luns, 15 de abril de 2013

Con "Olga Uzal" na Guinea dos 60

A reunión do Club de lectura de pais e nais do martes pasado levounos da man de Olga Uzal, e acompañadas dun bo café e unhas deliciosas lambonadas, a terras africanas .

A nosa última lectura foi "Palmeras en la nieve" de Luz Gavás. Unha novela que nos adentra na vida daqueles emigrantes españoles dos anos 50 que chegaron á entonces Guinea Española en busca dun futuro mellor. Mentras comentabamos esta lectura, Alsira, membro do club, falounos dunha prima do seu home que vivira na Guinea nos anos 60, nin que decir ten que o primeiro que lle pedimos foi que a invitara a unha das nosas xuntanzas para contarnos as súas experiencias neste país africano, e o pasado martes Olga veu a O Segrel.

A súa é a historia dunha muller casada cun militar destinado en Cartaxena que chega a Santa Isabel, hoxe Malabo, como celador de porto a finais dos anos 60 onde pasan, xunto aos seus tres fillos, cinco anos, os dous últimos nas oficinas militares en Bata, naquel momento a capital.

Olga falounos da súa magnífica relación cos nativos, atentos e agarimosos e que "nunca me devolveron mal por ben" aínda que tamén nos contou que non todos os trataban moi ben... Vivía nunha casa de dúas plantas, no seu baixo vivía unha familia de Chanteiro, na que tiña tres rapaces, "boys" como se chamaban daquela, que facían as tarefas domésticas, porque as mulleres so se encargaban de atender ao pequenos. 

Contounos algunhas anécdotas como a daquel día recén chegada cando un rapaz que non tería máis de cinco ou seis aniños, chegou á súa casa completamente espido e cunha cesta chea de laranxas. Ela  vestiuno coa roupa e as sandalias dun dos seus fillos e mercoulle a cesta de laranxas. Ao día seguinte volveu a aparecer o rapaz con outra cesta de laranxas e cando ela lle dixo que tiña laranxas dabondo para unha semana o rapaz contestoulle que eran un regalo. 

Durante a súa estancia dedicouse a preparar a rapaces para facer o ingreso. Entre os seus alumnos tivos aos fillos de Macías "Un oficinista que chegou ao poder de casualidade"

Foi unha etapa moi feliz da súa vida e do único que non garda moi bo recordo é dos tornados, "cando chegaban o día tornábase en noite".

Un encontro extraordinario que nos mantivo tres horas, as reunións sempre son dúas.., moi atentos a todo canto Olga nos ía contando quen respostou á chea de preguntas que todos lle queríamos facer. Dende aquí o noso agradecemento a esta muller que compartiu con nós as súas particulares "Memorias de África"

Para saber máis
   Álbum fotográfico do Encontro


Ningún comentario:

Related Posts with Thumbnails