Amosando publicacións coa etiqueta Itinerario Lector. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Itinerario Lector. Amosar todas as publicacións

xoves, 5 de marzo de 2009

Itinerarios Lectores (III): Tecnoloxía

E con este xa son tres os Itinerarios Lectores elaborados por outros tantos departamentos do noso centro no que va de curso, e non serán os únicos.

Comezamos co Departamento de Matemáticas, seguiu o Departamento de Clásicas, e nesta ocasión presentámosvos o que nos achega o Departamento de Tecnoloxía.

Agora non tedes desculpa para que as vosas lecturas non teñan que ver con calquera destas materias. Xa sei, xa sei que algún e algunha de vós estaredes pensando... "Vaia, outro libro de texto máis!!!" Pero estades moi equivocados, non son libros de texto, son fantásticas novelas, ou libros de divulgación que a pouco que lles dediquedes uns minutos a botarlles unha ollada quedaredes enganchados á súa lectura.

Probade e veredes como non vos defraudan estas propostas de lectura. Son ben interesantes e nuns días todas elas estarán á vosa disposición na nosa biblioteca. Ide elixindo, que tan pronto teñades claro cal será o primeiro que ides ler, segurísimo que xa está no noso Recuncho das Novidades.

Velaí tedes, como vos dicía, a proposta do Departamento de Tecnoloxía.

xoves, 19 de febreiro de 2009

Itinerarios Lectores (II): Cultura Clásica

Hoxe presentámosvos os Itinerarios Lectores que nos chegan dende o departamento de Clásicas.

Nesta ocasión temos un para 1º e 2º de ESO, outro para 3º e 4º e un terceiro para Bacharelato.

Botádelle unha ollada, seguro que atoparedes moitas e moi boas suxestións de lectura, á nós gustáronnos moito e xa as temos encargadas. Pronto as atoparedes no noso "Recuncho das Novidades". Esperamos que disfrutedes da súa lectura.

Tedes unha copia en pdf no lateral esquerdo do blog, en "Documentos a Compartir".

Cultura Clásica 1º e 2º de ESO


Cultura Clásica 3º e 4º de ESO


Cultura Clásica Bacharelato


sábado, 10 de xaneiro de 2009

Itinerarios Lectores (I): Matemáticas

Rematadas as "merecidas" vacacións voltamos con enerxías renovadas e novos folgos para retomar vellos proxectos, ás veces esquecidos e non por iso menos apaixoantes, acometer outros novos que xa temos en mente, aqueloutros fascinantes que nos están a propoñer... en fin, a nosa tarefa cotiá.

Un deses proxectos do trimestre pasado, consistía na elaboración, por parte dos distintos departamentos do centro, duns itinerarios lectores para os diferentes nivéis educativos que propicien a adquísición duns fondos renovados e atraintes para os nosos usuarios.

Hoxe, presentámosvos a proposta que nos chega dende o departamento de Matemáticas




A vindeira semana sairán os de Grego, Literatura Galega e Tecnoloxía.

Que vos parece a oferta?

Ademáis, todas estas propostas de lectura estarán á vosa disposición en formato PDF, no lateral esquerdo do noso blog, nun novo bloque que denominamos"Documentos a Compartir".
Related Posts with Thumbnails