domingo, 31 de xaneiro de 2010

Música e Poesía no Día da Paz


GALICIA
Cando cantas, eu canto ao teu verde mar
cando choras, tamén choro a túa pena.

Cando soñas, eu soño co teu verde mar
nesta vida non podo esquecerte.

Recordar días sen luz da túa miseria,
meu país, unha estrela que a noite quere deixar.

Cando cantas, eu canto ao teu verde mar,
nesta vida non podo esquecerte.

Creo en ti, creo en ti, na túa xente, no teu ser,
miña terra revolucionaria.
Penso eu que eres ti a nosa única ilusión.
Nós queremos estar xunto a ti.

Pola túa lingua queremos loitar,
defendela sen medo a morrer.

Cando cantas, eu canto ao teu verde mar,
nesta vida non podo esquecerte.

Unha nova esperanza amanece con nós,
liberdade e progreso esperamos de ti.

Galicia...
Galicia...

Letra: Mª Carmen Arnoso

Con esta adaptación
realizada pola nosa compañeira Mª Carmen, do famoso "Va, Pensiero" o coro dos Escravos Hebreos, o canto de liberdade do pobo hebreo escravo dos persas, III acto da ópera "Nabucco" de G. Verdi, comezará mañá a nosa celebración do Día da Paz e a Non-Violencia.

Unha celebración que continurá con "We are the World" de Michael Jackson e Lionel Richie, "Que canten os nenos" de José Luís Perales e "Imagine" de John Lennon, e rematará cun fragmento de "Allende" de Mario Benedetti "Para matar al hombre de la Paz" que lerá Laura López alumna de 3º de ESO .


Pola convivencia pacífica entre todos.

Polo respecto ás diferencias que nos enriquecen.


Pola PAZ!!


sábado, 30 de xaneiro de 2010

As Bibes Galegas Xuntas a Prol da Paz






Montaxe feita pola nosa amiga A Pescadora de Historias. Grazas !!

Fantástica compilación de todo o material elaborado polas Bibes Galegas feita por Trafegando Ronseis, o noso blog amigo .
PAZ 1
PAZ 2
PAZ 3
PAZ 4
PAZ 5
PAZ 6
PAZ 7
PAZ 8

Grazas a todas por este marabilloso exemplo de traballo compartido!!

venres, 29 de xaneiro de 2010

Música e Poesía Pola Paz

xoves, 28 de xaneiro de 2010

Lectura e Cine pola Paz

CEIP Andrade (Pontedeume)

CEIP A Paz (Coruxo)

CEIP San Martiño (Pontevedra)

Máis propostas de lectura e música dende varias Bibliotecas Escolares para traballar a Paz.

Grazas por compartir!!

mércores, 27 de xaneiro de 2010

Recursos para Traballar a Prol da Paz

Busca do Tesouro dende o CEIP de Covas (Viveiro)


ALFIN e Paz dende O Recanto de Mik


Webquest elaborada polo CEIP Isaac Peral (Ferrol)


Recursos na Rede

Recursos elaborados dende algunhas das Bibliotecas Escolares Galegas.

Grazas a todas elas por este magnífico exemplo de traballos compartidos.

Paz, Peaux, Peace, Paix, Friede, Pace, Vedre, Pax...


Nesta semana de conmemoración do Día da Paz, dende Mesturas nos chega esta fermosa presentación. Un exemplo máis de sensibilidade e bo facer. Grazas

domingo, 24 de xaneiro de 2010

O Mundo está enfermo

sábado, 23 de xaneiro de 2010

Música pola Paz

Escolma musical realizada polas Bibliotecas Escolares Galegas


xoves, 21 de xaneiro de 2010

Tod@s Contra o Decretazo !!


NAS AULAS DA GALIZA
QUEREMOS GALEGO.

NON AO DECRETAZO !!



El País

El Mundo

20 Minutos

La Voz de Galicia

Público


Faro de Vigo

La Región

Xornal

El Correo Gallego

Diario de Pontevedra

Galicia-Hoxe

La Opinión

El Progreso

DeLunsaVenres

FACHENDOS@S DE PERTENCER A ESTE EXTRAORDINARIO COLECTIVO !!

EN FOLGA, EN HUELGA, ON STRIKE

mércores, 20 de xaneiro de 2010

Decálogo para ser Lingüísticamente Sostibles

Hoxe traémosvos un magnífico exemplo de traballo colaborativo e compartido.

Partindo do "Decálogo para ser lingüísticamente sostibles" elaborado no ano 2008 polas Universidades Catalanas e traducido por Adelia Troncoso do IES Val do Tea (Ponteareas), @s compañeir@s do CEIP Frián de Teis deseñaron este documento no que se nos fala de Respecto, Tolerancia, Liberdade... Aspectos todos eles que nos deberían axudar a reflexionar.

martes, 19 de xaneiro de 2010

Análise da RAG das Bases para o Decreto


Análise da RAG das Bases para o decreto do plurilingüismo


Crédito da Imaxe

21 de Xaneiro: Paremos o Decretazo Contra o Galego


21 DE XANEIRO:

PAREMOS O DECRETAZO CONTRA O GALEGO

A plataforma Queremos Galego convoca as comunidades educativas para un paro xeral no ensino o 21 de xaneiro, como contestación ao decretazo contra o galego.

A agresión é histórica, sen dúbidas a máis forte contra o idioma propio en toda a etapa democrática. Por iso é tan importante que nos impliquemos todas as persoas con sensibilidade pola nosa cultura, independentemente da lingua que falemos no día a día, para facermos do 21 de xaneiro unha data tamén histórica na contestación social.


Por que rexeitamos este decretazo?

1) Porque non garante que os estudantes finalicen cada etapa educativa coas destrezas lingüísticas tamén en galego.
Todos os informes oficiais sinalan que hai un problema para conseguir que boa parte dos rapaces e das rapazas, sobre todo nas zonas urbanas, teñan fluidez comunicativa en galego. Diminuír a presenza da nosa lingua non fará máis que agravar a situación, vulnerando o dereito do alumnado a unha educación de calidade e pondo en perigo a pervivencia da nosa cultura.

2) Porque é unha proposta feita de costas á sociedade galega.
O presidente da Xunta sabe que non conta con ningún consenso do profesorado, o estudantado, as familias e da sociedade en xeral para este decretazo. Por iso o presentou na véspera de fin de ano, a última hora do serán, e sen que existise ningún proceso previo de diálogo nin contraste.

3) Porque a aplicación deste decreto suporá enfrontamentos nos centros.
A Xunta fai deixadez das súas funcións e traslada o problema ao profesorado, ao estudantado e ás familias, que serán parcialmente consultadas (ben tendo en conta só o criterio da maioría, sen que se saiba que pasará coa minoría que se sinta perdedora; ben dando unha opinión cada catro anos, o que significa que uns pais darán a súa consideración sobre a educación das fillas e dos fillos doutros). A política lingüística e educativa non se pode limitar á opinión que poida ter a comunidade escolar, porque nos corresponde a todas as galegas e a todos os galegos. Hai que ter presentes criterios pedagóxicos e o dereito a unha educación en igualdade.

4) Porque a Xunta se burla da cidadanía cando di que se vai impartir un terzo das materias en inglés, cando sabe que iso é totalmente inviábel, e sen se preocupar do fracaso escolar.
O presidente da Xunta mente conscientemente cando fala de “plurilingüismo”, pois sabe que iso é imposíbel de aplicar. Só utiliza o inglés para camuflar propagandisticamente o ataque contra o galego. Na verdade, os departamento de inglés non teñen un reforzo real para mellorar a aprendizaxe desta lingua e mesmo se recortan os recursos para a formación do profesorado e se reduce o número de profesores/as das escolas oficiais de idiomas. O reforzo e mellora do ensino de inglés no sistema educativo galego debe facerse con máis profesorado específico, con máis recursos e con grupos máis reducidos.

5) Porque este decreto vulnera leis básicas aprobadas por consenso e tratados internacionais de dereitos lingüísticos.
O decreto que o Goberno galego quere impor unilateralmente vulnera a letra e o espírito da Lei de normalización lingüística (arts. 12 e 13), así como da Carta europea de linguas rexionais ou minoritarias (art. 8). Un goberno serio, cívico e responsábel cumpre as leis e os tratados internacionais de dereitos humanos e de dereitos lingüísticos.

6) Porque é unha agresión á dignidade da nosa cultura que haxa un goberno da Xunta que ande ás patadas coa lingua propia do noso país.
Temos que erguer a nosa voz con claridade e exclamar que, independentemente do idioma que falemos no noso día a día, os galegos e as galegas amamos a nosa lingua propia e queremos que non haxa políticas para discriminala, senón ao contrario: que se promova nos diferentes ámbitos, garantindo a igualdade de dereitos.

Fronte á imposición unilateral de Alberto Núñez Feijóo, as comunidades educativas e o conxunto da sociedade galega reclamamos que se escoite a nosa voz. O presidente da Xunta debería lembrar que o decreto aínda en vigor contou co respaldo dos sindicatos que representan ao 90% do profesorado, a inmensa maioría das ANPAs, todas as organizacións estudantís e todos os movementos de renovación pedagóxica con actuación en Galiza. O seu decreto contra o galego, ao contrario, non xera máis que rexeitamento e preocupación.


O 21 DE XANEIRO PARAMOS O ENSINO
EN DEFENSA DA CONVIVENCIA E DO GALEGO

MANIFESTACIÓN NACIONAL EN SANTIAGO DE COMPOSTELA
11.30 DA MAÑÁ NA ALAMEDA

luns, 18 de xaneiro de 2010

A Frase do Mes



"Poco a poco, la estancia empezó a encogerse hasta que la ladrona de libros pudo tocar las estanterías, a unos pocos pasos de ella. Pasó la palma de la mano por la primera, atenta al rumor de las yemas de los dedos deslizándose sobre la columna vertebral de los libros. Sonaba como un instrumento o como las notas de unos pies a la carrera. Utilizó ambas manos. Recorrieron una estantería tras otra. Y rió. [...]


¿Cuántos libros había tocado?

¿Cuántos había sentido?"


Markus Zusak: La Ladrona de Libros


Crédito da imaxe Karin Brulliard,
The Washington Post vía

venres, 15 de xaneiro de 2010

Falando de "Razas"

No ano 1939 o Dr. Kenneth Clark iniciou un estudo para comprobar o concepto que de si mesmos tiñan as nenas e os nenos negros de EEUU.

Este histórico estudo, que demostrou a baixa autoestima que tiñan moitos deles, foi un gran paso cara a acabar coa segregación nas escolas estadounidenses.

Kiri Davis, unha estudante de Harlem de 17 anos, repetiu este famoso experimento da moneca na súa curta "A girl like me" (2005) e os resultados non parecen terse modificado moito.

E así seguimos, crecendo cheos de prexuizos. Ata cando?



Vía O Recanto de Mik, un dos nosos blogues amigos. Grazas Julia!!

xoves, 14 de xaneiro de 2010

Non hai que fiarse das apariencias !!

Os que me coñecedes sabedes da miña fobia polos "marditos roedores!!", e síntoo ben, pero seique non hai nada que facer ao respecto...

Pero non é esta fobia a que me leva a traervos este fantástico corto no que o protagonista é un "inofensivo ratiño"...

Non o deixedes pola mitade, resistide ese "mal trago" e aínda vos habedes rir un "ratiño". Ánimo, paga a pena!!


Por certo o seu creador é John Nolan que non ten nada que ver coa industria quixeira, senón que é un verdadeiro xenio traballando con animatronics, como podedes ver neste suposto anuncio de queixos protagonizado por un ratorobot... Xa volo teño dito. "Non hai que fiarse das apariencias"!!

martes, 12 de xaneiro de 2010

Playing for Chance

Re-Conectar o mundo a través da música
Re-Interpretar o mundo no que vivimos
Re-Ivindicar o noso propio ritmo
Re-Cuperar o tempo do planeta

Son algúns dos obxectivos de "Playing for Change" o grupo de músicos da rúa que xa vos presentamos hai un ano e que o pasado mes de decembro estiveron de xira por Sevilla e Madrid.

Hoxe, queremos que disfrutedes destes marabillosos músicos acompañados por artistas como Raphael, Pitingo, Rosario Flores, Antonio Carmona, Amaia Montero, Kiko Veneno, Nena Daconte e Alejandro Sanz.



«A música ten o poder de derrubar fronteiras e achegar pobos. Non importa de onde sexa a xente. Tanto ten a súa condición xeográfica, política, económica ou espiritual. A música ten a capacidade de xurntármonos a todos como unha única raza»

"Porque a música non sabe de razas nen fronteiras pode levar a Paz polo Mundo"

Mark Johson (Creador de Playing for change)
Os Músicos de Playing for Change

Playing for Change Facebook

Playing for Change Twitter

Canle You Tube Playing for Change

Playing for Change Foundation

domingo, 10 de xaneiro de 2010

Al Dente


Un agasallo para que volvades ao traballo con moitas forzas e enerxías renovadas.

"Al Dente" é un fermosísimo vídeo que nos conta as aventuras dunha pequena vagabunda que descobre a maxia e os perigos da cociña dun ogro amante da música.

Os autores desta pequena obra de arte son Jean-François Barthelemy, Maël François e Carlos Felipe Leon Ortiz de Supinfocom

Disfrutadea !!



Atopámola en Más que libros, un dos nosos blogues amigos.

sábado, 9 de xaneiro de 2010

IV Premio Espiral Edublogs

Vía Twitter, enterámonos de que se convoca o IV Premio Espiral Edublos - 10 .

Outro ano máis están aquí @s amig@s de Espiral Edublogs e nesta ocasión cunha magnífica noticia para tod@s nós, a creación dunha categoría para Blogs de Bibliotecas Escolares.

As presentacións poderán facerse dende o 20 de xaneiro ata o 28 de marzo. Dende O Segrel animamosvos a tod@s a que vos presentedes. É un magnífico xeito de amosar canto e que bo se está a facer nas Bibes Galegas 2.0 (Infantil e Primaria / Secundaria).

Toda a información do premio

Formulario para enviar o voso blog (Estará operativo a partir do 20 de xaneiro)

O Blog do Premio

Blog das Candidaturas

Twitter Edublogsespiral

ÁNIMO E MOITA SORTE!!!

venres, 8 de xaneiro de 2010

Tic-Tac de Kalandraka


O pasado sábado día 2, acudimos á Galería Sargadelos de Ferrol para asistir á presentación de Tic-Tac, o libro disco que a editorial Kalandraka acaba de sacar ao mercado.


Durante unha hora os máis pequechos disfrutaron escoitando historias como "Un, dous, tres, que ves?", "O poliño da abeleira", "Chibos, chibóns", "Crocodrilo se namora" e por suposto cantando e bailando as cancións de Tic-Tac co seu autor Pablo Díaz. Ademais de aprender como Marc Taeger fixo as ilustracións usando a técnica do linogravado.


Velaí tedes como o pasaron, bueno, como o pasamos!!


Un xeito fantástico de comezar o ano, con libros, lecturas, música... toda unha festa!!

No blog K, outra crónica da xornada

mércores, 6 de xaneiro de 2010

Aprendamos a voar !!

Este é o noso agasallo para todos e todas vós, un dos mellores vídeos de Vimeo do 2009.

O tempo voa, aprendamos logo a voar e fagamos que ese voo sexa unha experiencia realmente marabillosa para tod@s.

Fagamos deste mundo un lugar mellor!!

Timescapes Timelapse: Learning to Fly from Tom Lowe @ Timescapes on Vimeo.

luns, 4 de xaneiro de 2010

Que non falte a música !!

Que non falte a música...

Nin as gañas de ser feliz e

de facer felices aos demais!!

venres, 1 de xaneiro de 2010

Related Posts with Thumbnails