martes, 31 de outubro de 2017

Obradoiro de Radio na Biblio (1)

O pasado luns, comezou o Obradoiro de Radio que achegará a rapazada de 2ºESO da materia de Oratoria ao mundo da comunicación.

Esta primeira xornada correu a cargo de Mª Xesús Arias (Pitusa), historiadora, escritora e xornalista de Radio Fene que nos presentou a Radio como o medio de comunicación máis efémero no que a voz e o máis importante, pero sen esquecer o valor dos silencios. 
Remarcou a necesidade de levar sempre un guión no que a linguaxe debe ser moi sinxela, de frases curtas que debemos dicir, non ler, con naturalidade, prestando moita atención á entonación e salientando determinadas palabras. 

Antes de rematar, Pitusa púxonos un par de tarefas para a vindeira semana, facer prácticas de lectura e gravarnos para logo comprobar en que debemos mellorar e por suposto escoitar moita radio sen perder nin ripio...

Agradecer a Pitusa e a Radio Fene a súa marabillosa disposición sempre que dende O Segrel lles facemos algunha petición. Cando organizamos este obradoiro en quen primeiro pensamos foi neles, quen mellor senón para falar de Radio?

Ata a vindeira semana!!





Obradoiro de Radio na Biblio (3)

Obradoiro de Radio na Biblio (4)


domingo, 22 de outubro de 2017

Día da Biblioteca Escolar: "Aprender a Pensar coa Biblioteca Escolar"

Como cada ano, dende hai xa dúas décadas, o vindeiro martes, 24 de novembro, celébrase o "Día da Biblioteca" co obxectivo de concienciar á sociedade da importancia dos libros e a lectura.


En Galicia, dende o ano 2008, preténdese facer visibles as distintas posibilidades que ofrecen as Bibliotecas Escolares a través de un cartel que este ano é obra do extraordinario ilustrador Xosé Tomás  e baixo o lema "Aprender a pensar coa Biblioteca Escolar"


No Segrel, como cada ano, celebraremos este día con distintas actividades.
  
  • 4ºESO: "Pista a Pista - A Viaxe". A través de distintas pistas sobre mitoloxía, xeografía, historia... o alumnado deste nivel educativo realizará unha viaxe por distintos países e cidades de diferentes continentes ata chegar a carón da casa.
  • 3ºESO: "Fake News". É o título da actividade na que o alumnado traballará a lectura crítica da prensa e información á que chega a través das redes sociais.
  • Clubs de Lectura "O Segrel", clubs de alumnado e de nais e pais, onde falaremos de libros e lectura.
  • Participación nas campañas #estoyenlabiblioteca #felicidadesbibliotecas a través do Twitter e o Facebook do Segrel


Related Posts with Thumbnails