xoves, 17 de maio de 2012
Día das Letras Galegas IV
E tras a presentación das actividades, compre amosar ao noso alumnado e profesorado "disfrutando" do Día!!
Graciñas a tod@s pola vosa magnífica participación
Labels:
ALFIN,
Fotos,
Letras Galegas,
Paz Andrade,
Presentación
Día das Letras Galegas III
Dentro das actividades desenvolvidas para a celebración do Día das Letras é xa un clásico a "Xincana Cultural", actividades de busca de información elaboradas por distintos departamentos didácticos, aos que dende aquí amosamos o noso agradecemento: Lingua Galega, Ciencias, Clásicas, Tecnoloxía e Historia.
Xincana 1º e 2º de ESO
Labels:
ALFIN,
Letras Galegas,
Paz Andrade,
Xincana Cultural
Día das Letras Galegas II
No Segrel do Penedo, como ven sendo habitual, o Día das Letras Galegas é un día grande, un día de celebración e este ano esa celebración tivo lugar onte. Este é o noso calendario de actividades:
Velaí tedes a ligazón á Webquest "Paz Andrade: Galeguidade e Empresa" que, como cada ano, elaboramos para esta data. (Entrade como convidados)
E como non, á escolma de poemas que compoñen o libro "Poesías para un Día" que o alumnado de 1º e 2º de ESO debe completar nesta xornada de celebración da nosa cultura e a nosa lingua.
Labels:
ALFIN,
Letras Galegas,
Paz Andrade,
Webquest
Día das Letras Galegas I
Hoxe, 17 de maio, celebramos o quincuaxésima edición do Día das Letras Galegas, pero sabedes "Cando e como xorde a idea?" e "Quenes son as figuras homenaxeades nestes 50 anos?". Máis información sobre a Historia do Día das Letras
Este ano adícaselle á figura de Valentín Paz Andrade, xornalista, poeta, xurista, político, empresario... un home comprometido co seu país. Na páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüística atoparedes unha boa mostra dos materiais elaborados sobre a figura deste insigne Galego.
Imaxe do Primeiro Cartel do Día das Letras Galegas. Fonte RAG
Labels:
Cartel,
Letras Galegas,
Paz Andrade,
Presentación
venres, 4 de maio de 2012
Os Nosos Venres Musicais (LXXIII)
O pasado luns, 30 de abril, celebrouse o "Día Internacional do Jazz".
Esta data foi establecida pola UNESCO durante a súa Conferencia Xeral do pasado mes de novembro como símbolo intercultural e facilitador do entendemento entre os pobos.
Dende O Segrel, imos dedicar este venres musical ao Jazz, o modo de expresión para os que sufriron a escravitude, un verdadeiro símbolo de liberdade.
Labels:
Eric Legnini,
Jazz,
Música,
Vídeos
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)