O pasado martes 15 de maio, O Segrel recibiu unha visita moi especial. O fotoxornalista Antonio Pampliega achegounos a crúa realidade do "outro lado do muro". Foi os ollos das guerras de Siria, de Libia... da fame en Somalia, dos refuxiados que chegan ás costas europeas... Un encontro no que non quedou fóra o papel da prensa "Xogámonos a vida por eles (os sirios) e por vós, para que esteades ben informados e non vos engañen" [...] "Debedes ser críticos coa información. Non vos deixedes engañan nen manipular, informádevos ben, logo tomade as vosas propias decisión"
Foi a voz dos sen voz que removeu as conciencias de todos os asistentes. "A indiferenza fire máis que as guerras". Máis non foi a indiferenza quen aniñou nos corazóns da nosa rapazada, tal e como queda reflectido nas súas reflexións, das que vos deixamos aquí algún exemplo:

Aroa 4ºESO
"Eu non o coñecía pola súa persoa, senón por ser o home que fora secuestrado 299 días por Al-Qaeda en Siria. Fascinoume o seu traballo e a paixón que ten, e que, a pesares de todo o vivido, segue sendo respectuoso ata cos asesinos dos seus compañeiros. Aclaroume dúbidas que tiña sobre o seu traballo, non chegaba a entender de todo porque arriscaban a súa vida (guiábame polo que dicían na miña casa, o típico de que eles o buscan, e aínda que non estaba de todo de acordo porque debía de haber una explicación detrás, eu non lle atopaba explicación) agora entendo todo e despois da charla teño moitos máis argumentos, de verdade, sigo fascinada"
Paula C. 3ºESO