xoves, 26 de decembro de 2024

Obradoiro de Xosé Tomás

O pasado xoves 19 de decembro tivemos a sorte de contar co ilustrador Xosé Tomás. O deseñador gráfico tivo un encontro con alumnado da materia de Expresión Artística de 4º de ESO que aprendeu e disfrutou co saber e bo facer do autor. Ao finalizar o obradoiro asinou no libro da nosa bilioteca

Desde o segrel queremos agradecer a súa disposición para levar a cabo esta actividade.


 

(Fai clic na imaxe para ver o álbum completo)

venres, 13 de decembro de 2024

Jólabókaflóð

 

Entre as diferentes actividades que propoñemos desde o Segrel para este Nadal destacamos o "jólabókaflóð". Este termo de orixe islandés significa "Inundación de libros" e dá orixe a unha tradición islandesa que data da Segunda Guerra Mundial e consiste en pasar a Noiteboa e o Nadal lendo, de aí que o agasallo tradicional destas datas sexa precisamente un libro.

Desde o Segrel quixemos darlle unha volta á tradición e poñer en práctica o noso particular "jólabókaflóð" e propoñer que en cada grupo se faga un sorteo ao estilo do "amigo invisible". Cada alumno agasallará a quen lle tocou en sorte un libro da súa propia colección e deberá pensar nun que lle guste ao agasallado. Ademais deberá escribir unha dedicatoria explicando o porque da elección. O día de Nadal cada un poderá ler o seu libro e sacarse unha fotografía que poderá remitir á nosa biblioteca para poder compartir a experiencia no noso blog.

Con esta actividade buscamos varios obxectivos. ao ser un intercambio de libros, evitamos as prácticas consumistas, incrementamos o interese e a motivación pola lectura e favorécense as relacións e os vínculos dentro do grupo contribuíndo así á mellora da convivencia.

Feliz jólabókaflóð!!!

luns, 12 de febreiro de 2024

Quen dis que es?

Chegou o Entroido ao IES de Fene e desde a biblioteca preparamos un concurso para pasalo aínda mellor se é posible. O venres 9 estaban previstas varias actividades con motivo do venres de Entroido, entre elas un concurso de disfraces e comparsas onde había unha actuación estelar, a comparsa de personaxes emblemáticos da literatura formada por profesorado do centro. Pois ben, o concurso organizado desde a biblioteca consistiu en tratar de adiviñar de que ían disfrazados os profesores e profesoras e aquel que conseguira adiviñar e completar o libro con máis personaxes sería o gañador. Resultou campión o alumno de 2º de bacharelato Daniel Portomeñe que foi quen de adiviñar as 18 personaxes que compoñían a comparsa. 

Noraboa!!!



Related Posts with Thumbnails