É no gran libro da xeografía galega onde Don Álvaro comenta que baixar pola estrada de Vilacampa ao Valadouro é sentirse como unha folla caída que leva o río. Non é de estrañar que, cando Primitiva T.V.chegou por aí ás San Lucas (since 1.156), se alegrara de ver a atracción da foto.
Amosando publicacións coa etiqueta Viaxes b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Viaxes b>. Amosar todas as publicacións
venres, 22 de outubro de 2010
martes, 30 de marzo de 2010
Un Xeito Distinto de Viaxar !!

E agora que para algúns comezaron as vacacións... e en vista de que nós non imos sair por aí fóra, dende O Segrel, amantes confesos do placer que supón viaxar, esa aventura persoal de coñecer outras terras, outras xentes, outras culturas, e volver impregnados de aromas, sabores, imaxes e sobre todo extraordinarias experiencias que nin queremos nin podemos esquecer, hoxe, imos presentarvos VirtualPlanet 360º un xeito distinto de coñecer mundo...
A través desta páxina podemos facer unha viaxe virtual por distintas cidades de España, Portugal, Francia, Suiza, Italia, Alemaña e Brasil.
Comezade por Galicia, visitaredes máis de 40 pobos e cidades do noso país e despois seguide por calquera outro e xa me diredes que vos parece esta proposta vacacional...
martes, 27 de outubro de 2009
O Club de Lectura do Segrel no Tibet

O pasado luns celebramos a segunda reunión do club de lectura de rapaces e rapazas de ESO, e aínda que con algunha ausencia por mor dun autobús que non pasou pola parada... a xornada dou ben de si.
Hai quince días, na primeira xornada do club, decidimos que o primeiro libro que leríamos este curso sería "Un loto na neve" de Gonzalo Moure un fermosísimo libro que nos levou ata o Tibet!
Se ben esa viaxe non a realizamos físicamente, o noso espíritu sobrevoou o Monte Everest e soubemos do chamado mal de altura, visitamos Lhasa, subimos ao Potala, escoitamos as fermosas cancións dos traballadores e traballadoras durante a súa longa xornada laboral. Coñecemos aos monxes do Mosteiro de Drepung, vimos rezar aos fieis ante o Templo de Jokhang e contemplamos os seus cilindros de oración, algúns deles tan grandes que hai que rodealos. Os hai feitos dos máis diversos materiais e nós temos un de oso de yak, un animal moi apreciado neste país.

Coñecemos algunhas das tradicións do pobo tibetán, comprobamos que fan a sega como na Galiza de non hai tantos anos, vimos mulleres fiando, entramos na imprenta dun mosteiro, admiramos os seus libros de oracións e falamos de Mantras, Thangkas, Mandalas...
E que dicir da súa música! Aprendemos a tocar un cuenco tibetán e escoitamos unha marabillosa canción típica cantada por un rapaz cunha fermosísima voz.
E xa para rematar aprendemos a poñernos un sari, o noso non é vermello porque eses son para as mulleres casadas e nós aínda somo moi novos... Non diredes que mentimos cando vos dixemos que a tarde dera ben de si, no? Pois isto aínda non rematou, na próxima xuntanza seguiremos falando do Tibet, un pobo marabilloso que nos ten roubado o corazón.

Labels:
Club de Lectura,
Dereitos Humanos,
Fomento Lectura,
Fotografía,
Lectura,
Outras Culturas,
Paz,
Tibet,
Tradición,
Valores,
Viaxes,
Vídeo
mércores, 23 de setembro de 2009
O Premio é chegar!
Comezamos o curso cunha charla a cargo de Edgar Vigo e Fátima Ameneiro, antigos alumnos do instituto, e membros do primeiro equipo galego mixto que participou no Mongol Rally Solidario dende o 17 de xullo ata o 24 de agosto, data na que fixeron entrega da axuda á Christina Noble Children's Foundation. Unha experiencia que os levou a cruzar toda Europa e que según as súas propias palabras será imposible de esquecer .
Na súa magnífica e por momentos emocionantísima exposición deixáronnos ben claro que neste rally tan especial, "o premio era chegar" e que tras esta durisima experiencia - física e psicolóxica- non só polos moitos kilómetros que tiveron que percorrer ata acadar a súa meta, "Entregar axuda en Mongolia" senón por todas as persoas que coñeceron e coas que compartiron esta marabillosa vivencia, a súa orden de prioridades mudou completamente.
Durante a súa visita, unha das principais ideas que quixeron transmitirlle ao noso alumnado foi que dende Fene, dende o noso pequeno pobo, podemos facer calquera cousa que queiramos, só temos que propoñérnolo e traballar para acadar a nosa meta, que con esforzo os nosos soños se poden facer realidade.
Moitas grazas Fátima e Edgar, foi un verdadeiro pracer escoitarvos.
Se queredes coñecer todos os detalles desta fantástica viaxe, visitade o seu blog Scratch Galicia.

Inauguración,
Mongolia,
Outras Culturas,
Solidariedade,
Viaxes,
Vídeo
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)