venres, 15 de decembro de 2017

Suxestións Lectura Nadal


Clica nas Imaxes e lerás as reseñas

domingo, 10 de decembro de 2017

Día dos Dereitos Humanos

Hoxe, Día dos Dereitos Humanos, no Segrel organizamos unha serie de actividades centradas nos Dereitos d@s Nen@s.

Os Dereitos Humanos: Organizamos os dereitos humanos en dez categorías. Cada día recortaremos
dos diferentes diarios algunha noticia relacionada coa violación dos Dereitos Humanos e colocarémola debaixo do titular da categoría á que pertence. 

Enquisa "Es racista, es intolerante?"

O Globingo: Actividade pensada co fin de vivir e amosar, a partir dunha experiencia local, o carácter planetario do noso mundo.

Actividade sobre a exposición "@s Nen@s da Guerra"

Actividades, todas elas, que se desenvolverán arredor dunha Exposición múltiple sobre "@s Nen@s da Guerra", "O Maltrato Infantil" e "A Violencia entre Iguais" exposición que completamos cunha ampla selección de cine e literatura sobre os "Dereitos d@s Nen@s" que os membros da nosa comunidade educativa poden atopar nos fondos da Biblioteca Escolar.



martes, 28 de novembro de 2017

Obradoiro de Radio na Biblio (4)

Hoxe, na cuarta xornada do Obradoiro de Radio na Biblio, visitounos Henrique Sanfíz historiador e director de Radio Fene para falarnos de "Radio, Podcast e Redes Sociais".

Contounos como xurdiu "Serial" a serie en formato podcast que foi a primeira en alcanzar os 5 millóns de descargar e streams na historia de iTunes. Tamén nos falou das Redes Sociais nas que podemos seguir Radio Fene. Facebook: Fenestra Radiofene, Twitter: @Radiofusionga, Soundcloud: Radio Fene.

E non esqueceu a tarefa para dentro de dúas semanas: "Elaborar un Podcast" para o que debemos ter en conta:
  • Temática: A casa da Maleta
  • De 2 a 4 minutos
  • Guión de menos de 2000 caracteres
  • Usar os catro tipos de ladrillo: Palabra, música, efectos sonoros e silencio
  • Captar a atención nos primeiros 15''
  • Subilo a souncloud.com e compartilo
Graciñas Henrique, vémonos en quince días!


 










Obradoiro de Radio na Biblio (1)

Obradoiro de Radio na Biblio (2)

Obradoiro de Radio na Biblio (3)

venres, 24 de novembro de 2017

25N Contra a Violencia de Xénero


https://photos.google.com/share/AF1QipMmuAGfc9eiw51J4pQA38F9zwcQ3J4apAWdift4wnwuiAG_pS8Xa0K_QPD4F7EVdw?key=WTJoRjhmYWE4bnF3Q0lDYkptS1BWQU1vWGwzcDJn

 Autor Pablo Díaz 3ºESO

A Comunidade Educativa do IES de Fene "EN NEGRO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"

Clica na imaxe e verás como se desenvolveu esta mañá

mércores, 22 de novembro de 2017

martes, 21 de novembro de 2017

domingo, 19 de novembro de 2017

Música Contra a Violencia de Xénero

Pequena selección de Música Contra a Violencia de Xénero

martes, 14 de novembro de 2017

Obradoiro de Radio na Biblio (3)

Onte, na terceira xornada do noso Obradoiro de Radio na Biblio, visitounos Xavier, o técnico de son de Radio Fene.

Xavier falounos dos imprescindibles para comezar coa nosa Radio Escolar:
  • 2 Ordenadores
  • 3 Tarxetas de Son
  • 2 Micrófonos con cascos
  • Mesa de mezclas
Programa para o Streaming:
Programa para a edición de audio:
Aplicación para automatizar emisoras de radio:
E claro, como non podía ser menos, púxonos tamén unha tarefa, "fedellar co Audacity" e descubrir as súas posibilidades.

Foi unha hora moi ben aproveitada, pero non rematamos aquí, xa que temos unha cita con Xavier en Radio Fene. Queremos verlle as tripas ao control e comprobar in situ como é o traballo do técnico. Graciñas Xavier, alí nos veremos!!
















Obradoiro de Radio na Biblio (1)

Obradoiro de Radio na Biblio (2)

Obradoiro de Radio na Biblio (4)



luns, 6 de novembro de 2017

Obradoiro de Radio na Biblio (2)

Hoxe, o alumnado de 2ºESO asistiu á segunda xornada do Obradoiro de Radio na Biblio que comezou hai unha semana. 

Nesta ocasión, Pitusa falounos da importancia do guión. A súa función, contido... como se debe facer, a importancia de que os argumentos segan unha orde lóxica, dinámica... 

Traballamos sobre un dos seus guións da Fenestra.
 
E como xa é habitual, deixounos unha tarefa 
"Facer un guión para un programa de cinco minutos". 

Veremos o que sae...


 













martes, 31 de outubro de 2017

Obradoiro de Radio na Biblio (1)

O pasado luns, comezou o Obradoiro de Radio que achegará a rapazada de 2ºESO da materia de Oratoria ao mundo da comunicación.

Esta primeira xornada correu a cargo de Mª Xesús Arias (Pitusa), historiadora, escritora e xornalista de Radio Fene que nos presentou a Radio como o medio de comunicación máis efémero no que a voz e o máis importante, pero sen esquecer o valor dos silencios. 
Remarcou a necesidade de levar sempre un guión no que a linguaxe debe ser moi sinxela, de frases curtas que debemos dicir, non ler, con naturalidade, prestando moita atención á entonación e salientando determinadas palabras. 

Antes de rematar, Pitusa púxonos un par de tarefas para a vindeira semana, facer prácticas de lectura e gravarnos para logo comprobar en que debemos mellorar e por suposto escoitar moita radio sen perder nin ripio...

Agradecer a Pitusa e a Radio Fene a súa marabillosa disposición sempre que dende O Segrel lles facemos algunha petición. Cando organizamos este obradoiro en quen primeiro pensamos foi neles, quen mellor senón para falar de Radio?

Ata a vindeira semana!!





Obradoiro de Radio na Biblio (3)

Obradoiro de Radio na Biblio (4)


domingo, 22 de outubro de 2017

Día da Biblioteca Escolar: "Aprender a Pensar coa Biblioteca Escolar"

Como cada ano, dende hai xa dúas décadas, o vindeiro martes, 24 de novembro, celébrase o "Día da Biblioteca" co obxectivo de concienciar á sociedade da importancia dos libros e a lectura.


En Galicia, dende o ano 2008, preténdese facer visibles as distintas posibilidades que ofrecen as Bibliotecas Escolares a través de un cartel que este ano é obra do extraordinario ilustrador Xosé Tomás  e baixo o lema "Aprender a pensar coa Biblioteca Escolar"


No Segrel, como cada ano, celebraremos este día con distintas actividades.
  
  • 4ºESO: "Pista a Pista - A Viaxe". A través de distintas pistas sobre mitoloxía, xeografía, historia... o alumnado deste nivel educativo realizará unha viaxe por distintos países e cidades de diferentes continentes ata chegar a carón da casa.
  • 3ºESO: "Fake News". É o título da actividade na que o alumnado traballará a lectura crítica da prensa e información á que chega a través das redes sociais.
  • Clubs de Lectura "O Segrel", clubs de alumnado e de nais e pais, onde falaremos de libros e lectura.
  • Participación nas campañas #estoyenlabiblioteca #felicidadesbibliotecas a través do Twitter e o Facebook do Segrel


luns, 19 de xuño de 2017

martes, 30 de maio de 2017

Roteiro Coruñés



Hoxe, martes 30 de maio, realizamos unha visita á Cidade da Coruña co alumnado de 3ºESO.

Como complemento da visita á RAG e á Casa-Museo de Emilia Pardo Bazán, o alumnado realizou un percorrido previo pola cidade vella da Coruña.

Comezou a andaina no castelo de San Antón, fortaleza defensiva do s. XVI, cárcere e actualmente, museo arqueolóxico. O seguinte punto foi o Xardín de San Carlos, co sepulcro de John Moore onde se leu o poema de Rosalía a el dedicado.

Despois visitamos a praza de Sta. Bárbara, a colexiata de Sta. María e a Praza de Azcárraga (antiga praza da fariña). Tamén lemos uns poemas diante da casa na que viviran Rosalía e Murguía no 1870.

Xa pola tarde, mentres a metade do grupo visitaba a exposición de Urbano Lugrís, a outra metade percorría os Xardíns de Méndez Núñez parándose diante dos monumentos dedicados a Curros Enríquez, Castelao, Pondal, Murguía e Pardo Bazán. En  cada un deles léronse textos dos correspondentes autores, e para rematar este fantástico roteiro pola cidade vella da Coruña, cantamos o mítico tema Imagine, diante do monumento a John Lennon. 
Roteiro Coruñés

 Clicar na imaxe para ir ao álbum

xoves, 18 de maio de 2017

Carlos Casares no Segrel

O pasado xoves, 18 de maio, O Segrel celebrou o Día das Letras adicado, este ano, á figura de Carlos Casares. E que mellor xeito de achegarnos á figura deste grande das nosas letras que a través da persoa de Ramón Loureiro.
Durante case dúas horas, que se nos fixeron ben curtas, Ramón foi quen de facer posible que sentíramos a Casares ben preto de nós. E a maxia foi posible a través das súas palabras, en moitas ocasións emocionadas, que amosaron a fonda amizade e a grande admiración que Ramón sentía e sente polo escritor, pero sobre todo pola persoa de Casares de quen dixo era "moi bo e xeneroso, unha grande persoa".
O encontro foi presentado por Carlos Ardá e Sabela Seco (3ºESO). E rematamos cunhas fermosas lecturas a cargo de Ramón, que leu un dos artigos de Casares, e de Anxo Cabrero (3ºESO) que leu  "Deus sentado nun sillón" do libro Casares escrito por Ramón e que remata así...
"[...] Casares conseguiu que hoxe siga tendo, ademáis dunha lingua, esperanza.
E eu non sei se haberá mil primaveras, esas mil primaveras que Cuqueiro ansiaba, pero estou convencido de que aínda nos quedarán varias. E de que é, por iso, non por ninguna outra razón, polo que os paxaros cantan."

Graciñas Ramón, por facer posible que a túa emoción tocara o noso corazón.
Encontro Ramón Loureiro

A reportaxe dese encontro tan especial no Segrel (Clicade na foto). 

Caricatura de Casares obra do debuxante Santy Gutiérrez


venres, 24 de febreiro de 2017

Día de Rosalía

Hoxe 24 de Febreiro celebramos o Día de Rosalía dun xeito ben fermoso. 

Propuxémoslle á rapazada da ESO encher as pistas de poesía, durante os dous recreos da mañá. A idea consistiu en facer distintos avións de papel (pasámoslles plantillas de máis de 20 modelos distintos) e copiar nas súas ás versos dalgúns dos seus poemas preferidos de Rosalía.

A nosa proposta non puido ter mellor resposta, a rapazada fixo unha fantástica pescuda de poemas e os recreos enchéronse de risas e poesía. Unha verdadeira festa para celebrar este gran día.

 Día de Rosalía
Clicar na imaxe para ir ao álbum

martes, 31 de xaneiro de 2017

Carreira Solidaria no Día da Paz

O pasado luns 30 de Xaneiro, Día Escolar da Non Violencia e a Paz, celebrouse, na pista de atletismo,  unha Carreira Solidaria a prol da ONG Proactiva Open Arms.
O alumnado de ESO e Bacharelato foi o protagonista desta xornada, pero a súa tarefa comezou a semana anterior coa busca de promotores que se comprometeran a aboar 1€ por cada volta que cada un dos patrocinados dera á pista de atletismo durante o tempo que durase a carreira.
1º e 2º ESO, correu durante o primeiro recreo.
3º, 4º e Bacharelato durante o segundo.
Recadáronse arredor de 1200€!!
A rapazada estaba emocionada, non podía crer que se conseguira tanto en tan pouco tempo!
Agora só queda recoller o recadado e facer o ingreso na conta da ONG.
O noso agradecemento a todos os que apoiáchedes a nosa proposta, corredores, promotores, animadores... conseguímolo grazas a todos vós.

 Carreira Solidaria: Proactiva Open Arms
Clica na imaxe para ir ao álbum


Related Posts with Thumbnails