venres, 13 de maio de 2022
Letras Galegas 2022
REgalízaTE
Co gallo das letras galegas a biblioteca fai esta actividade que consiste en que o alumno escriba a súa palabra favorita do galego de xeito artistico.
Participaron os rapaces de ESO e BACH nos recreos, e levan una regalíz ao deseñaren a súa palabra favorita e logo participan os mellores deseños no concurso de uns vales para a cafetería do IES.
venres, 6 de maio de 2022
Inaguración salón de actos Xaquín Marín.
O salón de actos do IES Fene dende hoxe, 6 de maio, chámase Salón de actos Xaquín Marín.
O mesmo Xaquín descubriu unha placa feita polo ceramista Fenés Pérez Porto.
No salón colocouse un mural feito polos rapaces de 1º e 2º Bach artístico: Aroa, Sabela, Adriana, Antón e Miguel guiados pola súa profesora de debuxo Luisa Parada e todo este acto de inaguración foi organizado pola vicedirectora Begoña Férnandez.
Asistiron ao acto o alcalde, varios concelleiros, profesores e membros do consello escolar.
Na biblioteca fixemos unha exposición de todos os libros de Xaquín Marín.
Foi auténtico honor poder ver escoitar a Xaquín Marín no noso Ies Fene.
Homenaxe a Xaquín Marín
Hoxe no IES de Fene vivimos un deses momentos que gardaremos na nosa memoria para sempre. Tivemos o pracer de contar co ilustrador e humorista gráfico, Xaquín Marín, para rendirlle unha humilde homenaxe poñendo o seu nome a un dos salóns de actos do noso centro.
xoves, 5 de maio de 2022
Charla Jorge Mira
Aprendendo ciencia!!. Organizado pola biblioteca do IES Fene coa colaboración do club de ciencias do centro.