
Hoxe na Voz de Galicia aparecen catro artigos onde se fala das Bibliotecas Escolares Galegas e o traballo que dende elas están a desenvolver os magníficos profesionais que están ao seu fronte e que fan posible que as nosas Bibes sexan punteiras en todo o estado.
Alégrounos moitísimo ver como dende este diaro se pon en valor a labor que as Bibes Galegas están a facer en prol da lectura e o seu fomento non só entre o alumnado senón entre os distintos membros das nosas comunidades educativas. "Galicia a la cabeza de España en fomento de la lectura Juvenil"
Falase da experiencia dos clubs de lectura, e como exemplo o IES Alexandre Bóveda e Beni, a súa alma mater, das Mochilas Viaxeiras, e como non, do programa Hora de Ler que tantos e tan bos resultados está a dar non só en centros de primaria senón tamén nos de secundaria.
Benigno Nerga, Coordinador da Biblioteca do IES Alexandre Bóveda (Vigo) comenta sobre o club de lectura:
«Este ano pedíronnos unha lista de autores punteiros do século vinte, e elixiron para este trimestre a Steinbeck (La perla), Kafka (La metamorfosis) y Camus (El extranjero)» [...] «Xa lles dixemos que con estes autores acabouse o pesimismo por este curso»
Cristina Novoa, Asesora de Bibliotecas Escolares na Xunta, fala da experiencia do Programa Hora de Ler
«Mellórase o clima do centro , e como se fai normalmente despois do recreo é unha forma de resolver as tensións. Baixan radicalmente os conflictos»
«Nótase tanto que todos os profesores queren ter a súa clase despois da Hora de Ler»
Carmen Mazaira, como responsable do Proxecto Lectura Silenciosa Sostida no CEIP Pardo Bazán (Coruña), expón:
«...es muy saludable porque supone leer sin pedir nada a cambio, solo como ocio, para pasarlo bien»
«A veces vemos que en otros momentos del día, cuando hay un parón, algunos alumnos sacan el libro de su pupitre y se ponen a leer»
Nós, os docentes ao fronte das Bibliotecas Escolares Galegas, sabemos moi ben onde estamos e o papel que dende as Bibes como dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia se está a desenvolver. Unha Asesoria que sempre vai un paso por diante amosándonos o camiño a seguir e cuxo labor é ben coñecido non só no noso país senón fóra del. Máis xa ía sendo hora de que os medios de comunicación se fixeran eco do importantísimo papel que están a desenvolver as Bibliotecas Escolares Galegas dentro do sistema educativo galego.
Dende O Segrel, os nosos parabéns a Cristina Novoa, Carmen Mazaira e Benigno Nerga, magníficos embaixador@s das Bibes Galegas.