mércores, 30 de xaneiro de 2008

30 de Xaneiro: Día Internacional da Paz


Create Your Own
Existe, por desgraza, unha ampla mostra de conflitos armados onde constatar os diferentes graos de sufrimento e degradación do ser humano que toda guerra implica. Algúns, aparentemente esquecidos, deixaron, non obstante, feridas mal cicatrizadas e dispostas a reabrirse en calquera momento.Outros, case descoñecidos no imperdoablemente descoñecido continente africano, están xa perdidos sen remedio sexa cal sexa o resultado final da contenda.Tamén os hai cotiáns, perniciosos, que abandonan os primeiros titulares pero deixan rastros atrofiados, convertidos en xordas ladaíñas onde a traxedia individual de cada morte se dilúe en cifras carentes de sentido.
Sendo conscientes desta situación, no Día Internacional da Paz, eliximos a guerra de Iraq como símbolo do engano, a barbarie e a loucura que toda guerra implica.
Neste documento utilizamos unha breve selección de textos de poetas árabes representativos da desolación dun pobo ante a traxedia colectiva que asola moitos dos seus países. Tamén incluímos algunhas citas contra a guerra de varios pensadores e escritores da nosa cultura occidental..


Oiamos as súas voces porque temos o convencemento de que só escoitando persoas sosegadas e respectuosas de calquera cultura os seres humanos teremos unha mínima posibilidade de futuro. Este é o espírito que alenta o presente documento que forma parte da iniciativa colectiva das Bibliotecas Escolares Galegas non Día Internacional da Paz, por un mundo mellor e máis xusto.

Os materiais gráficos deste documento proceden das seguintes fontes
Iraq War Paintings Gerard Laing
Carteles contra una guerra – Signos por la paz (James Mann, Ed. Gustavo Gili)
Lions Clubs International Peace Poster Contest

Traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da PAZ

POEMAS PARA A PAZ

Chegamos ao momento en que evocamos a PAZ como unha lembranza.

Impresionad@s polos horrores das guerras, pola manipulación da realidade que teñen feito os grandes e pequenos poderes para xustificala e pola destrución da memoria dos pobos, os ensinantes, os bibliotecarios, debemos seguir buscando co noso traballo o fortalecemento da PAZ e a verdade. A verdade porque somos os administradores dos materiais que conteñen todas as verdades, porque dunha información completa xorde a verdade. A PAZ porque o entendemento entre as persoas é a base do noso traballo; tratamos que comprendades, coñezades e aceptedes o que din outros, tentando abrir mentalidades, facilitando o acceso ás ideas expresadas ao longo dos séculos; todo o contrario do que conseguen as guerras. Por iso, colocamos a tarefa de nos opoñer a elas como a primeira e máis importante do noso labor cotián.
Un bo xeito de ir contra a guerra é divulgar a obra dos poetas que con palabras emocionates, moito máis impactantes que as balas, fixéronlles fronte. As persoas somos unha mestura de razón e sentimento; nas grandes cuestións necesitamos alimentar o corazón tanto como a cabeza, e os poetas saben alimentar o corazón.


Traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares en prol da PAZ

Se te queres unir a esta iniciativa tes o código nesta ligazón

martes, 29 de xaneiro de 2008

PAZ, PAU, PAIX, MIR, PEACE, BAKE, SHANTI, FREDE, NEEDED... (VII)

Mañá é o Día da Paz. Desde hai días as bibliotecas escolares galegas colaboramos pola primacía desta, tentamos lembrar á sociedade que é a palabra a que debe vencer sobre as armas, esas palabras que voan nos libros, nos poemas, que se transmiten polo diálogo e non polas armas. Cremos que é o Amor quen debe vencer ao egoísmo, a non-violencia debe vencer á violencia e a PAZ á guerra.




Sétimo traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da PAZ
Se te queres unir a esta iniciativa tes o código nesta ligazón

luns, 28 de xaneiro de 2008

POLA PAZ (VI)

Falamos de guerras, falamos de paz. Falamos dos nosos desexos dun mundo mellor. Fermoso sería que as armas fosen xoguetes que nunca servisen para matar. Conseguilo é o noso obxectivo.

Empeñados como estamos, proclamamos cada día

NON ÁS GUERRAS

Sexto traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da PAZ
Se te queres unir a esta iniciativa tes o código nesta ligazón

domingo, 27 de xaneiro de 2008

POLA PAZ (V)

A violencia nas súas diferentes formas, como manifestación do despropósito, é un dos aspectos máis notables na obra de Goya. Foron precisamente os sucesos acontecidos durante a Guerra de Independencia (1808-1814) os que deron lugar a que Goya efectuase unha reflexión enormemente crítica e innovadora sobre a guerra, sobre as súas causas, brutais manifestacións e consecuencias.

(...) Francisco de Goya, escéptico ante as xustificacións da guerra, lonxe de apoiar coa súa obra os postulados ideolóxicos dalgún dos bandos contendentes, mostra o rostro máis escuro e abxecto da guerra, o dos mortos e os seus asasinos, o dos indefensos e os seus prepotentes violadores, o dos que padecen e os dos que gozan co padecemento alleo.

(...) A sensibilidade de Goya ante estes acontecementos produciu non só a súa mellor serie de estampas, senón un monumental berro contra a violencia nas súas diferentes formas, que non recoñece xustificación ningunha, e que grazas ao maxistral do seu tratamento técnico, formal e conceptual permite ao espectador comtemplar imaxes inherentes a toda guerra.

(...) As obras de Goya de contido bélico non mostran aos heroes militares ou populares que loitaron contra os franceses, de todos coñecidos grazas ás publicacións e ás galerías de retratos gravados amplamente difundidos na España do seu tempo. Nin tan sequera preséntannos feitos concretos acaecidos en lugares determinados. Pola contra Goya móstranos, partindo de acontecementos reais, a esencia dos mesmos, a representación universal do heroísmo, a brutalidade, a fame, a deseperación, a destrución, pero sobre todo a morte. E todo iso protagonizado polo pobo anónimo, verdadeira vítima da guerra.

José Manuel Mantilla. El libro de Los Desastres de la Guerra. Francisco de Goya. Madrid, 2007, Arlanza Ediciones.




Nota: Os títulos dos gravados reproducen a ortografia orixinal de Goya
Quinto traballo colaborativo dos
Blogues das Bibliotecas Escolares en prol da PAZ
Se te queres unir a esta iniciativa tes o código nesta ligazón.

sábado, 26 de xaneiro de 2008

POLA PAZ (IV)

Violencia é que ainda no século XXI, os dereitos das nenas e nenos de todo o mundo seguen sen respectarse.

Pois ben, queremos achegarvos un poema de Xosé María Álvarez Blázquez, escritor que vai ser homenaxeado no Dia das Letras Galegas deste ano e que pouco a pouco iremos coñecendo ao longo do curso.

Fálanos duns nenos que teñen que vivir na rúa, da esmola da xente, e como ata a algunha xente lle chega a parecer normal esta situación tan inxusta.

Non é certo que os nenos teñan fame
Non pode ser.
Ben o sabedes todos
os que andades no mundo atafegados
á percura do pan dos vosos fillos.
Ises outros que vedes pola rúa
pedindo esmola,
non teñen fame, non, porque daquela
vos teríades morto de vergonza.
E ben vos vexo andar nos vosos
coches ou nos tranvías, a berrar de cousas
estranas: -¡viva, beba, baba, buba¡-
sen reparar naquil esfarrapado
que coa moura mauciña está petando
na porta de ferro.
Por iso penso que non é verdade
o que algún caviloso di dos nenos
que andan así petando pola vida.
-¡Non, home, non!- lle dixen a un
de aqueles
-A xente pasa leda......¡Fora boa
que andivesen a rirse dos seus crimes!.

Xosé María Álvarez Blázquez
(Tui 1915-1985)

Cuarto traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares en prol da PAZ
Se te queres unir a esta iniciativa tes o código nesta ligazón

venres, 25 de xaneiro de 2008

Club de lectura "O Segrel"

O club de lectura do alumnado organizouse no mes de novembro e está formado por oito rapazas e catro rapaces. Durante a primeira reunión decidimos entre todos que libros leríamos, con que frecuencia nos reuniríamos e que outras actividades desenvolveríamos ademais da lectura.

A verdade é que non tivemos ningún problema á hora de poñernos de acordo. Decidimos que o día de reunión sería os luns de catro e cuarto a sete menos cuarto. Cando lles plantexei a posibilidade de dedicar a segunda parte da xornada a traballar coas TICs (blogs, chats, taller de escritura….) todos sen excepción estiveron de acordo. Así que temos unha semana sesión presencial, na biblioteca do cole, e a seguinte vía web, a través do chat. Toda unha experiencia, ben, máis para min que para eles, para que enganarnos…

O primeiro libro elixido foi “Cando petan na porta pola noite” de Xavier P. Docampo, e se queredes saber algunhas das súas impresións, só tedes que ir a “O Club do Segrel”.

Na segunda xornada, creamos o “Blog dos Segreis”. Un blog no que eles podan facer os seus comentarios e suxestións de lectura, cine, música, e que lles gusta moitísimo. Primeiro nos habilitamos e logo pasamos a dar os primeiros pasos para publicar entradas, baixar fotos... e a verdade é que estas son as súas ferramentas, gústanlles, polo que están moi motivados e así aprenden todo dun xeito tan natural que non deixa de sorprendernos!

Durante a terceira xornada ademais de falar da obra de Xavier Docampo, que lles gustou moito, eliximos o segundo libro “El alma del bosque” de Manuel López Gallego e que trata o tema da reinserción social. E na segunda parte da sesión dedicámonos a chatear. Cantas risas, que ben o pasamos... Pero todo isto podedes velo nesta pequena presentación.


Club de Lectura de Pais e Nais

O Club de Lectura do Segrel de pais e nais constituíuse o pasado mes de outubro. Este club está formado por dez nais e dous pais, todos eles amantes da lectura e dispostos a reunirse cada quince días para falar de libros, de autores, de sentimentos e emocións.

Reunímonos os mércores de catro e media a sete e a experiencia está resultando do máis positiva e agradable. Como non coñecía os seus gustos e preferencias presenteilles na primeira reunión, unha selección moi variada de títulos e autores entre os que elixiron “O Capitán Lobo Negro” de Xesús Manuel Valcárcel, obra que rematamos de ler na terceira reunión do club, o pasado mércores 23 de xaneiro.

Ningún deles tiña lido nada deste autor. Destacaron a riqueza do seu léxico, as súas descricións, esa mestura de ironía e fantasía, en fin, que lles gustou moito. E para completar a xornada, nunca faltan as risas, as anécdotas e, por suposto, un bo café.

A próxima reunión será o mércores 13 de febreiro, e nesta ocasión a obra elixida é “Sueños en el umbral” de Fatema Mernissi.

E aquí vos presento aos membros do noso club.

xoves, 24 de xaneiro de 2008

Música pola PAZ (III)

Seguindo co noso traballo en prol dun mundo mellor no que o diálogo impere sobre o armamento, hoxe achegámosvos tres propostas musicais aínda quentiñas: toda unha proposta de karaoke pacífico para reflexionar.


Solo le pido a Dios:



Blowing in the wind:



Rosa de la Paz:



Terceiro traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares en prol da PAZ

Se te queres unir a esta iniciativa tes o código nesta ligazón.

mércores, 23 de xaneiro de 2008

A Banda Deseñada no IES de Fene

Fai hoxe unha semana inaugurouse no noso centro a exposición dos premios de BD Castelao.

Xuntámonos para tal ocasión o Alcalde, Ramón Veloso (diputado provincial), concelleiros, pais, nais, veciños e veciñas do concello, alumnado e profesorado do centro, e Antonio Seijas, o gañador do primeiro premio do ano pasado.

A nosa “sala” de exposicións e os corredores da entrada do instituto enchéronse de viñetas que completamos cunha mostra dos fondos de cómics da nosa biblioteca. A BD está a ser durante estes días a protagonista da nosa vida cultural.

Pero a BD non desaparecerá do IES de Fene con esta exposición como xa vos comentamos nun
post anterior. Éste non é máis que o magnífico comezo dunha actividade que nos levará pola obra dalgún dos mellores dibuxantes do noso país, actividade que se completará cun taller que impartirá Antonio Seijas ao alumnado interesado no deseño e a Banda Deseñada. Vamos, todo un luxo contar con este artista entre nós.

Xa vos contaremos!!!!!

E aquí tedes unha mostra do que aconteceu nesa xornada.


martes, 22 de xaneiro de 2008

POEMAS POLA PAZ (II)

Iniciativas tan marabillosas como esta deberían espallarse e facer posible que os únicos bombardeos que houber polo mundo foran de poemas.

A poesía é unha arma cargada de futuro
Gabriel Celaya

Cuando ya nada se espera personalmente exaltante,
mas se palpita y se sigue más acá de la conciencia,
fieramente existiendo, ciegamente afirmado,
como un pulso que golpea las tinieblas.

Cuando se miran de frente
los vertiginosos ojos claros de la muerte,
se dicen las verdades:
las bárbaras, terribles, amorosas crueldades.

Se dicen los poemas
que ensanchan los pulmones de cuantos, asfixiados,
piden ser, piden ritmo,
piden ley para aquello que sienten excesivo.

Con la velocidad del instinto,
con el rayo del prodigio,
como mágica evidencia, lo real se nos convierte
en lo idéntico a sí mismo.

Poesía para el pobre, poesía necesaria
como el pan de cada día,
como el aire que exigimos trece veces por minuto,
para ser y en tanto somos dar un sí que glorifica.

Porque vivimos a golpes, porque apenas si nos dejan
decir que somos quien somos,
nuestros cantares no pueden ser sin pecado un adorno.
Estamos tocando el fondo.

Maldigo la poesía concebida como un lujo
cultural por los neutrales
que, lavándose las manos, se desentienden y evaden.
Maldigo la poesía de quien no toma partido hasta mancharse.

Hago mías las faltas. Siento en mí a cuantos sufren
y canto respirando.
Canto, y canto, y cantando más allá de mis penas
personales, me ensancho.

Quisiera daros vida, provocar nuevos actos,
y calculo por eso con técnica qué puedo.
Me siento un ingeniero del verso y un obrero
que trabaja con otros a España en sus aceros.

Tal es mi poesía: poesía-herramienta
a la vez que latido de lo unánime y ciego.
Tal es, arma cargada de futuro expansivo
con que te apunto al pecho.

No es una poesía gota a gota pensada.
No es un bello producto. No es un fruto perfecto.
Es algo como el aire que todos respiramos
y es el canto que espacia cuanto dentro llevamos.

Son palabras que todos repetimos sintiendo
como nuestras, y vuelan. Son más que lo mentado.
Son lo más necesario: lo que no tiene nombre.
Son gritos en el cielo, y en la tierra son actos.

Segundo traballo colaborativo dos
Blogs das Bibliotecas Escolares en prol da PAZ

Se te queres unir a esta iniciativa tes o código nesta ligazón

luns, 21 de xaneiro de 2008

Velas pola PAZ!!


Vía Mangas Verdes, atopo unha iniciativa que me parece preciosa.

Por que non acender unha vela dende a blogosfera?

Por que non darlle forma aos nosos mellores desexos e facelos patentes en algo tan simbólico como pode ser unha vela acendida?

Animádevos, nós xa acendimos a nosa e non somos os únicos.


XUNTOS POLA PAZ!!

domingo, 20 de xaneiro de 2008

POLA PAZ (I)

Os blogues das bibliotecas escolares galegas, unha vez máis, unímonos na loita do dereito primordial de todo ser humano: a convivencia pacífica. Porque sabemos que a base de toda coexistencia é o entendemento, o diálogo, o feito de saber abrir os nosos ollos e os nosos oídos para escoitar e entender, desexamos elevar as nosas voces como unha soa, un só berro unido por unha soa palabra, a palabra máis fermosa que debe reinar as nosas existencias: PAZ.

E para reclamala, para pedir aos gobernos que senten a dialogar, para pedir a todo home e muller que habite sobre a face da terra que sexa quen de trocar puños e fusís por verbas e entendemento, por conmiseración e diálogo, por amizade e respecto, é polo que estamos aquí.

Dende hoxe até o día 30, lembrarémosvos que podemos vivir en paz, que só hai que crer nela, confiar nela, traballar por ela. O noso labor primordial é e será sempre ensinar respecto, democracia e educación. O noso labor é axudar por unha mellor sociedade do futuro.


XUNTOS POLA PAZ

sábado, 19 de xaneiro de 2008

Roteiro polas Bibliotecas Escolares (II)


CEIP José Cornide
Despois dunha comida moi agradable, veu un fantástico café que durou un par de horiñas. Canto falamos de bibliotecas (é a nosa teima!), das nosas experiencias, dos nosos proxectos, e de moitas cousas máis…. E chegou o momento que tanto esperabamos, marchamos para o cole. O sol xa se tiña retirado o que lle dou á entrada no José Cornide un certo aire de misterio. Era a antesala perfecta dunha visita que non poderemos esquecer.
Recibiunos o Sr. Rato. E pensar que eu lles teño fobia a eses "pequenos roedores", pero o que aconteceu co Sr. Rato foi, amor a primeira vista!! Engaiolounos nada máis coñecelo, é agarimoso, doce, encántanlle os libros, como a nós, e como cicerone non o hai mellor.
Levounos a todas as aulas, á sala dos profes (Vaia PEC máis ben traido, si señor!!), subiuse ao escenario e deixou para o final a biblioteca. Como é de tremendo, sabía que estabamos desexando coñecela.
E ao entrar alí, entramos nun mundo de ilusión e fantasía que nos fixo volver aos nosos anos mozos (e mirade que xa choveu!!!)
Ali estaban Pinocho, a Carapuchiña vermella e a súa cestiña, o cofre da Illa dos tesouros, a bruxa e a súa escoba, o zapato de Cenicienta, o Mago Merlín, o sillón dos grandes personaxes (que probou, como non podía ser menos, o noso Mago particular), e todo iso rodeado de miles de contos e historias marabillosas.

Pero algo fantástico estaba a piques de ocorrer... cando xa pensamos que o tiñamos todo visto o Sr. Rato levounos ao camerino. Meu Deus, pero que era aquilo? Nin máis nin menos que todo o necesario para que os nenos e nenas do Cornide poidan ver os seus soños feitos realidade, para que nun segundo aparezan alí todos e cada un dos seus personaxes preferidos. Si, si, non estamos a esaxerar nin unha miaxiña. Alí hai perrucas, plumas, abanicos, sombreiros, pinturas, maquillaxes, xoias estupendas, traxes de princesa, de indio, de xitana... Eran tantos os sentimentos e emocións que estabamos a sentir, que o Sr. Rato decidiu acougarnos léndonos un dos moitos contos preciosos que alí teñen, escritos polos rapaces . E que ben le o condenado!
E despois da lectura, a visita chegou ao seu fin.
Querido Sr. Rato, canto disfrutamos!!

Que razón ten o noso Mago, " As bibliotecas reflicten a alma de quen está ao seu temón"!!!

Tamén nos outros GBI Blogs

A Nosa Biblioteca

Biblioafonso

Outros Roteiros

CEIP Milladoiro-Malpica

venres, 18 de xaneiro de 2008

Os Nosos Venres Musicais (X)

Luz Casal, é unha das solistas españolas máis valorada do panorama artístico musical. Tras os seus éxitos dentro do país nos anos oitenta, logrou fama internacional, especialmente en Francia.

Vida tóxica, o undécimo disco de Luz, saiu á venda no 2007. O título fai referencia a un momento da súa vida onde máis que nunca amosou a forza e o carraxe dunha muller loitadora e disposta a pelexar pola súa vida e a ser feliz.



Este post vai adicado a todos os que nalgún momento tiveron e teñen que afrontar eses tragos tan amargos que a vida ás veces nos depara…


Para todos vós, PARA TI

Se nalgún momento sintes que a soidade enche a túa alma,
Se nalgún momento sintes que na túa vida todo se desmorona,
Se nalgún momento sintes que xa non podes máis…

Respira, colle folgos e... Non te deixes atrapar!!!!!!


DISFRUTA E SE FELIZ


martes, 15 de xaneiro de 2008

POR UN MUNDO MELLOR!!!

Xandra, unha antiga alumna, acaba de enviarme este vídeo, e non puiden evitar colgalo na rede. Penso que xa o vimos, hai algún tempo, nalgún dos blogs das bibliotecas escolares galegas, pero creo que non está de máis volvelo a ver. Hai cousas que non debemos esquecer xamáis...


APRECIA O QUE TES

E

FAI TODO O POSIBLE POR CONSEGUIR UN MUNDO MELLOR

Hai poucos consellos mellores que este!! Non? ...¿?

venres, 11 de xaneiro de 2008

Exposición Premios banda deseñada Castelao

“O Segrel do Penedo” inicia unha actividade que nos levará pola obra de algúns dos mellores debuxantes do noso país (para algo pertencemos ao único concello que conta, como ben sabedes, cun Museo do Humor do que é o seu director o gran Xaquín Marín)

E para comezar, que mellor xeito que facelo o vindeiro martes día 15 de xaneiro, coa inauguración da exposición das dúas obras galardoadas co primeiro premio de BD Castelao, premio convocado pola Deputación da Coruña e do que este ano se celebrará a súa cuarta edición.

Contaremos coa obra “Onde ninguén pode chegar”, de David Rubín Míguelez 1º premio no 2005, primeiro ano no que foi convocado, e con “Un home feliz” de Antonio Seijas Cruz, 1º premio no 2006.













Estades invitados a visitala!!
Esperámosvos dende o día 16 ata o 27 de xaneiro no seguinte horario:
Polas mañás de luns a venres de 8.30 a 14.00 h.
Polas tardes os luns e mercores 16.15 a 18.30 e os martes 16.15 a 17.45 h.

martes, 8 de xaneiro de 2008

A MAXIA DA EDUCACIÓN

Hai uns meses, nove xa, cando andaba eu embarullada nesto de crear un blog, un AMIGO envioume esta marabillosa alegoría sobre a educación, e hoxe, primeiro día da volta ás aulas e primeiro post deste ano que acaba de comezar, quero facervos a todos e todas vós, os encargados de levar adiante esta fantástica tarefa de facer cada día un pouco máis libres aos nenos e nenas, aos mozos e mozas do noso país, este pequeno agasallo.



Que nunca deixemos de crer no que facemos!
Que nunca deixemos de disfrutar co noso traballo!
Que nunca deixemos de recoñecer o traballo ben feito!
Que nunca deixemos de ter ilusión!
Que nunca deixemos de aprender!
Que nunca deixemos de ler!

"Os libros aprendéronme a pensar, e o pensamento fíxome libre"
Ricardo León
Related Posts with Thumbnails