Amosando publicacións coa etiqueta Meninas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Meninas. Amosar todas as publicacións

mércores, 24 de setembro de 2008

As Meninas nas Rúas de Canido en Ferrol

Onte á mañá visitei o Barrio de Canido.

Un amigo fíxome un encargo. As súas palabras foron “necesito fotos das Meninas de Canido para Inici-arte”, sen saber que eu xa tiña en mente esa reportaxe gráfica. Quería que o meu primeiro artigo no noso blog se fixera eco dunha maravillosa iniciativa que xorde de dous veciños de Canido, un dos barrios máis antigos da cidade de Ferrol, Eduardo Hermida e Gustavo Sequeiro, dous artistas decididos a revitalizar o seu barrio.

“...pintar una serie de originales meninas en las fachadas de las casas abandonadas para dar una nota de color y revitalizar de una manera artistica el deterioro de estas casas”. Eduardo Hermida

E nesta iniciativa deciden participar non só os veciños do barrio senón artistas do renome de Jorge Cabezas (a súa primeira obra foi vítima da intolerancia e da falta de respecto aos demáis), Collado, Carmela González, Avelino Castro, a diseñadora Marta Ramos, Patinha, Jorge Llorca, Siro, Suso Basterrechea, Raimundo Anido e Luis Rapela entre outros.

E durante a miña visita, como é a vida..., coñecín ao pai de Eduardo Hermida. Un home orgullosísimo do seu fillo, da súa obra e desa idea que puxo en pé aos veciños e que sacou o barrio ao exterior. Un home amabilísimo que me contou anécdotas e me amosou detalles dalgunhas das obras. Un guía marabilloso para unha visita marabillosa.

Grazas Sr. Hermida, sen vostede a miña visión sería, cando menos, diferente. Todo un pracer coñecelo e poder apreciar a arte das Meninas de Canido dun xeito moi, moi especial.



Máis en:

Iniciarte

El País

El Correo Gallego

La Voz de Galicia

e-norte.org

Son Cositas

Radiofusión

*Álbum fotográfico actualizado o 30/09/08. Continuará...

Related Posts with Thumbnails