista ao extraordinario ilustrador francés Benjamin Lacombe, na que fala das súas tres últimas obras de arte: Blancanieves, El herbario de las hadas -cunha fantástica versión para tablets- e Cuentos Macabros onde recrea o ambiente e os personaxes creados polo gran Edgar Allan Poe.

Marabillosos álbumes dos que xa disfrutamos dende o momento en que sairon publicados. Verdaderas xoias!!

Benjamine Lacombe tamén nas Redes Sociais

sábado, 8 de xaneiro de 2011

Daniel Cassany: Ler e escribir en tempos de internet


  • Literacidade Crítica
  • Influencia das TIC
  • O rol do profesorado...
Cassany, tan claro coma sempre.

Vía Twitter Manuel Area

martes, 4 de maio de 2010

Letras Galegas: Concurso de Poesía

Como ven acontecendo nestes últimos cursos, cando chega o mes de maio, o Departamento de Galego e o Equipo de Normalización Lingüística convocan un Concurso de Poesía.

Nesta ocasión o xurado estivo composto por dous profesores do departamento de lingua castelá (José Luis Villar e Miguelanxo Romero), dous alumnos (Tamara Santamariña de 1º de Bacharelato e Miguel Paz de 2º) e a periodista de Radiofusión Pitusa

O primeiro premio "Máis de noventa outonos" de Ana Armenteros (3º ESO) e o segundo "O último segundo" de Marta Vázquez de 2º de ESO formarán parte do noso libro de "Poemas para un Día" que cada ano, con motivo do Día das Letras Galegas, publica a nosa biblioteca.

Este libriño de poemas será o principal recurso que utilizaremos na celebración das Letras para desenvolver unha actividade que ten como obxectivo principal achegar a poesía e os poetas galegos ao noso alumnado.

Ano tras ano a participación do noso alumnado neste concurso vai en aumento o que se ve reflectido na calidade dos poemas presentados polo que nesta ocasión o xurado decidiu otorgar dous Accesit que recaeron nos poemas "Eu son" de Silvia Iglesias (1º ESO) e "O camiño das ledicias" de Graciela Feal (3º ESO)



En Radio Barullo tedes a entrevista que lle fixeron á nosa flamante gañadora "Ana Armenteros" en A Fenestra de RadioFusión.

Dende O Segrel os nosos parabéns a todos os participantes e animámolos a que non deixen de escribir.

domingo, 3 de maio de 2009

Cadea por Mario Benedetti (II)

En O Segrel non nos resignamos a deixar esta cadea de poesía e de vida que comezou hai uns días e a través dela queremos achegarvos, se cadra un pouquiño máis, a figura de Benedetti.

Non vos perdades esta entrevista onde nos fala da súa familia, da súas influencias, da súa vida...



Esta cadea tamén a podedes seguir en:
Fundación Saramago
Bibliosbardos
O Recanto de Mik
Papel en Blanco
Un millón de amigos
El Konsultorio


Poemas
Novas

xoves, 27 de novembro de 2008

"O Segrel do Penedo" en Radio Fusión

Onte, 26 de novembro, O Segrel do Penedo foi invitado por Radio Fusión, a nosa radio local, a falar sobre Bibliotecas Escolares.

Se queredes escoitar a entrevista completa só tedes que entrar en Radio Barullo, a nosa Radio Escolar.


Chegamos ás 10.50 á Casa do Concello e todo hai que dicilo, estábamos unha miaxiña nervosos. Non é este o medio onde soemos desenvolvernos, pero grazas a Almudena Marcos, unha grandísima profesional, sentímonos tan a gusto que, como xa ela nos comentara antes de comezar a entrevista, esquecimos completamente que estabamos ante un micrófono.

Durante case media hora falamos do modelo de biblioteca escolar, do papel que as bibliotecas escolares están a desenvolver nos centros de ensino, da labor dos coordinadores e dos equipos de apoio, da Asesoría de Bibliotecas, do Plambe, da Hora de ler, dos Clubs de lectura, das Mochilas viaxeiras, de Agabel... e tamén, como non, das necesidades que teñen as nosas Bibes. Como íamos deixar de falar do que tanto nos preocupa?

E falando de bibliotecas non podíamos esquecer o fomento da lectura, o importantísimo papel da familia na adquisición do hábito lector... e por suposto a visita da Ministra a Galicia para a sinatura da addenda 2008 ao convenio para a mellora das bibliotecas escolares, acto no que tamén estivo presente o IES de Fene.

Related Posts with Thumbnails