Este
curso, na celebración do “Día da Poesía” acompañounos o noso querido e admirado “Antón Cortizas” quen impartiu un obradoiro
de poesía para o alumnado de 1º de ESO.
Traballamos os Centóns, escribimos acrósticos
e gozamos con marabillosos Haikus. Foi un
marabilloso encontro no que a maxia
da poesía inundou a biblioteca do Segrel
e fixo posible que a rapazada amosase a súa sensibilidade e gosto pola poesía.
Que fermosos acrósticos escribiron algúns deles!.
Cousiñas pequenas.
Anhelos no máis claro luar
Revolven a miña mente
Loitando por ser
contados
Aflorando desexos de
ser narrados.
Jinete que busca o
seu propio mundo
Unha noite sen
estrelas
Loitando contra
sombras
Imaxinando o meu
destino
Afastado da miña
vista
No lugar máis
agochado da miña mente.