O día 29 de marzo o
alumnado dos IES Fernando Esquío de Neda, IES Cabo Ortegal de Cariño, CPI do
Feal e IES As Telleiras de Narón, IES Concepción Arenal, Sofía Casanova e
Saturnino Montojo de Ferrol, e o CPI A Xunqueira e o IES Fene de Fene, asistiron no
Pazo da Cultura de Narón á charla “Verdades e trolas sobre as
vacinas e a covid-19” a cargo do pediatra e investigador Federico Martinón-Torres, ourensán e xefe e
coordinador do servizo de Pediatría do Hospital Clínico Universitario de
Santiago. Trala intervención do profesional sanitario, de aproximadamente unha
hora, os estudantes tiveron a oportunidade de realizarlle preguntas.
Esta actividade está organizada pola biblioteca do IES de Fene coa colaboración do Club de Ciencias do mesmo centro xunto coa concellería de Ensino de Narón. A presentación da mesma fixérona dúas alumnas de Bacharelato: Alba Rocha e Sabela López.
O Pazo da Cultura acolle anualmente, a excepción do pasado curso polas restricións da covid-19, unha charla dirixida a alumnado de Ferrolterra e Ortegal sobre temas de divulgación científica na que os relatores buscan a implicación da rapazada, con intervencións dinámicas, para que vexan a importancia do traballo que realizan e espertar as vocacións científicas.
Temos que dar as grazas á concelleira de ensino de Narón Mercedes Taibo e ao Pazo de cultura por permitirnos desenrolar esta fantástica actividade.