Clica nas Portadas e lerás as reseñas
venres, 21 de decembro de 2018
martes, 27 de novembro de 2018
Non á Violencia Machista
Hoxe, a comunidade educativa do IES de Fene vestímonos de negro para dicir ben alto e forte "Non Á Violencia Machista".
Durante toda a xornada lectiva, os distintos grupos de ESO, Bacharelato, FP e ESA xunto co seu profesorado visitaron a exposición de literatura e cine contra a violencia machista e amosaron o seu rexeitamento a esta terrible lacra social que anos tras ano nos deixa uns datos arrepiantes:
45 mulleres asasinadas no que vai deste ano (2018)
973 mulleres asasinadas dende 2003.
27 menores asasinados dende 2013.
228 orf@s dende 2013.
27 menores asasinados dende 2013.
228 orf@s dende 2013.
O alumnado hiperbárico de CM de FP, coa colaboración do alumnado de FP
Básica, elaborou un mural de bolboretas en recordo das 45 mulleres asasinadas no que vai de ano.
O alumnado de 3ºESO, 4º ESO e Bacharelato está a debater, na materia de Inglés, sobre os "micromachismos"
Ao remate da xornada alumnado e profesorado saímos ao patio para dicir NIN UNHA MENOS!
Clica na Imaxe para ir ao Álbum
sábado, 27 de outubro de 2018
Unha Noite na Biblioteca!
Fixémoslle a proposta ao alumnado de 1ºESO e aos membros dos clubs de lectura da rapazada e nin imaxinades como foi a acollida...
O venres 26 ás 7 da tarde comezou a chegar a rapazada, algúns xa viñan disfrazados da casa, outros fixémolo no centro e o primeiro que fixo o alumnado do club de lectura de 3º e 4º axudados por Roberto, o noso auxiliar de linguas, foi decorar a biblioteca, Deixárona terrorífica!!
Logo chegou a sesión de baile a cargo de Lidia Redondo unha extraordinaria profesional que fixo posible que Michael Jackson nos acompañara nesta noite festiva. Canto gozamos co seu Thriller!!
Despois do baile que mellor que unha boa sesión de cine mentres ceábamos, e a peli elixida non podía ser outra que Coco nesta noite de Samaín. Unha noite na que, durante a peli, tivemos unha visita terrorífica... Meu deus, tremendos berros!!
E tras o cine, xogos e lectura de lendas... Unha noite ben completa!!
E ás 8 da mañá xa estaba Clara co almorzo disposto, café, colacao, chocolate, biscoito, tostadas, zume natural... había que recuperar as enerxías perdidas despois de tanto baile e tanta festa.
Clica na imaxe para ir ao álbum
Labels:
Baile,
Cine,
Coco,
Lendas,
Michael Jackson,
Noite na biblio,
Samaín,
Thriller
xoves, 21 de xuño de 2018
mércores, 20 de xuño de 2018
Diversidade Sexual
Esta mañá, no Segrel, alumnado de 4ºESO e dos clubs de lectura de 2º e 3ºESO asistiron a un encontro con Hugo Pérez para falar sobre diversidade sexual.
O obxectivo deste encontro é facilitar que o alumnado reflexione sobre a diversidade de identidades, e Hugo faloulles dende a súa experiencia vital dun mozo transexual, sempre dende unha prespectiva moi positiva e sen esquecer o extraordinario papel que desempeña en todo o seu proceso a familia e as amizades que sempre estiveron e seguen a estar ao seu carón.
Na última parte deste encontro coñecemos a Loli, a nai de Hugo, una muller moi forte e valente que nos falou de todos os estados polos que pasou, dende a negación da realidade que lle estaba a tocar vivir, ata a aceptación total.
Hugo foi moi directo, falounos de sentimentos, emocións, cunha idea moi clara, hai que visibilizar e derrubar estereotipos e prexuizos fomentando sempre a empatía e o respecto á diferencia.
POR UN CENTRO LIBRE DE LGTBFOBIA
Labels:
Diversidade Sexual,
Hugo Pérez,
Lecturas,
LGTB,
Literatura,
Transexualidade
luns, 18 de xuño de 2018
Encontro Avós e Avoas - INEIN
Esta mañá, O Segrel tivo unha visita moi especial, as avoas e os avós do alumnado de 1ºESO da materia de Investigación e Tratamento da Información.
Este trimestre fixemos un pequeno proxecto que nos levou ata os anos 50 e 60 do século pasado "A escola dos nosos avós e avoas".
Foi un proxecto ben interesante xa que a rapazada lle fixo unha enquisa aos seus avós e avoas, algúns deles grabaron vídeos e audios, fixeron unha boa pescuda para atopar materiais e a partir de aí déronlle forma ao seu proxecto.
O máis fermoso, e do que nos sentimos ben orgullosos, foron as conclusións que del sacaron...
"A entrevista co meu avó foi moi interesante, porque cando lle preguntaba algo, eu quería saber cada vez máis. Había preguntas nas que eu alucinaba porque o cambio é moi grande. No seu colexio non había case nada. Con esta entrevista aprendín que aínda que non teñas o mellor colexio, o máis importante é divertise e aprender o máximo"
Iván
"Gustoume moito facer este traballo, xa tiña unha pequena idea dos colexios dos meus avós porque alguna vez falo con eles das cousas dos seus tempos, pero moi pouco, e agora doume de conta de que é moi interesante"
Brais
"Eu creo que os nosos avós tiñan moitas máis dificultades para ir ao cole e gozar, e que nós somos moi afortunados. Aprendín moito facendo o traballo xa que nunca falara cos meus avós sobre este tema"
Roi
"Eu creo que o colexio dos nosos avós era moito peor que o noso porque non tiñas calefacción e os profesores pegábanlles. Este traballo gustoume moito porque descubrín todo o que non sabía sobre como eran as escolas dos nosos avós"
Serxio
"Foi unha boa experiencia realizar esta actividade xa que puiden coñecer mellor como era a vida do meu avó e poder reflexionar coas historias que me contaba"
Aitor
Clica na imaxe para ir ás presentacións
venres, 1 de xuño de 2018
Encontro "Séchu Sende"
"Made in Galiza ou como as palavras poden mudar o mundo"
O venres, día 1 de xuño, no Segrel do Penedo contamos coa presenza de Séchu_Sende, escritor e profesor de Lingua e literatura galega no IES Marco do Camballón en Vila de Cruces.
Séchu estivo a falar de amor, de sexo, de sociolingüística, de literatura, de como se iniciou no mundo da escrita etc, pero sobre todo do afortunadas e afortunados que somos por poder contarmos cunha lingua propia que nos abre a porta para comunicármonos con 250 millóns de falantes. Seguindo a súa liña, todo estivo adubado con grandes doses de humor, amor e optimismo.
Blog de Séchu Sende
Labels:
Encontros Autores,
Séchu Sende
domingo, 20 de maio de 2018
Antonio Pampliega "Os Ollos da Guerra" (1)
O pasado martes 15 de maio, O Segrel recibiu unha visita moi especial. O fotoxornalista Antonio Pampliega achegounos a crúa realidade do "outro lado do muro". Foi os ollos das guerras de Siria, de Libia... da fame en Somalia, dos refuxiados que chegan ás costas europeas... Un encontro no que non quedou fóra o papel da prensa "Xogámonos a vida por eles (os sirios) e por vós, para que esteades ben informados e non vos engañen" [...] "Debedes ser críticos coa información. Non vos deixedes engañan nen manipular, informádevos ben, logo tomade as vosas propias decisión"
Foi a voz dos sen voz que removeu as conciencias de todos os asistentes. "A indiferenza fire máis que as guerras". Máis non foi a indiferenza quen aniñou nos corazóns da nosa rapazada, tal e como queda reflectido nas súas reflexións, das que vos deixamos aquí algún exemplo:
"Creo que todos deberíamos oir as súas palabras, ver as súas fotos, os seus videos, oir eses audios. Antes da charla non tiña en mente o que era unha guerra, senón a palabra -guerra-. Pero, que é una guerra? Que se ve e vive nela? Iso é o que nos trouxo Antonio Pampliega á aula dun instituto. Tróuxonos a guerra mesma. Púxonos en situación, chegounos ao corazón e abriunos a mente a cada un de nós. Púxonos os pés na terra para que comecemos a facer algo xa. Daranse pasos pequenos, pero daranse, que é mellor que non dar ningún"
Aroa 4ºESO
"Eu non o coñecía pola súa persoa, senón por ser o home que fora secuestrado 299 días por Al-Qaeda en Siria. Fascinoume o seu traballo e a paixón que ten, e que, a pesares de todo o vivido, segue sendo respectuoso ata cos asesinos dos seus compañeiros. Aclaroume dúbidas que tiña sobre o seu traballo, non chegaba a entender de todo porque arriscaban a súa vida (guiábame polo que dicían na miña casa, o típico de que eles o buscan, e aínda que non estaba de todo de acordo porque debía de haber una explicación detrás, eu non lle atopaba explicación) agora entendo todo e despois da charla teño moitos máis argumentos, de verdade, sigo fascinada"
Paula C. 3ºESO
Labels:
Alumnado,
Antonio Pampliega,
Fotoxornalismo,
Periodismo,
Reflexións
sábado, 19 de maio de 2018
venres, 11 de maio de 2018
Francisco Rodríguez "Rosalía de Castro"
O día 11 de maio, o departamento de galego organizou no Segrel un encontro con Francisco Rodríguez, político, profesor e crítico literario.
Nesta ocasión, o encontró ía dirixido ao alumnado de 3ºESO para falarlles da figura e a obra de Rosalía de Castro.
Nesta ocasión, o encontró ía dirixido ao alumnado de 3ºESO para falarlles da figura e a obra de Rosalía de Castro.
En primeiro lugar, fixo una breve introducción sobre a figura de Rosalía, no seu contexto histórico e socio-cultural para, a continuación, proceder á lectura e interpretación de varios poemas de Cantares Gallegos e Follas Novas.
luns, 23 de abril de 2018
Día da Poesía & Día do Libro
A idea era expoñer algún dos Proxectos "Enjoying Poetry" que na materia de Inglés se veñen realizando en 4º ESO dende hai xa varios cursos.
A rapazada achégase á Poesía a través de Caligramas, Acrósticos, Haikus... e compoñen os seus propios poemas que logo agasallan, nun soporte deseñado por eles mesmos, a esa persoa especial na súa vida.
Labels:
4ºESO,
Día da Poesía,
Día do Libro,
Inglés,
Poemas,
Proxecto Documental
mércores, 14 de marzo de 2018
Día Internacional de Pi
O Departamento de Matemáticas, coa colaboración de distintos departamentos, organizou a celebración do Día Internacional de Pi con varias actividades:
Exposición do número Pi onde aparecen as súas aplicacións ás distintas materias que se imparten no centro, como por exemplo:
- Literatura: "El Quijote" nos decimáis do número Pi
- Valores: O corto "Pipas"
- Soldadura e Caldeirería: Desenvolvemento lateral do cilindro
- Educación Física: Atletismo
- Arte: No "Palais de la Découverte" de París
- Estatística: A "Campá de Gauss"
- Orientación: Daniel Tammet "O rapaz do cerebro incrible"
- TICs: Como calcular os decimais do número Pi
- Grego: "Deus sempre fai xeometría" Platón
- Inglés: "Pi day"
- Na Cultura Galega: Na "sella" ou nas "muxidoras"
- Un Menú Galego: A tortilla "circular" a cunca "semicircular"...
Pi Photocall durante os dous recreos do mércores 14. Premiaranse as fotografías máis orixinais.
Labels:
Celebracións,
Día Pi,
Matemáticas,
Photocall
mércores, 7 de marzo de 2018
8M DÍA DA MULLER
"Nós, as mulleres" é o título da exposición que se pode visitar na sala de exposicións do Segrel. Unha exposición que abrangue distintas facetas e épocas.
"A muller na poesía" nas voces de Rosalía, Ana Romaní, Celso Emilio Ferreiro, Marilar Aleixandre, Monserrat Abelló, Iolanda Castaño, Carlos Negro, Amaia Lasa, Pilar Pallarés, Luisa Castro, Talisma Nasarin, Berta Villanueva, María Yongsusg, Asun Estévez e Manolo Rivas.
"A muller na ciencia" no papel de grandísimas mulleres como Rita Levi Montalcini, Ada Lovelace, Jane Goodall, Emy Noether, Rosalind Franklin, María Josefa Wonenburger, Margarita Salar, Laura Sánchez Piñón, María Victoria Lareu, Bárbara McClintock, Concepción Herrero López, Hipatia, María Antonia Ferrín Moreiras e Ángeles Alvariño.
"A muller traballadora" dende aquela muller dos anos 50 educada para servir ao home, ata a muller do século XXI. Unha muller que traballa a reo máis ten que sufrir precariedade, inseguridade laboral, discriminación salarial, falta de corresponsabilidade nos coidados e nas tarefas domésticas, violencia sexual... Ata cando?
Clica na imaxe para ir ao álbum
E o vindeiro venres ás 11.15 charla "A muller na ciencia"
Labels:
Charla,
Día da Muller,
Exposición,
Poesía
venres, 23 de febreiro de 2018
Día de Rosalía "Abrindo a Fiestra"
#AbrindoAFiestra no Segrel. Así celebramos o Dia de Rosalía. A súa voz, a través da nosa razapada, encheu cada recuncho da nosa biblioteca.
Se clicades na imaxe de Rosalía veredes @s verdadeir@s protagonistas desta xornada festiva...
Cada grupo comezou coa lectura do Manifesto da AELG "Abride a Fiestra"
Abride a Fiestra
Nun mundo de fiestras pechadas, buscamos
o refacho de vento que as abra de vez. Nun mundo que busca facer as
comunidades e as persoas máis pequenas, os cartos e a cobiza máis
grandes, precisamos forza e profundidade, emoción e pensamento. Ante as
fiestras pechadas contra a vida, contra as voces das mulleres, das
desprazadas e das nosas outras cómprenos unha palabra firme e
abranguente que nos guíe. No bater das fiestras que cheiran a couza do
pasado, a mentiras que repetidas mil veces queren chegar a ser verdades,
a fala que se nos rouba e aire que nos falta precisamos a bravura das
mareas e o salvaxe das montañas. Precisamos todo do que falou e todo o
que foi Rosalía de Castro.
Ela é o refacho que busca abrir as nosas fiestras. Un refacho que chega dende o pasado para nos falar do futuro. Un refacho que quere abrir a fiestra para que poidamos navegar. Coa forza das baleas, da que busca novas fillas do mar, da que se ri dos papeis de xénero e nos anima a redefinilos como literatas. Un refacho que trae a voz de todas as meniñas gaiteiras que están por chegar. Un refacho que canta a vida e transforma todo dende as raíces.
Ela é o refacho que busca abrir as nosas fiestras. Un refacho que chega dende o pasado para nos falar do futuro. Un refacho que quere abrir a fiestra para que poidamos navegar. Coa forza das baleas, da que busca novas fillas do mar, da que se ri dos papeis de xénero e nos anima a redefinilos como literatas. Un refacho que trae a voz de todas as meniñas gaiteiras que están por chegar. Un refacho que canta a vida e transforma todo dende as raíces.
Mais para que o refacho entre, precisa da nosa vontade. Pídenos, imperiosa: Abride a fiestra!
E na nosa man está abrir a fiestra.
Abrila para vermos a muller, a escritora, a irredutible. A voz que nos
une ás rebeldes do mundo, que fascina coa súa luz por onde pasa, que nos
ofrece a súa clarividencia para tecermos novas alianzas, a que sempre
está do lado da xustiza, do noso lado, a que sempre está aínda por
descubrir. Porque en todos os recunchos do mundo, mais sobre todo aquí,
en Galicia, hai rosalías que cantan e que falan, alancando con
brillantes e destemidas botas azuis entre a lama.
Rosalías que abrimos a fiestra saíndo á rúa contra o espolio da terra que ela cantou, ecolóxica antes de que existise nin o termo. Cada vez que nos negamos a seguir converténdonos en plantación de eucaliptos, minas, xeriátrico e mercadoría, reivindicando a paisaxe que ela utilizou politicamente coma ninguén. Cada vez que pulamos polo público, a sanidade, o transporte, as axudas a quen está na marxe e ela puxo sempre, dende o afecto e a transgresión, no centro. Cada vez que desfacemos o discurso que sustenta a violencia de tantos Pedros mediante a escrita e a acción feminista, contra todos eses que seguen ladrando mentres nosoutras camiñamos.
Abride a fiestra para as viaxes interiores, para a coraxe dos afectos, para sermos das que non temos medo de pensar e de sentir simultaneamente, de recoñecernos mulleres con palabra e voz propia, herdeiras e compañeiras daquela que en cada dedicatoria se recoñecía nas súas iguais.
Abride a fiestra á afouteza e ao abraio, á redefinición do que a historia dos homes fixo de mulleres irreverentes coma ela.
Abride a fiestra porque Rosalia de Castro é o mundo que está por facer. Un mundo que se abre se o abrimos.
Rosalías que abrimos a fiestra saíndo á rúa contra o espolio da terra que ela cantou, ecolóxica antes de que existise nin o termo. Cada vez que nos negamos a seguir converténdonos en plantación de eucaliptos, minas, xeriátrico e mercadoría, reivindicando a paisaxe que ela utilizou politicamente coma ninguén. Cada vez que pulamos polo público, a sanidade, o transporte, as axudas a quen está na marxe e ela puxo sempre, dende o afecto e a transgresión, no centro. Cada vez que desfacemos o discurso que sustenta a violencia de tantos Pedros mediante a escrita e a acción feminista, contra todos eses que seguen ladrando mentres nosoutras camiñamos.
Abride a fiestra para as viaxes interiores, para a coraxe dos afectos, para sermos das que non temos medo de pensar e de sentir simultaneamente, de recoñecernos mulleres con palabra e voz propia, herdeiras e compañeiras daquela que en cada dedicatoria se recoñecía nas súas iguais.
Abride a fiestra á afouteza e ao abraio, á redefinición do que a historia dos homes fixo de mulleres irreverentes coma ela.
Abride a fiestra porque Rosalia de Castro é o mundo que está por facer. Un mundo que se abre se o abrimos.
Labels:
Día de Rosalía,
Manifesto,
María Reimóndez,
Poesía,
Rosalía de Castro
martes, 30 de xaneiro de 2018
Carreira Solidaria na Semana da Paz
O vindeiro venres, 2 de Febreiro, e por segundo ano consecutivo, celebrarase na pista de atletismo unha Carreira Solidaria a prol da ONG Proactiva Open Arms.
Durante toda a semana o alumnado deberá buscar patrocinadores (entre os membros da familia, amigos e profesorado) que se comprometerán a abonar 1€ por cada volta que cada un dos seus patrocinados dea á pista durante o tempo que transcorra a proba.
Bacharelato e CCFF: 2º Recreo.
A cantidade recadada será ingresada na conta da ONG
Depende de todos nós que esta iniciativa chegue a bo porto.
Por todos eles, por todas elas, por todos nós!!!
"Non hai máis que unha educación, o exemplo"
Gustav Mahler
Labels:
Carreira Solidaria,
Día da Paz,
ONG,
Proactiva Open Arms,
Solidariedade
martes, 16 de xaneiro de 2018
Encontro con Xosé Manuel Sarille
O martes 16 de xaneiro contamos no club de lectura de pais e nais coa resenza de Xosé Manuel Sarille, autor do libro Polos fillos dos fillos. E deste xeito, puidemos comprobar de primeira man coma os dramáticos sucesos que tiveron lugar en Montecubeiro, durante a Guerra Civil, marcaron profundamente a xente do lugar, e, concretamente, a familia Sarille.
Xosé Manuel ponlle voz á historia que lle conta seu pai e aos acontecementos que viviu de neno. Deste xeito, historia e novela fúndense nun relato que non nos deixa en absoluto indiferentes e condúcenos a un efecto de inmersión que nos provoca unha marea de sensacións sobre o que puideron sentir os personaxes que na historia se describen.
A lectura do libro supuxo a lembranza de acontecementos xa coñecidos e o posterior coloquio co seu autor aclara moitos matices do mesmo. En definitiva, vivimos unha tertulia literaria mesturada con unha análise da historia recente dende a perspectiva das distintas xeracións que formamos parte deste club.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)