domingo, 30 de novembro de 2008

Reading / lectura

Hoxe, e grazas ao noso profe Antonio, vimos de aprender un dos moitísimos entresijos de Flickr.

Non vos parecen preciosas estas fotos que aparecen baixo a etiqueta "reading / lectura"?.

Logo non deixedes de ver a súa entrada "Books / libros / livros", FANTÁSTICA!!!

Con todas elas, poñeremos en práctica a proposta que Conchita fai no seu comentario a ese magnífico post de ANB. No día do libro porxectarémolas ininterrumpidamente no noso centro.

Como dí Montse isto é "Unha rede chea de ideas e de persoas que as lanzan á auga"

Bendita Web2.0 e quen nos achega a ela!!!



Created with Admarket's flickrSLiDR.
Vía A Nosa Boa Inspiración

sábado, 29 de novembro de 2008

Crónica do "Acto" (I)

O pasado luns, tivo lugar en Bertamiráns, na biblioteca escolar do CEIP Bispo Guerra Campos, a sinatura da addenda 2008 ao convenio para a mellora das bibliotecas escolares, entre o MEC e a Consellería de Educación, por parte de Sra. Ministra e a Sra. Conselleira.
Ao acto, entre outras persoas, fomos invitados os responsables de Bibliotecas Escolares.
Esta é a crónica regueifeira que fixemos dese acto.

Hoxe en Bertamiráns
Ministra e Conselleira
nun "fermoso" acto estiveron
que sellaron cunha aperta.

Non esquezades a data (24N)
hoxe é día de alboroto,
hoxe é día de ledicia,
hoxe ela confirmouno!!!

A Sr. Conselleira
ante a Ministra afirmou
que no próximo ROC
con tempo alí estamos nós.

So temos que esperar
pídenos ela máis tempo
tempo é o que nós pedimos
seique todos o teremos.

E aquí remata a historia
dunha xornada festiva
o que queira saber máis
terá que esperar un día... (ou dous!!)

Para ler a crónica completa...

Milladoiro - Crónica do "Acto" (II)
Bibliobóveda - Crónica do "Acto" (III)

venres, 28 de novembro de 2008

Os Nosos Venres Musicais (XXV)

"Y EN TU VENTANA" - ANDY Y LUCAS

"EL FINAL DE LA CUENTA ATRÁS" - EL CHOJÍN

"WHEN YOU LOVE SOMEONE" - BRYAN ADAMS

"WOMAN'S WORTH" - ALICIA KEYS


A NOSA PEQUENA HOMENAXE A TODAS ESAS MULLERES QUE ESTÁN A SUFRIR ESTA TERRIBLE LACRA DA NOSA SOCIEDADE DO SÉCULO XXI, PARA QUE PODAN SER QUEN DE DICIR "BASTA XA!!"

xoves, 27 de novembro de 2008

"O Segrel do Penedo" en Radio Fusión

Onte, 26 de novembro, O Segrel do Penedo foi invitado por Radio Fusión, a nosa radio local, a falar sobre Bibliotecas Escolares.

Se queredes escoitar a entrevista completa só tedes que entrar en Radio Barullo, a nosa Radio Escolar.


Chegamos ás 10.50 á Casa do Concello e todo hai que dicilo, estábamos unha miaxiña nervosos. Non é este o medio onde soemos desenvolvernos, pero grazas a Almudena Marcos, unha grandísima profesional, sentímonos tan a gusto que, como xa ela nos comentara antes de comezar a entrevista, esquecimos completamente que estabamos ante un micrófono.

Durante case media hora falamos do modelo de biblioteca escolar, do papel que as bibliotecas escolares están a desenvolver nos centros de ensino, da labor dos coordinadores e dos equipos de apoio, da Asesoría de Bibliotecas, do Plambe, da Hora de ler, dos Clubs de lectura, das Mochilas viaxeiras, de Agabel... e tamén, como non, das necesidades que teñen as nosas Bibes. Como íamos deixar de falar do que tanto nos preocupa?

E falando de bibliotecas non podíamos esquecer o fomento da lectura, o importantísimo papel da familia na adquisición do hábito lector... e por suposto a visita da Ministra a Galicia para a sinatura da addenda 2008 ao convenio para a mellora das bibliotecas escolares, acto no que tamén estivo presente o IES de Fene.

mércores, 26 de novembro de 2008

Poesía Visual "Contra a Violencia de Xénero"

Vía Trafefando Ronseis


"La poesia visual no és dibuix, ni pintura, és un servei a la comunicació"

Estas obras, do álbum de Eduardo Barbero, presentáronse ao concurso de Poesía Visual “Contra a Violencia de Xénero” convocado por BlogsFcom do proxecto Escenarte.

martes, 25 de novembro de 2008

25N: Contra a Violencia de Xénero (II)

"Ela" In Memoriam
El morreu hai trinta anos.
A ela enterrárona estes días: morreu de vella.
El era un home sociable e ben relacionado.
Ela non poñía o pé fóra de cen metros arredor da casa.
El baixaba á vila tódolos días.
Ela non ía nin ós enterros.
El era violento e agresivo e mallaba nela día si e día tamén.
Ela era traballadora, simpática e dulce.
El levantaba a man e o que lle cadrara.
Ela sempre levaba caramelos no peto cos que convidaba ós nenos que lle pasaban pola porta.
El viviu protexido por un muro de silencio.
Ela viviu presa tras do mesmo muro.
A morte del só a liberou das tundas.
O muro caeu o día do enterro. Dela

Novembro de 2008
Vía Milladoiro



Hoxe, como ven acontecendo dende que saímos á blogosfera, as Bibliotecas Escolares Galegas unímonos en prol dos Dereitos Humanos para decir NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO.

BASTA XA!!
Non máis mulleres mortas, humilladas, amedrentadas, asoballadas, avergonzadas, sometidas, apaleadas, encarceladas nas súas propias casas
presas do horror e do medo vítimas da persoa á que un día amaron e que, tal vez... as amou algunha vez?
Non máis muros, non máis silencios... NON MÁIS "ELAS"

25N: Contra a Violencia de Xénero (I)

BASTA XA !!

NON Á VIOLENCIA !!

NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO!!

Os blogues das Bibliotecas Escolares Galegas únense para dicir ATA CANDO?.

Estes son algúns dos que non debedes deixar de visitar:

Trafegando Ronseis

Mesturas

BiblioArzúa

Iniciarte

Bemilladoiro

BlogFesquío

Raioteca

Bibliospazos

Biblioboveda

luns, 24 de novembro de 2008

As Nosas Suxestións "Contra a Violencia de Xénero"

Preme na imaxe para ampliala
Emilia Pardo Bazán: "El Indulto" (1883)

Suxestións "Contra a Violencia de Xénero"
Música


Hoxe, 24 de novembro de 2008, en pleno século XXI,
xa van 67 mulleres asasinadas a mans da súa parella....

ATA CANDO ?

sábado, 22 de novembro de 2008

Regueifando en "O Segrel"

Son estas “coñas plamberas”
as xuntanzas e cocidos
as que xunto ás bibliotecas
nos reunen cos AMIG@S.

E despois do obradoiro

que fixemos no Segrel
as regueifas compañeiros
dánsenos bastante ben.

Uns cantos dias practicando
e poñendolle interés
seremos profesionais
antes de que pase un mes.

Animádevos plambeiros
non o podedes perder
pois na próxima xuntanza
un libreto ides a ter.

Pero mentres o libreto
non nos chega dende a imprenta
aqui vos deixo un Issuu
para o que practicar queira.

Preparádevos plambeiros
ide practicando ben
que a gaita de
Sabela
non admite "amateurs".

As Regueifas "Unidade Didáctica"

Para aqueles que aínda
non son quen de regueifar
aqui deixo esta unidade
que seguro axudará.

Sabede que nas Regueifas
se algo non hai que olvidar
xunto co ritmo e a ritma
son as gañas de amolar

As verdadeiras Regueifas

non che son moi “flower power”
preguntádelle a Nautilus
que Regueifar moi ben sabe.

Se queres ben regueifar
debes ter algo presente
só os versos pares riman
e nos outros nin o intentes.

E falando de Regueifas
outra cousiña ben clara
o ritmo é importante
se queres moi ben cantala

Tiro riro riro riro
tiro riro riro raro
tiro riro riro riro
tiro riro riro raro

E se isto non abonda
para regueifar moi ben
entra en Radio Barullo
e o verás no You Tubé

Agradecemento @s "Regueifeir@s"

Nautilus, Mesturas, Chispa,
Andrade, Mik e Aurora,
Escola Unitaria, Beni,
Toñito, Marina e Mónica,


A Bibliotecadocole,
Loly tamen O Segrel

vaia festa que montaron

Regueifando, e moi ben!!

Máis vós sodes unha parte
dos que aquí xa colaboran
uns escribides regueifas
outros cantan e ata choran

Pero non vos asustedes
cando eu falo de chorar
e que aqueles que nos len
de rir non poden parar

Benqueridos regueiferos
para isto agradecer
berrarei ben alto e forte
coma vós non hai ninguén!!”

xoves, 20 de novembro de 2008

Os Nosos Venres Musicais (XXIV)

AMISTADES PELIGROSAS: "QUÍTAME ESE VELO"


SHANIA TWAIN: "BLACK EYES, BLUE TEARS"

AMARAL: "SALIR CORRIENDO"


ISMAEL SERRANO: "CAPERUCITA"

BASTA XA!!
MÁIS DE 60 VÍTIMAS NO QUE VAI DE ANO. ATA CANDO?

Os Dereitos d@s Nen@s




Algunhas ligazóns de interese:

Defensor do Menor

ACPI

Protégelos

Intermón Oxfam

Declaración Dereitos dos Nenos

Derechos de los Niños

venres, 14 de novembro de 2008

As Regueifas en "Radio Barullo"

Hoxe, e dentro do programa de actividades sobre a Literatura de Tradición Oral, temos en Radio Barullo a dous dos mellores regueifeiros do panorama cultural de Galicia, Benito Lobariñas e Josiño da Teixeira.

Por fin xa estamos a Venres
un día moi musical
pola semana que estamos
imos todos regueifar!!


Imos todos regueifar
vaia coa papeleta
esto seique me enganchou
tanto como a biblioteca!!



“O NAUTILUS E O SEGREL”
O Nautilus e O Segrel
disque xa che son parella
eu non o podo crer
eles son xente moi seria.

E se son xente moi seria
que terá iso que ver
para ser unha parella
teñense que ben querer.

Se o de quererse ben
é o que estes necesitan
eu diso podo dar fé
polo moito que se bican.

Polo moito que se bican
non irán cambiar de estado?
O amor seique non dura
toda vez que tes casado

Pero logo que parella
é da que estás ti a falar?
Eu falei dunha parella
que lles gusta regueifar!

Se lles gusta regueifar
deberán ir practicando
os Plambeiros quererán
a estes dous xa actuando.

A estes dous eu actuando
mira que me custa ver
porque disque esta parella
iso non o levan ben…

martes, 11 de novembro de 2008

"O Xordo e O Caco" en O Segrel do Penedo

Hoxe, no IES de Fene, alumnado de 3º e 4º de ESO e de Adultos, profesorado e unha nai (non viñeron máis...) disfrutamos de dous fantásticos obradoiros con Benito Lobariñas e Josiño da Teixeira, ou o que é o mesmo con "O Xordo e o Caco", dous excelentes regueifeiros que fixeron posible que as musas andiveran por O Segrel do Penedo facendo das súas.

Dende as catro e media da tarde ata as oito da noite (que rápido pasou o tempo!) sairon regueifas que falaban de profes, rapaces, de Fene, a favor e en contra do botellón e ata nos presentamos regueifando.

Cantas risas, canta diversión e canto nos aprenderon. Faláronnos do pasado o presente e o futuro da Regueifa, da súa estrutura, dos distintos tipos de Regueifa... Saímos con moitísimas ideas... concursos, unidades didácticas e volvemos á casa sen deixar de regueifar.

E para que vexades que vimos coa lección moi ben aprendida, aquí vos deixo unha Regueifa que fala, como non, da nosa teima "AS BIBLIOTECAS ESCOLARES" e que espero vos inspire e vos anime a continuala, sería todo un detalle pola vosa parte...

Ánimo compas, que estamos na Semana da Literatura de Tradición Oral!!!

REGUEIFA DAS BIBES

O Benito e o Josiño
se lles faia a inspiración
falarán de bibliotecas
ai teñen un bo filón.

Regueifando as bibliotecas
lembrarán as direccións
non esqueceran aos claustros
veredes canta tensión.

Esta tensión da que falo
a causa a administración
o traballo que facemos
non nos recoñecen non.

Antes dicían "coordina"
seique agora "dinamiza"
se aparecemos no ROC
será pa axudar na misa.

E aquí deixo esta Regueifa
non a quero rematar
os compas das outras "Bibes"
teranna que continuar...


Deixovos unha mini-reportaxe de parte do que aconteceu en "O Segrel do Penedo"



Pero como podedes imaxinar, aquí non remata esta fantástica xornada...
O vindeiro venres, Benito Lobariñas e Josiño da Teixeira en Radio Barullo!!!

E ademáis... Programa de Actividades sobre a Literatura de Tradición Oral
Martes 11 de novembro: Regueifando con "O Xordo e O Caco"
Martes 02 de decembro: Tradición oral con "Antón Castro"
Martes 09 de decembro: Lendas con "Antonio Reigosa"

Non vos parece un programa fantástico para reivindicar a forza da oralidade?

domingo, 9 de novembro de 2008

Cuarto Aniversario de ANB

FELICIDADES ANB!!!

Hoxe ANB, (que ben lle queda ese nome, non si? Acaso non é A Nosa Biblioteca, a Biblioteca Virtual de todos e todas nós?) o noso blogue de referencia, o noso PROFE, MESTRE, MAGO, AMIGO... e moitísimo máis cumple catro anos na blogosfera.

Chegado este día non podemos deixalo pasar sen agradecerlle a ANTONIO ALONSO, e non só nós, senón TODAS AS BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS, a esas máns que nos levan pola Web 2.0 e máis aló, por ternos sacado ao exterior, porque grazas á súa xenerosidade sen límites, á súa paciencia e ao seu bo facer, hoxe, 9 de novembro de 2008, OS BLOGUES DAS BIBES GALEGAS son xa un referente.

FELICIDADES E QUE SEXAN MOITOS MÁIS!!!

Tamén en:
Biblioafonso
Iniciarte

mércores, 5 de novembro de 2008

When Dreams Come True!!

Ou de Cando os Soños se Converten en Realidade!!!!

Un dos nosos obxectivos: FORMAR CIDADÁNS CRÍTICOS!!!

Como cambian os tempos

Vai ser que Marina ten razón...





e que o soño americano é verdade.

Related Posts with Thumbnails