Amosando publicacións coa etiqueta Radio Fene. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Radio Fene. Amosar todas as publicacións

martes, 14 de novembro de 2017

Obradoiro de Radio na Biblio (3)

Onte, na terceira xornada do noso Obradoiro de Radio na Biblio, visitounos Xavier, o técnico de son de Radio Fene.

Xavier falounos dos imprescindibles para comezar coa nosa Radio Escolar:
  • 2 Ordenadores
  • 3 Tarxetas de Son
  • 2 Micrófonos con cascos
  • Mesa de mezclas
Programa para o Streaming:
Programa para a edición de audio:
Aplicación para automatizar emisoras de radio:
E claro, como non podía ser menos, púxonos tamén unha tarefa, "fedellar co Audacity" e descubrir as súas posibilidades.

Foi unha hora moi ben aproveitada, pero non rematamos aquí, xa que temos unha cita con Xavier en Radio Fene. Queremos verlle as tripas ao control e comprobar in situ como é o traballo do técnico. Graciñas Xavier, alí nos veremos!!
















Obradoiro de Radio na Biblio (1)

Obradoiro de Radio na Biblio (2)

Obradoiro de Radio na Biblio (4)



luns, 6 de novembro de 2017

Obradoiro de Radio na Biblio (2)

Hoxe, o alumnado de 2ºESO asistiu á segunda xornada do Obradoiro de Radio na Biblio que comezou hai unha semana. 

Nesta ocasión, Pitusa falounos da importancia do guión. A súa función, contido... como se debe facer, a importancia de que os argumentos segan unha orde lóxica, dinámica... 

Traballamos sobre un dos seus guións da Fenestra.
 
E como xa é habitual, deixounos unha tarefa 
"Facer un guión para un programa de cinco minutos". 

Veremos o que sae...


 













martes, 31 de outubro de 2017

Obradoiro de Radio na Biblio (1)

O pasado luns, comezou o Obradoiro de Radio que achegará a rapazada de 2ºESO da materia de Oratoria ao mundo da comunicación.

Esta primeira xornada correu a cargo de Mª Xesús Arias (Pitusa), historiadora, escritora e xornalista de Radio Fene que nos presentou a Radio como o medio de comunicación máis efémero no que a voz e o máis importante, pero sen esquecer o valor dos silencios. 
Remarcou a necesidade de levar sempre un guión no que a linguaxe debe ser moi sinxela, de frases curtas que debemos dicir, non ler, con naturalidade, prestando moita atención á entonación e salientando determinadas palabras. 

Antes de rematar, Pitusa púxonos un par de tarefas para a vindeira semana, facer prácticas de lectura e gravarnos para logo comprobar en que debemos mellorar e por suposto escoitar moita radio sen perder nin ripio...

Agradecer a Pitusa e a Radio Fene a súa marabillosa disposición sempre que dende O Segrel lles facemos algunha petición. Cando organizamos este obradoiro en quen primeiro pensamos foi neles, quen mellor senón para falar de Radio?

Ata a vindeira semana!!





Obradoiro de Radio na Biblio (3)

Obradoiro de Radio na Biblio (4)


Related Posts with Thumbnails