Amosando publicacións coa etiqueta Mochilas Viaxeiras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Mochilas Viaxeiras. Amosar todas as publicacións

sábado, 2 de xuño de 2012

As Mochilas Viaxeiras voltan a "O Segrel"

O pasado venres voltaron as Mochilas Viaxeiras que dende o pasado mes de febreiro, cando comezaron o seu roteiro, fixeron cada unha delas catro viaxes ás casas do noso alumnado de 1º e 2º de ESO.

A experiencia, despois destes cinco anos segue a ser moi positiva como así o confirman os comentarios que as familias nos fan nos libriños que se inclúen nas mochilas:

  • "Unha boa iniciativa para promover a lectura"
  • "Un gran método para intentar que os nenos lean algo e tamén para que se reunan e falen coa familia acerca dalgún dos libros propostos"
  • "É unha actividade moi interesante porque permite compartir lecturas e ver e comentar o cine e a música en familia"
  • "Parécenos unha boa idea xa que nos permite poñernos en contacto con novas suxestións de libros, cine e música"
  • "A nós parécenos unha moi boa idea xa que é unha forma de divertirse e disfrutar en familia"
  • "Penso que é unha actividade complementria moi válida, porque permite fomentar a lectura de obras ben distintas"
  • "É unha actividade moi boa con grandes libros que me encantan"
  • A idea de incluir na mochila o protocolo para consultar os fondos da biblioteca parécenos moi acertada"
No que tamén nos informan dos libros que máis lles gustaron: En primeiro lugar figura a revista National Geographic, seguida dos libros de divulgación 

En canto ás suxestións que nos fan destaca o apartado dedicado á música, onde propoñen se inclúa “música máis de moda”… e tamén hai quen bota en falta “algún material en inglés

Este curso destaca a falta de queixas... ata agora sempre aparecía "o peso" das mochilas, que evitamos rebaixando os materiais incluídos, e a falta de tempo que tamén se solucionou ampliándoo cando así o pediron as familias.

Libro incluído na Mochila Viaxeira de 2º de ESO





mércores, 8 de decembro de 2010

As Mochilas Viaxeiras Non Paran !!

Así é, porque a saída do pasado venres é xa a terceira deste curso.

É esta unha iniciativa de lecturas compartidas que as familias, despois de tres anos, seguen a ver como moi positiva:
  • "Está moi ben esta iniciativa de compartir a lectura cos fillos"
  • "Unha idea moi orixinal e positiva para pais e fillos. Unha actividade moi educativa para toda a familia poder compartir cultura."
  • "Unha actividade coa que se aprende moito, é moi interesante."
  • "É unha actividade fantástica, podemos ler e logo comentar o contido das mochilas. Hai para tódolos gustos."
  • "É unha actividade moi educativa, pois podes ler todo tipo de lecturas, ver peliculas ou escoitar música"

A través dela podemos saber cales son os libros que máis lles gustaron:

E coñecer as súas suxestións:

E, por suposto, as súas queixas, que no caso das Mochilas é só unha, que aínda que non é xeneralizada non por iso deixamos de tela en conta...

  • "O tempo que nos deixades as mochilas paréceme moi curto xa que non hai tempo físico para ler e ver todo o material"
Contidos das Mochilas de 1º ESO

domingo, 29 de novembro de 2009

As Bibes Galegas na Voz de Galicia

Hoxe na Voz de Galicia aparecen catro artigos onde se fala das Bibliotecas Escolares Galegas e o traballo que dende elas están a desenvolver os magníficos profesionais que están ao seu fronte e que fan posible que as nosas Bibes sexan punteiras en todo o estado.

Alégrounos moitísimo ver como dende este diaro se pon en valor a labor que as Bibes Galegas están a facer en prol da lectura e o seu fomento non só entre o alumnado senón entre os distintos membros das nosas comunidades educativas. "Galicia a la cabeza de España en fomento de la lectura Juvenil"

Falase da experiencia dos clubs de lectura, e como exemplo o IES Alexandre Bóveda e Beni, a súa alma mater, das Mochilas Viaxeiras, e como non, do programa Hora de Ler que tantos e tan bos resultados está a dar non só en centros de primaria senón tamén nos de secundaria.

Benigno Nerga, Coordinador da Biblioteca do IES Alexandre Bóveda (Vigo) comenta sobre o club de lectura:
«Este ano pedíronnos unha lista de autores punteiros do século vinte, e elixiron para este trimestre a Steinbeck (La perla), Kafka (La metamorfosis) y Camus (El extranjero)» [...] «Xa lles dixemos que con estes autores acabouse o pesimismo por este curso»

Cristina Novoa, Asesora de Bibliotecas Escolares na Xunta, fala da experiencia do Programa Hora de Ler
«Mellórase o clima do centro , e como se fai normalmente despois do recreo é unha forma de resolver as tensións. Baixan radicalmente os conflictos»

«Nótase tanto que todos os profesores queren ter a súa clase despois da Hora de Ler»

Carmen Mazaira, como responsable do Proxecto Lectura Silenciosa Sostida no CEIP Pardo Bazán (Coruña), expón:
«...es muy saludable porque supone leer sin pedir nada a cambio, solo como ocio, para pasarlo bien»

«A veces vemos que en otros momentos del día, cuando hay un parón, algunos alumnos sacan el libro de su pupitre y se ponen a leer»

Nós, os docentes ao fronte das Bibliotecas Escolares Galegas, sabemos moi ben onde estamos e o papel que dende as Bibes como dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia se está a desenvolver. Unha Asesoria que sempre vai un paso por diante amosándonos o camiño a seguir e cuxo labor é ben coñecido non só no noso país senón fóra del. Máis xa ía sendo hora de que os medios de comunicación se fixeran eco do importantísimo papel que están a desenvolver as Bibliotecas Escolares Galegas dentro do sistema educativo galego.

Dende O Segrel, os nosos parabéns a Cristina Novoa, Carmen Mazaira e Benigno Nerga, magníficos embaixador@s das Bibes Galegas.

mércores, 24 de decembro de 2008

Mochilas Viaxeiras en Ruta !!

As nosas Mochilas Viaxeiras emprenderon a súa primeira viaxe neste curso.














Unha viaxe cara a portos onde desexamos as familias atopen ese tempo propicio para as lecturas compartidas, as conversas, as risas... Ese tempo, ás veces tan escaso, pero que non debemos deixar escapar.

Ese tempo para lle adicar a ese poema que nos emocionará ata as bagoas, a esa novela que nos terá pegados ao sillón ata rematala e cando esteamos a piques de chegar ao final non quereremos que termine, a esa película que nos fará rir a gargalladas, a esa fermosísima canción que nos traerá inesquecibles recordos... ese tempo marabilloso que non esqueceremos xamáis, un tempo para disfrutar cos nosos.

Ese é o noso obxectivo, propiciar tempos para compartir, tempos para vivir e ser felices.

domingo, 27 de abril de 2008

As Nosas Mochilas Viaxeiras

As nosas mochilas viaxeiras están xa a piques de emprender a súa terceira viaxe ás casas dos nosos rapaces e rapazas de 1º de ESO e a segunda ás de 2º.


Unha experiencia que está a resultar moi positiva e da que todos estamos apr
endendo moito. De feito, xa estamos pensando en facer algunhas modificacións tendo en conta as suxestións destes, nalgúns casos, nosos novos usuarios.


Algunhas opinións sobre a iniciativa:

  • Actividade motivadora xa dende o primeiro momento, ver que trae a mochila e repartirnos a lectura.
  • Foi unha actividade positiva xa que os membros da familia poidemos compartir o material que ven nela.
  • A idea paréceme moi orixinal e percíbese o intento serio de fomentar a lectura dun xeito serio e lúdico.
Algunhas das suxestións:

  • Incluir algunha páxina web interesante á que podamos acceder cos fillos/as.
  • Incluir títulos de literatura clásica.
  • Incluir música para escoitar lendo, tipo New Age ou Chillout.



Related Posts with Thumbnails