Hoxe celebramos no Segrel a despedida do Club de lectura de pais e nais e fixémolo cunha sesión de cine palomitas na que recibimos a visita do Club de Lectura da BM de Ares.
Como no Encontro en Ares comentamos a fantástica novela de Clara Usón "La hija del Este", a película elixida foi "La caja de música" do gran Costa Gavras. A historia de Ann unha avogada que no transcurso dun controvertido xuizo, irá descubrindo a verdadeira personalidade do seu pai, moi similar á historia de Ana, a filla do xeneral Ratko Mladic, na que se basa a novela de Clara Usón.
Unha fantástica experiencia compartida que esperamos repetir o vindeiro curso. Velaí tedes unha mostra do que alí aconteceu.
A película completa!!
Non esquezades a nosa cita do venres 28 na xa tradicional comida de despedida.
Foi un pracer, como sempre, poder gozar destes momentos de lecturas compartidas con tod@s vós.
Ningún comentario:
Publicar un comentario