mércores, 3 de xuño de 2026

Encontro con Paula Carballeira

O pasado 22 de maio o alumnado de 4º da ESO mantivo un encontro coa escritora Paula Carballeira, con motivo da presentación do libro sobre Begoña Caamaño, autora homenaxeada polas Letras galegas 2026: Begoña Caamaño. O transgredir das ondas.

Ademais do propio encontro, no que nos contou moitas anécdotas e o alumnado tivo ocasión de facerlle preguntas sobre cando comezou a escribir e cales foron os motivos que a levaron a adicarse a esta profesión, a mañá comezou con moitas emocións. Paula Carballeira foi alumna do noso centro e desde hai tempo tiñamos un desexo que por fin puido cumprirse. Queriamos que tivese un lugar destacado no centro e que pasase a formar parte dos espazos que xa están adicados a outros persoeiros ilustres do noso concello, a biblioteca O Segrel do Penedo, o salón de actos Xaquín Marín ou a aula de Música Daniel Bellón. Desde ese día Paula tamén ten un lugar que quixemos destacar cunha placa, obra da ceramista e ilustradora, tamén fenesa, Carme Romero, o espazo aberto Paula Carballeira, unha zona con moita vida, onde se fan exposicións, feiras e moito alumnado pasa nel os recreos. Paula amosouse moi agradecida e honrada de que o seu nome quede reflexado nun lugar destacado do seu antigo centro educativo e prometeu volver noutras ocasións.

Moitas grazas por compartir con nós todas esas locas anécdotas.


Fai click na imaxe para ver o álbum completo

mércores, 20 de maio de 2026

Letras Galegas 2026

Un ano máis o alumnado de 1º de bacharelato, acompañado pola docente de Lingua galega e literatura, Chus Mourín, participou na presentación do día das Letras Galegas na Asociación Liga de Amigos de Barallobre. Baixo o título "As mulleres nas Letras Galegas: Begoña Caamaño, xornalista e escritora", fixeron un percorrido pola figura da homenaxeada. O acto rematou cunha actuación de alumado de 2º da ESO xunto coa súa profesora de Música Laura Pita. Un auténtico luxo contar con alumnado tan colaborador e docentes tan implicadas.

Agradecemos á asociación cultural a acollida que nos prestaron e esperamos continuar colaborando en moitas outras ocasións.

Podedes ver unha presentación de diferentes momentos da actividade.



mércores, 13 de maio de 2026

Entrega dos premios do III Certame de poesía

O venres 8 de maio entregáronse os diplomas correspondentes ao III Concurso de Poesía O Segrel do Penedo. Os gañadores foron José Roque Díaz Iglesias de 4º ESO A e Marcos Mauriz Díaz de 1º ESO A. Noraboa aos dous polo seu bo facer.

Podes ver o resto de imaxes accedendo ao noso álbum fotográfico




Related Posts with Thumbnails