venres, 17 de xuño de 2022

Traballando economía coa prensa

Os alumnos de Economía de 4º da ESO, coa súa profesora Carmen González, utilizaron o espazo da biblioteca para realizar diversos traballos multimedia (podcast, vídeos,…) sobre as temáticas de inversións, seguros e banca. Como requisito, tiñan que utilizar, de calquera forma que eles mesmos ideasen, os xornais de “La Voz de Galicia” que se proporcionan ao centro a través do programa “Prensa-Escola”.

Así se fixeron: sombreiros, micrófonos, mostachos, aparatos de TV... que serviron de atrezzo para os diferentes traballos.

Estas son algunhas fotos obtidas ao longo da semana e que amosan os grupos de traballo formados.






xoves, 2 de xuño de 2022

IDEAS DE LECTURA DE VERÁN

                                                    


                                O RINCÓN DAS PROPOSTAS PARA VERÁN NA NOSA BIBLIO




Related Posts with Thumbnails