
Hoxe, en O Segrel estamos de celebración e por partida doble.
O 23 de Abril, "Día do Libro" -vaia data ben significativa para unha Biblioteca Escolar- celebramos o noso segundo ano na blogosfera.
Era o ano 2007... Como pasa o tempo!! Se parece que foi onte cando con dous artigos, un de presentación e outro contando quen era O Segrel do Penedo, facíamos a presentación en sociedade. e canto ten acontecido xa!!!
Pero decíavos que era unha celebración doble, xa que ao ano seguinte, e para celebrar tan fantástico acontecemento, nesa mesma data, o 23 de Abril, nacía
Radio Barullo, o blog da nosa radio escolar.
Este ano, e para non ser menos, queremos celebralo dando os nosos primeiros pasos en
TWITTER! -Paciencia... dádenos uns días, que isto só é cuestión de comezar...
A semana pasada
Javier Celaya quería saber se nas Bibes Galegas estabamos a utilizar esta ferramenta. -Sempre é
Javier Celaya quen nos pon na pista. Primeiro entramos na blogosfera movidos polo seu extraordinario entusiasmo e o seu xeito de contaxialo, e agora nos dou ese empurronciño que nos faltaba para converternos en "Twitters" - Gracias
Javier!!!
E nós, que somos alumnos moi aplicados, non esquecimos o consello que nos dou naquelas Xornadas de Bibes alá polo ano 2006 "
Este mundo é moi doado, o único que necesitades son mans que vos leven", e como somos así, de natural impulsivo, "
Meu dito, meu feito", atopamos esas mans, as mans de
ANB, que fixeron, e seguen a facer posible que cada 23 de Abril dende o ano 2007, celebremos esa data en O Segrel cunha novidade. -Grazas
Antonio!!
Grazas a todas e todos os que nos visitades, nos apoiades, nos animades... porque sen vós, esta, unha das nosas paixóns, non tería sentido.
E por suposto, grazas mil
@S AMIG@S por estar sempre aí e por facer desta unha viaxe fantástica chea de magníficos traballos compartidos, traballos colaborativos e dunha grande complicidade, onde tantísimo aprendemos e donde cada día somos máis conscientes de tanto como nos queda por aprender. Pero aí andamos...
Boca.
Biblioteca
Biblioteca.
Dedos.
Libroteca
Librostocas
Leo...
Son palabras no recreo.
Gloria Sánchez.