Desde O Segrel do Penedo desexámosvos un nadal cheo de lecturas.
mércores, 20 de decembro de 2023
xoves, 14 de decembro de 2023
Novembro, mes da ciencia no Segrel
Durante estes días temos na biblioteca unha exposición de biografías de cienctíficas e científicos galegos resultado dun traballo de colaboración entre o departamento de matemáticas e o EDLG. Os traballos foron realizado polo alumnado de 3º e 4º da ESO durante o mes de novembro co motivo da celebración do mes da ciencia en galego.
luns, 27 de novembro de 2023
Conmemoración do 25 N
Este sábado 25 de novembro conmemorouse o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. No Segrel adiantamos as actividades para o venres 24. Nesta ocasión o alumnado da ESO, tomando como referencia o alcume de Mariposas, como se coñecía ás irmás Mirabal, elaboraron bolboretas de papel e nelas escribiron mensaxes en contra da violencia sobre as mulleres que xa ten causado moitas vítimas no que vai de ano. Con todas estas bolboretas e a colaboración de Antía Riveiro, alumna de 3º ESO, elaboraron un mural que colocamos no hall de saída ás pistas polideportivas.
Por outra banda, no segundo recreo reunímonos alumnado e profesorado de todo o centro para ler poemas e amosar o noso rexeitamento contra esta lacra.
martes, 7 de novembro de 2023
Feliz aniversario Sra Curie
Hoxe, 7 de novembro, conmemórase o nacemento dunha das pioneiras na ciencia, Marie Curie. Foi a primeira muller en recibir o Premio Nobel e a única galardoada con dous. O primeiro recoñecemento foi o Premio Nobel de Física en 1903 xunto a Henri Becquerel e Pierre Curie, o seu home, e o segundo, xa en solitario, foi o Nobel de Química en 1911. Foi ademais a primeira muller profesora na Universidade de París, toda unha pioneira.
mércores, 1 de novembro de 2023
Unha noite na biblioteca
A noite do 27 de outubro o alumnado de 2º da ESO quedou a durmir na biblioteca do centro, O Segrel do Penedo. Pasámolo estupendamente pintando cabazas e monstros, desfilando nun concurso de disfraces e ata xogamos a verdade ou reto, xogo no que a rapazada mostrou unha grande valentía desenvolvendo os retos máis tenebrosos que poidades imaxinar. Despois de cear e xa máis entrada a madrugada contamos lendas e historias de medo e vimos unha película espeluznante.
Unha noite inesquecible.
mércores, 4 de outubro de 2023
Cartel e Lema das Bibliotecas Escolares 2023 - 2024
Unha Biblioteca Escolar en Viñetas
"Agora a cousa cambiou bastante, pero eu recordo nos meus anos mozos, cando ía á escola, que os libros de texto para os nenos eran unha cousa espantosa, gris, cheos de letras e letras, e sempre pensei que os nenos aprenderían máis, non xa cos meus cómics, senón con calquera dos da miña época.
Eu véxoo cos meus netos: agora os libros dos críos teñen outra vez moitos debuxiños e tal, pero seguen sendo textos para ensinar. E eu creo que lendo simplemente as historietas, os nenos aprenderían moitísimo máis. Non tan só a ler ou a escribir, senón o que é a historia dun país, o que foi ocorrendo".
Francisco Ibañez, entrevista en Jot Down no ano 2017.
Como dicía Francisco Ibáñez na entrevista, a banda deseñada é un xeito diferente e marabilloso de aprender.
Pásate polo Segrel e visita a nosa sección de banda deseñada.
luns, 11 de setembro de 2023
Comezamos!!
Xa estamos en marcha!!!! A nosa Biblioteca volve coma sempre, como o mellor lugar para ler, traballar, estudar ou tomarse un respiriño…UFFFF!!, participar nas nosas actividades, apuntarse o clube de lectura, formar parte do grupo de biblioteca…e non esquenzades a sección de xogos. Xa vedes, unha chea de cousas coñecidas e moitas novidades!!!
Pásate e descubre!!!
AVENTÚRATE!!!!
venres, 26 de maio de 2023
PROPOSTAS LECTURA VERÁN
Estas son as propostas de lectura para este verán feitas polas nosas alumnas voluntarias e algúns alumnos moi lectores:
martes, 16 de maio de 2023
17 de MAIO
Na biblioteca "O Segrel do Penedo" celebramos o día das letras galegas co "Regalízate" (os rapaces debuxan a súa palabra favorita en galego de forma artística) e cunha pequeña exposición de libros de Francisco Fernández del Riego.
martes, 18 de abril de 2023
ABRIL:MES DOS LIBROS
martes, 21 de marzo de 2023
21 de marzo: Día da Poesía
OS VENRES POÉTICOS
A razón desta actividade foi a de animar aos rapaces a ler poesía e ao fomento da lectura en xeral.
Mónica Porto, profesora de Lingua Castelá, foi a facedora e organizadora. E foi realmente un éxito.Cada venres colgaba no tendal unha poesía e deixaba copias na biblioteca para os rapaces. Xunto coa poesía escollida, poñía unha breve biografía do autor/a.Mónica escollía as poesías pero as máis das veces eran escollidas xunto cos seus alumnos/as. Hai poesías en castelá, galego e inglés. O/as autor/as escollidos percorren varios séculos, dende o Século de Ouro ata o presente e os temas van dende as temáticas sociais ata as amorosas pasando polas cómicas. Así puidemos ler poemas de Nicanor Parra, Rainer María Rilke, Luisa Castro, BegoñaM. Rueda, Concha Méndez, Lope de Vega, José Emilio Pacheco, Emily Dickinson, Déborah Vukusic, Francisco de Quevedo, Gabriel Celaya, Rosalía de Castro e Beatriz Gimeno Reinoso.
Esta actividade foi o detonante para propoñer aos rapaces para que escriban as súas propias poesías e así organizamos o I concurso de Poesía O segrel do Penedo e os gañadores deste I concurso de Poesía foron Joel de 2º de BACH e Sara de 4º ESO.
Recuerdos del trovador:
Pido perdón en nombre de mi vulgar idioma;
por no tener palabras que definan
tu porte,
y en nombre de la marea roja aquí
presente,
por pretender imitar el hedor de
tal dama.
Siento haber consagrado cada
rincón del alma
a perseguir entre tormentas
ausente norte,
donde tenaz viento con intensidad
advierte
que en esos mares Sejmet un
desierto reclama.
Miro arrepentido aquellos
requiebros ahora,
el sencillo sonar de guitarras me
amilana,
son reminiscencias de estúpida
ave cantora.
No reclames ya muerto el desdén
piedad alguna:
cuando un roto corazón solitario
llora,
roja gardenia se marchitó al fin
cruel ventana.
¿Dónde te hallas rondador?
¿Ha muerto ya el ansia por el
desvelo?
Se esfumó de ti el amor,
como el alba tiende rosáceo velo.
Fue la noche ignorancia,
que hizo tus dulces notas
despertar.
Fue la pasión fragancia,
iniciadora de un fúnebre cantar.
Qué es el querer sino hipocresía,
que con loca e infantil algarabía
fuerza a ser de falso ideal
arrullador.
Yoel Sanjuán Domínguez (2º BACH)
¡Pirata!
Tartamudeo
al escuchar tu voz
que suena como un ronroneo,
cuando solo estamos los dos.
Y ese sentimiento…
me aterra todo el cuerpo,
con mi frialdad y tu melosidad,
algún día me matarás.
Por qué ahora, a tus pies,
susurrar tu nombre es una sonata
¿de Beethoven? ¿de Vivaldi?
¡No me des tanto la lata!
Pirata, pirata ¡Pirata!
De ti me enamoré,
como de la música
el arte, la mitología y las
tartas.
El motivo, tu cariño, que me
encanta.
Y junto a esta carta
mi corazón canta lo que no tarda.
No me acomodaré en tus labios o
sonrisa,
ya que lo nuestro no es una
simple brisa.
No, lo nuestro será siempre,
la historia de un amor potente.
Sara V. Briceño Parra (4º ESO)
NORABOA!!!!!!!!!
venres, 10 de marzo de 2023
TRABALLANDO PRENSA NA BIBLIOTECA
Cada vez menos a rapazada le prensa. Cos alumnos de 1º ESO estivemos traballando a prensa na biblioteca durante varias sesións.
Expicámoslles a diferenza entre opinión e feito. A importancia de acudir a fontes fiables para contrastar unha nova. Leron novas nas diferentes seccións do periódico. E presentaron unha das novas do periódico respondendo as preguntas de que?, quen?, onde?, cando? e por que?
8 de Marzo. Charla de Susana Ladra
Para conmemora o 8M, Susana Ladra doutora en Informática e profesora na UDC deu unha charla ante alumnos de 8 IES da contorna no Pazo de Narón.
Falou aos rapaces sobre a pegada dixital en Internet, do que saben de nós e do uso que lle dan. Explicoulles o que era o Big Data, deulles algunhas recomendacións para non deixar tanta pegada dixital e animounos a facer o grao de Ciencia de Datos, un grao con moito futuro.
A ponente foi presentada por Alba Rocha, alumna de 2º BACH deste IES.
xoves, 2 de marzo de 2023
I CONCURSO POESÍA “O SEGREL DO PENEDO”
xoves, 23 de febreiro de 2023
23 febreiro, aniversario de Rosalía de Castro
Fixemos cos ESO unha escolma dos libros de Rosalía que temos na biblio, leron os seus poemas, falaron da súa vida e pintaron unhas fermosas caricaturas da poeta.
xoves, 16 de febreiro de 2023
11 FEBREIRO. Día internacional da muller e nena na ciencia
Hoxe estivemos a falar do papel das nenas e mulleres no eido da ciencia cos rapces de 1º ESO.
Fixeron unha escolla de libros onde falaban de científicas; en parellas leron sobre unha delas e despois contáronlle aos compañeiros sobre a científica da que acaban de ler.
mércores, 8 de febreiro de 2023
FEBREIRO NEGRO
A profesora de Lingua Castelá Mónica Mouriz Porto montou esta exposición de novelas e películas de misterio e crimes tanto en galego coma en castelá. Coa axuda dos seus alumnos argallaron a presentación e escolleron o material.
Poden atopar dende os clásicos Agatha Christie, Patricia Highsmith, Raymond Chandler, Edgar Allan Poe, G.H. Chesterton e Arthur Conan Doyle ata os máis modernos Paula Hawkins, Pedro Feijoo, Domingo Villar, Elena Gallego, Manel Loureiro, Lorenzo Silva, Stieg Larson etc.
Está tendo moito éxito entre a rapazada. Ler novelas de misterio é sempre unha boa forma de atraer lectores.