
Para conmemorar esta data, no Segrel organizamos unha fantástica exposición de caricaturas "Pola Cara", préstamo do Museo do Humor de Fene. A mostra está formada por 33 caricaturas realizadas por importantes debuxantes e caricaturistas galegos (Leandro Barea Pernas, Abraham Carreiro, Gogue, David Pintor, Carlos Sardiña, Sex e Gonzalo Vilas), españois (Ché, Álex Gallego, Raúl Iglesias, Pareja, María Picassó, Moi, Polar, Mónica Ruiz...) e internacionais (Husein Adel, Yuosof Alimohadami, Ulises Araujo, Sebastián Fábrega, Adnane Jabir, Jiwenk, Davir Lara, Raquel Orzuj, Marlene Polhe, Polo, Xavi...).