Amosando publicacións coa etiqueta Busca de Información. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Busca de Información. Amosar todas as publicacións

venres, 4 de marzo de 2022

Semana da Prensa

Como todos os anos por estas datas estamos a piques de celebrar a Semana da Prensa. Nesta ocasión será entre o 7 e o 11 de marzo.

Co gallo da citada conmemoración o alumnado de Economía de 1º de bacharelato, coa súa profesora Mª del Carmen Feijoo, estiveron traballando coa prensa na biblioteca. Despois de ler as novas da sección de economía, comentáronas e fixeron observacións das mesmas, sempre en relación a materia dada en clase.

Importante que nestes tempos de sobreinformación o noso alumnado sexa consciente da necesidade de facer análise das novas que chegan e de mostrarse críticos para así evitar a desinformación.


 

luns, 2 de novembro de 2020

Semana ALFIN - AMI

Entre o 24 e o 31 de outubro celebrouse a semana da alfabetización mediática e informacional, este ano co lema: Resistir a Desinfodemia: Alfabetización mediática e informacional para todos e por todos. Nestes tempos de pandemia, máis que nunca, os bulos, fakes news e a desinformación en xeral son tamén un mal pandémico contra o que debemos loitar formando ao noso alumnado no desenvolvemento do espíritu crítico cando se enfrontan á gran cantidade de información que lles chega.
Nese senso o alumnado de TIC de 1º de bacharelato está a traballar a alfabetización informacional ao longo de todo o mes de outubro, con diversas actividades como a realización de buscas efectivas na rede, a actuación crítica ante os medios de comunicación ou a ética da información mediante o coñecemento de diferentes licenzas de publicación de contidos.
 
Fai click na imaxe para ver o álbum completo
 
 

luns, 18 de febreiro de 2013

Aprende a Buscar na Rede


Para reforzar o traballo que vimos desenvolvendo na aula na nosa tarefa cotiá, en canto á busca de información na rede de xeito eficiente, velaí tedes un extraordinario documento (que podemos imprimir ao remate da presentación) realizado en colaboración por dúas das bibliotecas escolares de centros públicos galegos punteiras dentro e fóra do noso país.

Os nosos parabéns a Charo (IES Sánchez Cantón de Pontevedra) e a Olga (CEIP Milladoiro de Malpica) artífices deste magnífico exemplo de traballo colaborativo.

Related Posts with Thumbnails