Un ano máis, e xa van trece, estamos botando a andar os clubs de
lectura do Segrel. Este curso teremos dous grupos de rapaces, un de
alumnos de 1º e 2º da ESO e outro con alumnos de 3º e 4º, e un grupo de
adultos onde contamos non so coa participación de nais e pais dos nosos
rapaces, senón tamen co que nos gusta chamar amigos do Segrel, nais e
pais de antigos alumnos que atoparon no club de lectura un lugar onde
compartir e comentar as lecturas ou como din algúns un motivo para atopar
e ler libros que quizais non terían lido noutras circunstancias.
A semana pasada foi a quenda dos máis pequenos, os rapaces de 1º e 2º da ESO, que teran a súa reunión semanal o segundo martes de cada mes entre as tres e as catro da tarde. Elixiron como primeira lectura "Billy Elliot" de Melvin Burgess, que conta a historia dun rapaz apaixonado pola danza.
Este pasado martes tivemos doble sesión. Por unha banda os rapaces de 3º e 4 da ESO que, no mesmo horario que os seus compañeiros máis pequenos pero o terceiro martes do mes, comezarán con "Eskoria" de Alfredo Gómez Cerdá, sobre o tema do bulling e o maltrato entre iguais. Máis á tardiña tivemos o encontro con club de pais, nais e amigos do Segrel, que se reunirán tamén o terceiro martes do mes pero a iso das seis da tarde. Os adultos comezarán lendo a novela de Santiago Lorenzo "Los asquerosos".
Desexámosvos que sigades disfrutando de lecturas compartidas.