Hoxe, 11 de Febreiro, celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia e no Segrel organizamos varias actividades para conmemorar esta data.
Clica na Imaxe para ir ao Álbum

En novembro de 2017 a ONU proclamou o 2019 como o Ano Internacional da Táboa Periódica dos Elementos Químicos. Con tal motivo, a enxeñeira química Teresa Valdés-Solís publicou a Táboa Periódica das Científicas, reservando as Terras Raras ás españolas.
Nos grupos de 4ºESO debatemos o vídeo "Mi hija quiere ser ingeniera"
Así
mesmo, organizamos unha exposición cunha breve reseña biográfica
dalgunhas destas mulleres, en Galego e Inglés e os fondos de que
dispoñemos na nosa biblioteca tanto de literatura como de cine.