O venres 31 de maio, os coordinadores e coordinadoras dos 222 Clubs de Lectura dos centros de Secundaria Públicos de Galicia fomos convocados aos VI Xornadas de Clubs de lectura celebrados en
Santiago de Compostela.
A xornada comezou dun xeito inmellorable, Gemma Lluch, profesora da Universidade de Valencia e membro do grupo de investigación ERI Lectura, falounos de libros e lectura e dos criterios de selección para adolescentes. E durante a súa presentación, nas lecturas escollidas como exemplo entre as bibliotecas do Plambe, alí estaban as Suxestións de Nadal do Segrel, un pequeno detalle que nos fixo especial ilusión.
"A lectura é o centro da vida. Vai ligada á vida e muda con ela. É un marco para compartir, que nos axuda a crecer como persoa e como cidadano"
Recomendación: "Yo las quería" de Carmen Solé
Despois da pausa para o café, chegou a mesa de Experiencias onde os representantes de catro centros das catro provincias galegas, Begoña Valdés, Delio Chao a quen xa coñecemos dende hai anos polo seu bo facer, Julio Abalde e Almudena Platero, contáronnos a súa experiencia nos Clubs.
A mañá rematou con Xosé R. Lois que nos presentou RedeLibros e nos falou de distintas Redes Sociais que están ao servizo da lectura.
Tras o xantar organizaron uns encontros por eixos temánticos, nós fumos a "Recursos dixitais e medios audiovisuais ao servizo da lectura" que presentou Nine Paz, Falounos da iniciativa questasleyendo.org os encontros virtuais a través de Skype, elaboración de videos presentación co Movie Maker, etc, etc. fantástico traballo e moi interesante o debate posterior.
A xornada rematou con Marcos Calveiro "Ler, escribir, amar", que nos falou da formación lectora, un proceso que comeza na casa dende ben pequenos, unha formación que ten que ver con todo tipo de lecturas en todo tipo de soportes. Expuxo a metáfora dos "libros potito e os libros chuletón", e resaltou a importancia da oralidade e dos "libros Matrioska", libros que levan a outros libos, do que é un magnífico exemplo Agustín Fernández Paz
"Nós crecemos e maduramos a través dos relatos dos demais"
E como fin de festa quen mellor que Cándido Pazó que nos fixo reir a todos a gargalladas co conto "O burro na biblioteca". Extraordinario!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario