venres, 31 de outubro de 2008
xoves, 30 de outubro de 2008
De morte natural
Agora achegámonos a Málaga. Imos ao Camino del Rey. Agarrádevos á mesa se tedes vértigo!!!
E que decides dos obreiros que o fixeron a principios do século XX?
luns, 27 de outubro de 2008
Inauguración da Biblioteca do CEIP de Pazos

Foi un acto ben fermoso no que Chispa tivo o seu momento máxico, cando ante autoridades, rapaces, profes, pais, nais, e amigos, e a través dunha carta que leu Rosana, agradeceu a cantos fixeron posible a chegada deste gran dia.
Outro dos momentos máis fermosos foi cando dous alumnos de 6º de primaria, contaron o que para eles era a Biblioteca. Alberto falou da biblioteca como un lugar para ler e relaxarse e Nerea dixo que era un dos seus sitios preferidos porque alí estaba rodeada de Maxia, os Libros!!
E chegou o momento de Antón Cortizas que nos contou para que servía un libro, e a pesar da insistencia dos máis pequenos que non paraban de dicir que para ler, el, empeñábase en dicir que servía para sentarse, para agocharse da choiva, para defendérmonos…, pero sobre todo PARA SOÑAR por iso as bibliotecas deberían chamarse “SOÑOTECAS”. Fermoso, non si?
Parabéns a Rosana e a toda a comunidade educativa do CEIP de Pazos por esta fermosísima biblioteca, un espazo máxico cheo de ilusións e proxectos que desexamos poder seguir compartindo
Para “O Segrel” foi un verdadeiro pracer celebrar con todos vós este gran día.
venres, 24 de outubro de 2008
Os Nosos Venres Musicais (XXII)

"Se Feliz" é unha fermosísima cancion chea de optimismo que compuxo durante a súa loita contra un cancro de mama
A batalla pode ser moi dura, o inimigo terrible, pero non invincible!!!
24 de Outubro: Día da Biblioteca

Todas as persoas necesitamos as historias, os soños, as palabras (...)
FELIZ DÍA DA BIBLIOTECA!!
xoves, 23 de outubro de 2008
Agustín Fernández Paz: Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil



(Vía ANB) Grazas Capitán!!
Obras de Agustín Fernández Paz nos fondos da nosa biblioteca.
mércores, 22 de outubro de 2008
OHIULARI CLAWN EN RADIO BARULLO !!

Perdoade a mala calidade dos videos, pero aínda así, merece a pena que os disfrutedes.
martes, 21 de outubro de 2008
II Encontros Bibliotecas Escolares de Galicia
Un fantástico programa para dous días intensos nos que se falou de lectura, de ALFIN, de proxectos documentais, da integración das TICs, do traballo coas familias, de materiais, ... en definitiva de Bibliotecas Escolares.
Sentímonos orgullosísimos do magnífico traballo que se está a realizar nas Bibes Galegas.
Dixéronse cousas moi interesantes, moi emocionantes e como non, cousas moi divertidas.
"A conquista de espazos para a Biblioteca Escolar é unha labor de Pioneiros"
"A selección de materiais en todos os soportes, tórnase unha actuación necesaria, delicada e inevitable"
"A Biblioteca Escolar coordinará, xestionará... asumirá a provisión dos documentos necesarios para garantizar o itinerario de lectura planificado polo centro educativo"
"Preocúpame a soidade das Bibliotecas Escolares"
"A primeira Biblioteca que coñecín na miña vida foi a miña nai e a súa capacidade máxica de crear historias"
"O vicio da lectura é incurable. Só nos pode curar o seu exercizo, como vivir e amar"
"Libro e Lectura deben escribirse con L de Liberdade"
"Ler é desexar que un libro non remate nunca"
"Queríamos ter a mellor biblioteca do mundo en Vide"
"A Biblioteca como lugar recoñecido, recoñecible e usado"
E que me decides de "Magister vs. Minister"? (Sen comentarios!!)
Aquí vos deixamos unha pequena reportaxe gráfica, de parte do que alí aconteceu.
venres, 17 de outubro de 2008
Os Nosos Venres Musicais (XXI)
Na actualidade cántaselles aos inmigrantes: Lamary de Chambao....
Cancións de época, a que si?
xoves, 16 de outubro de 2008
Unha nova cantiga medieval
Leocadia García, sobriña neta de Tristán García (o de Isolda, claro), é unha xove filóloga que convocou esta semana unha rolda de prensa en Santiago para informar do achado dunha cantiga medieval que pode confirmar a existencia do Rei Cintolo.
Esta cantiga, da autoría dun tal Clodio do Rego Cavado e datada no século XII, estaba escondida nun pergamiño conservado no Arquivo Secreto do Vaticano. Relata os amores dunha dama que fará por ver, na feira de As San Lucas, ao seu cabaleiro que vivía en Argomoso, a poucos quilómetros de Mondoñedo e onde se encontra a Cova do Rei Cintolo. Esta cavidade natural sempre foi obxecto de lendas, pero esta é a primeira proba de que nese lugar existiu unha corte real.
A continuación ofrecémosvos as estrofas recuperadas:
A Mondoñedo m´irei á feira,
a encontralo daquela maneira.
Ai madre,d´ alí d´Argomoso
ha vir meu amigo ben fermoso.
Á San Lucas mahá irei,
e ao meu senhor por ver farei.
Ai madre,d´ alí d’ Argomoso
ha vir meu amigo ben fermoso.
Por moito que me faz rogar,
so penso en con el me casar.
Ai madre,d´ alí d´ Argomoso
ha vir meu amigo ben fermoso.
Recordade que esta fin de semana son As San Lucas en Mondoñedo, a feira máis antiga do reino.
luns, 13 de outubro de 2008
O pai do alcalde
venres, 10 de outubro de 2008
Os Nosos Venres Musicais (XX)
Vas a pasar toda a fin de semana diante do ordenador?
Espabila, sal da casa e baila!!!!!!!!!!!!!
mércores, 8 de outubro de 2008
Unha ilustre recomendación
Moitas grazas, profesores.
martes, 7 de outubro de 2008
Roteiro polas Bibliotecas Escolares (VII): Escola Unitaria de Vide
Un dos "libros" máis importantes do fondo de "A Dúas"
VVAA: Érase unha vez... A Dúas, Editorial Unitariadevide, As Neves (2007)
E despois desta visita, que tanto desexábamos facer, non chegou a despedida. Non, as nais de Vide "Compoñentes do Equipo da Biblioteca", tíñannos preparada unha sorpresa moi especial. Na Casa da Auga agasalláronnos cunha magnífica actuación dunhas fantásticas pandeireteiras, e un pandeireteiro, que fixeron que a nosa visita a Vide sexa inesquecible.
Grazas a todas por facernos sentir como se fóramos uns máis do grupo.
Ata a próxima, que esto hai que repetilo!!!
Os Roteiros do 07/08
CEIP Milladoiro-Malpica
CEIP José Cornide (A Coruña)
IES Uxío Novoneyra (A Coruña)
IES de Arzúa
IES Alexandre Bóveda (Vigo)
IES Río Cabe (Monforte)
venres, 3 de outubro de 2008
Os Nosos Venres Musicais (XIX)
Hoxe retomamos "Os Nosos Venres Musicais" e que mellor xeito de comezar que facelo co videoclip do tema "Acabo de llegar" de "Fito y Fitipaldis".
Un bo exemplo de "fomento da lectura" utilizando como telón de fondo a música, nun decorado "minimalista" con certas pinceladas que nos lembran a Mondrian
Non vos parece unha boa elección?
Que o disfrutedes!!!!!
Máis videos do grupo
mércores, 1 de outubro de 2008
Unha Merecida Homenaxe a Tod@s Vós!!!

Un profesorado que a pesar dos atrancos cos que se atopan no seu traballo cotiá (a falta de apoio dalgunhas direccións, a falta de comprensión dalgúns claustros, a falta de recoñecemento da Administración…) están a converter as nosas bibliotecas escolares en verdadeiros centros de formación e información.
Un magnífico grupo de profesionais que están a desenvolver un traballo no que creen e ao que lle dedican tempo, moito tempo, e moitísimas enerxías cun obxectivo fundamental facer das nosas bibliotecas escolares puntos de encontro.
Parabéns a todos os que estades a facer realidade o que hai uns anos non era máis que un sono duns poucos e que ese merecido recoñecemento a un labor ben feito sexa axiña realidade.
Cada día máis e mellores Bibliotecas Escolares grazas a todos e todas vós!!
pero son todas as que están.