Amosando publicacións coa etiqueta Coeducación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Coeducación. Amosar todas as publicacións

xoves, 26 de novembro de 2009

25N: Contra a Violencia de Xénero (VI)

En O Segrel, como é tradicional en conmemoracións como a do pasado 25, durante os recreos organizamos unha actividade que cada día conta con máis admiradores "Música e Poesía"

Nesta ocasión participaron mozos e mozas de 2º, 3º e 4º de ESO e de 2º de Bacharelato.

Para a música, contamos con Tamara Santamariña (2º Bach.), unha extraordinaria acordeonista, habitual nestas actividades, que veu acompañada polo seu irmá Serafín, alumno de 1º de ESO e que se revelou como unha grandísima promesa. Que orgullosos estamos dos dous!!

Léronse poemas de varias autoras; "Pel de Muller" de Asun Estévez (agasallo dun bo amigo); "Tempo de muslos sen encaixes" de Mariña Martínez; "Polifonías II" de VVAA, "Muller Ceiba" de Sandra Cisneros, "Damas Negras" de María do Cebreiro e para rematar Manuel, alumno de 3º de ESO, leu o que xa é un clásico nesta data "Hagamos un trato" de Mario Benedetti.

Un xeito ben fermoso de ver aos nosos xoves berrando ben alto e forte "NON Á VIOLENCIA!"

domingo, 8 de marzo de 2009

Actividades e Recursos para o Día da Muller

Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, nas nosas bibliotecas escolares se estiveron a elaborar uns magníficos materiais para traballar dende as aulas e nós, queremos achegarvos algúns deles como estas dúas Webquest nas que podedes entrar picando en cada unha das imaxes e coas que aprenderedes moitas cousas sobre esta data.

Elaborada pola Biblioteca do CEIP Andrade - Pontedeume

Elaborada pola Biblioteca do CEIP Milladoiro - Malpica

Ademáis, en case todas elas organízanse exposicións como a que podedes visitar no noso instituto.

Nesta ocasión quixemos amosarvos o destacadísimo papel da muller no mundo da literatura, da ciencia... ao longo da historia , pero tamén o horror e as humillacións que as mulleres están a sofrir polo simple feito de ser muller e en nome de certas tradicións, relixións...

Ademáis tamén podedes botarlle unha ollada a unha magnífica exposición de libros e películas que tratan a temática da muller e que as tedes á vosa disposición nos fondos da nosa biblioteca.

Para a montaxe desta exposición contamos con catro alumnas de 1º de ESO; Tamara Miragaya, Yolanda Doce, Alicia Filgueiras e Sheyla Pena. Catro magníficas axudantas da biblioteca a quen agradecemos moitísimo a súa colaboración.

sábado, 7 de marzo de 2009

Coeducación

Hoxe, véspera do Día da Muller, queremos deixarvos unha serie de fantásticos vídeos que tratan o tema da "Coeducación". A nosa intención é que lles dediquedes uns minutiños e logo vos paredes a reflexionar.

Que vos parece o que acabades de ver?

Somos realmente conscientes do que significa o termo "coeducación"

Estamos a falar de tópicos ou pola contra é un fidel reflexo do que, a pesar de estar no século XXI, está a acontecer en moitas das nosas casas?

Seguen a ser os xogos, as cores... elementos diferenciadores na educación entre nenos e nenas?

E falando de adultos, segue a haber prexuizos á hora de ofrecer aos homes certos traballos considerados de mulleres e viceversa?



Para saber máis:
Educastur
Mujeres en Red

Materiais Coeducación
Actividades Coeducación
Related Posts with Thumbnails