xoves, 31 de maio de 2007
sábado, 26 de maio de 2007
Fermosa Coincidencia
Alejandra Pizarnik, unha muller de cuxa poesía Ana María Fagundo dixo que “sobresaía pola intensidade expresiva, pola forza dos versos, pola desnudez punzante do seu dicir. Sen dúbida, atopábame ante unha muller á que lle doía fondamente o vivir”; á que César Aira calificou como “unha poeta na que culminou unha tradición e coa que se pechou hermeticamente e para sempre, un mundo” e da que Antonio Requeni dixo que «A pesar dalgunhas aproximacións a grupos poéticos de vangarda, era unha illa solitaria no noso ambiente literario, unha personalidade aparentemente desprendida do seu contorno social, só atenta aos propios ecos do seu subconsciente, marcada co selo (ou o estigma) dunha tremenda lucidez e dende o punto de vista literario, dona dun notable rigor estilístico».
E marabillas da blogosfera, coincidimos falando desta escritora cun blog amigo, o de “A biblioteca do Colmeiro”. Para nós é un pracer xa que somos verdadeiros admiradores do seu traballo e do seu bo facer. Poñemos un enlace ao seu artigo sobre esta fantástica muller.
EL AUSENTE
I
La sangre quiere sentarse.
Le han robado su razón de amor.
Ausencia desnuda.
Me deliro, me desplumo.
¿Qué diría el mundo si Dios
lo hubiera abandonado así?
II
Sin ti
el sol cae como un muerto abandonado.
Sin ti
me tomo en mis brazos
y me llevo a la vida
a mendigar fervor.
sábado, 19 de maio de 2007
Día das Letras e Día de Internet
Onte, nós celebramos ámbalas dúas datas. Tivemos unha mañá esgotadora, pero moi gratificante. Preparamos actividades para todos os cursos da ESO ao longo de toda a xornada, de
Comezamos ás 08.30 cunha webquest sobre María Mariño para o alumnado de 3º e 4º de ESO, webquest que preparamos o grupo de apoio da biblioteca. Mentres, os de 1º e 2º de ESO tiñan que completar o seu libro de poesías de autores galegos “Poemas para un Día”
Ás 10.00 recreo de
Nesta ocasión os de 3º e 4º tiñan a actividade “As caras das letras”, similar á dos poemas para un dia, pero nesta ocasión o que cambiaban eran as fotos e caricaturas de 22 dos escritores/as aos que se lles dedicou en algunha ocasión o Día das Letras .
Preparamos para os de 1º e 2º unha xincana cultural, composta de preguntas, enigmas, xeroglíficos, poemas para completar... 10 probas moi diferentes que para resolver tiñan que utilizar internet, os fondos da biblioteca, o seu enxeño e imaxinación, en fin moi variada e que lles gusta moito.
Ás 12.00 da mañá o 2º recreo de
Xogos populares que algúns profesores, recordando vellos tempos, aprenderon aos rapaces e rapazas, e paralelamente un obradoiro de barro impartido polo ceramista Francisco Xosé Pérez Porto, fillo de Xosémaría Pérez Parallé (O Segrel do Penedo) e con quen todos os que participamos, tanto alumnado como profesorado disfrutamos moitísimo. Vaia pezas que saíron!
Chegamos ás 13.50, hora de prepararse para coller o autobús e volver á casa. O alumnado encantado con todas as actividades e os profes que participamos moi contentos pola súa resposta, pero esgotados... despois dunha mañá onde a literatura galega e es TIC estiveron tan presentes, pero na que non nos quixemos esquecer das tradicións e dos traballos artesáns.
Dende aquí o noso agradecemento a Fran P. Porto, e a todos os rapaces e rapazas que participaron con tanto entusiasmo e nos fixeron esquecer todo o traballo destas dúas últimas semanas. Que non foi pouco!! Poemas para un Día Xincana Cultural Álbum fotográfico
mércores, 16 de maio de 2007
Historia do Cómic
Preparamos unha exposición que quedou organizada onte. Dividímola en dúas partes diferenciadas, unha, a historia do cómic español e a outra o cómic do século XXI. A verdade é que arredor desta exposición, e visto o éxito que está a ter, comezan a xurdir novas ideas e proxectos co alumnado. En concreto a semana próxima, comezamos a escribir un cómic autobiográfico en inglés, co grupo de
A exposición non quedou mal, así que aquí tedes algunhas imaxes, o resto poderédelas ver no noso álbum fotográfico a partir do venres. Agradecémoslle a Toño do IES Afonxo X O Sabio de Cambre a súa xenerosidade, pois prestounos a algúns dos "protagonistas" para a decoración. O Venres veredes os mellores...No álbum da historia do cómic no noso álbum fotográfiico
Get Your Own! |
xoves, 10 de maio de 2007
E con ela chegou o "Comic"!!
Así é, tivo que chegar ela, Mª José Sánchez (para nós María), unha profesional fantástica, con ilusión, ideas e ganas de poñelas en práctica que só leva connosco tres meses, pero que enganchou aos rapaces e rapazas dende o primeiro día, que está levando un dos clubs de lectura, e a algúns de nós amosounos o fantástico mundo dos Cómics dun xeito extraordinario.
Da súa man coñecemos a Blacksad, El Escorpión, Maus, Lucille, Watchmen, Capitán Patapalo, Paracuellos, Thorcal, Paul, Persépolis (símbolo da loita contra as inxustizas e as barbaries do integrismo islámico) e a moitísimos máis. Todos eles, dende hoxe, na nosa biblioteca. Pero non remata aí a súa implicación e traballo na nosa biblio, a partir do vindeiro luns, unha exposición e unha presentación de todas estas novidades. Se pode pedir máis?
Grazas a María e ao seu "anxo"!!
Enlace á guía do comic e ás suxestións de lectura en "O Noso Faiado"