luns, 29 de setembro de 2008

Outubro: Mes Internacional da Biblioteca Escolar

Alfabetización e Aprendizaxe na Biblioteca Escolar” Este é o lema elixido para conmemorar este ano o “Mes Internacional da Biblioteca Escolar” nunha clara referencia ao papel fundamental das Bibliotecas Escolares no ensino.

A Asociación Internacional de Biblioteconomía Escolar (IASL), previa recomendiación do seu comité executivo, aprobou en decembro de 2007 o cambio do Día Internacional da Biblioteca Escolar polo Mes Internacional da BE.

Según declararacións de Rick Mullhollan, coordinador de IASL “Este cambio coincide co décimo aniversario da súa celebración por parte da IASL, e permitirá aos responsables das bibliotecas escolares de todo o mundo elixir o día de outubro que mellor se adapte ás súas necesidades co fin de resaltar a importancia das bibliotecas escolares

O presidente da IASL, Henri James, declarou asi mesmo que “O Día Internacional da Biblioteca Escolar chegou a ser tan importante que creceu ata convertirse no Mes Internacional da Biblioteca Escolar (ISLM). Esto significa que os responsables das bibliotecas poderán elixir o día, a semana ou incluso ata todo o mes, para fomentar a súa biblioteca escolar, co que iso supón para a comunidade escolar

Para saber máis:
IASL

O Segrel do Penedo

Celebramos "O Día da Biblioteca Escolar"



domingo, 28 de setembro de 2008

Logo da Alfabetización Informacional

O 10 de Agosto pasado foi presentado o logo que simbolizará internacionalmente a Alfabetización Informacional.


A intención pola que se crea este logo é a de facilitar a comunicación entre aqueles que levan a cabo proxectos de alfabetización informacional, as súas comunidades e a sociedade en xeral.


O gañador do concurso organizado pola UNESCO e a IFLA, Edgar Pérez Luy, un xoven deseñador cubano, explicaba o seu significado, “O logotipo comunica, dun xeito moi sinxelo, a capacidade humana de buscar e acceder á información, non só a través dos medios tradicionais, senón tamén mediante o uso das TIC, xa que utiliza recursos gráficos coñecidos en todo o mundo, como o libro e o círculo. O primeiro deles simboliza o estudo, e o segundo o coñecemento e a información, que hoxe están máis disponibles a través da informática, demostrando así que o seu obxectivo social é comunicar. O libro, aberto e cerca do círculo, representa unha metáfora visual que simboliza ás persoas que teñen as ferramentas cognitivas para chegar á información dun xeito áxil, así como o desexo de compartir esta capacidade”


Para saber máis:
Information literacy International Logo

Baixar o Logo

mércores, 24 de setembro de 2008

As Meninas nas Rúas de Canido en Ferrol

Onte á mañá visitei o Barrio de Canido.

Un amigo fíxome un encargo. As súas palabras foron “necesito fotos das Meninas de Canido para Inici-arte”, sen saber que eu xa tiña en mente esa reportaxe gráfica. Quería que o meu primeiro artigo no noso blog se fixera eco dunha maravillosa iniciativa que xorde de dous veciños de Canido, un dos barrios máis antigos da cidade de Ferrol, Eduardo Hermida e Gustavo Sequeiro, dous artistas decididos a revitalizar o seu barrio.

“...pintar una serie de originales meninas en las fachadas de las casas abandonadas para dar una nota de color y revitalizar de una manera artistica el deterioro de estas casas”. Eduardo Hermida

E nesta iniciativa deciden participar non só os veciños do barrio senón artistas do renome de Jorge Cabezas (a súa primeira obra foi vítima da intolerancia e da falta de respecto aos demáis), Collado, Carmela González, Avelino Castro, a diseñadora Marta Ramos, Patinha, Jorge Llorca, Siro, Suso Basterrechea, Raimundo Anido e Luis Rapela entre outros.

E durante a miña visita, como é a vida..., coñecín ao pai de Eduardo Hermida. Un home orgullosísimo do seu fillo, da súa obra e desa idea que puxo en pé aos veciños e que sacou o barrio ao exterior. Un home amabilísimo que me contou anécdotas e me amosou detalles dalgunhas das obras. Un guía marabilloso para unha visita marabillosa.

Grazas Sr. Hermida, sen vostede a miña visión sería, cando menos, diferente. Todo un pracer coñecelo e poder apreciar a arte das Meninas de Canido dun xeito moi, moi especial.



Máis en:

Iniciarte

El País

El Correo Gallego

La Voz de Galicia

e-norte.org

Son Cositas

Radiofusión

*Álbum fotográfico actualizado o 30/09/08. Continuará...

martes, 23 de setembro de 2008

E o blog volveu das vacacións

Custounos un pouco poñernos ao día, pero aquí estamos xogando de novo coas TICs e co que unha biblioteca pode ensinar.

Empezamos cun documento audiovisual excepcional, unha metáfora mediática!!! Contamos coa colaboración dun actor e bailarín fabuloso, coa música duns compositores xeniais e cunha peli que fixo escola.

Para todos os nenos e as nenas; para todos vos, os maiores: O Segrel do Penedo personificado en Tony Manero!!!

Related Posts with Thumbnails