Estas xornadas, que terán lugar entre o 3 e o 10 de Novembro, abranguerán unha serie de actos entre os que cabe salientar:
Exposición fotográfica. Coa idea de amosar diferentes facetas do autor que permitan un maior achegamento á súa obra e á súa traxectoria vital.
Inauguración da Biblioteca Escolar “O Segrel do Penedo (Luns, día 5 ás 12.30 horas): A particular homenaxe de toda a nosa comunidade educativa a un poeta comprometido co seu tempo, exemplo do galeguismo e da defensa da nosa lingua e a nosa cultura.
Congreso Xosemaría Pérez Parallé. A sesión inaugural correrá a cargo de Don Isaac Díaz Pardo e a clausura a cargo de D. Xosé Ramón Barreiro Fernández, Presidente da Real Academia Galega.
No transcurso do congreso representarase unha mostra dos quefaceres literarios de Parallé cun cantar de cego, un diálogo dramatizado, un recitado poético ou un roteiro polos lugares de Barallobre ligados ao poeta.
Blogfesquio