Amosando publicacións coa etiqueta Presentación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Presentación. Amosar todas as publicacións

xoves, 3 de xaneiro de 2013

Presentación da Novela Gráfica "Bóveda"

Hoxe, na Asociación Veciñal de Perlío, tivo lugar a presentación da Novela Gráfica Bóveda, un alegato pacifista contra a inxustiza, con texto de María Xesús Arias, de quen xa tivemos ocasión de falar no Segrel con motivo da presentación da publicación "O Cine na comarca de Ferrol", da que é coautora; e debuxos de Carlos Sardiña magnífico ilustrador a quen coñecemos a través desta novela e non pensamos perderlle a pista, encantounos o seu traballo. 

Esta novela enganchounos dende a súa primeira páxina, pode que tamén axudase o feito de que parte dunha realidade que nos é moi familiar, un rapaz que ten que facer un traballo sobre a figura de Alexandre Bóveda e a súa nai e quen lle bota unha man para facer esa pescuda a través de rede e da información que ela mesma lle facilita. Texto e imaxes métennos de cheo na Galiza de Castelao, de Otero Pedraio, de Ramón Cabanillas, no nacionalismo galego e na guerra civil, e cando rematamos a súa lectura xorde a necesidade de saber máis, de informarnos e de comprobar o actual que hoxe en día está a figura de Alexandre Bóveda, un loitador polas liberdades, un dos grandes do noso país.

Dende O Segrel, os nosos parabéns a Pitusa e a Carlos polo seu magnífico traballo e a todos os que fixeron posible que este proxecto sexa unha realidade.


xoves, 17 de maio de 2012

Día das Letras Galegas IV

E tras a presentación das actividades, compre amosar ao noso alumnado e profesorado "disfrutando" do Día!!



Graciñas a tod@s pola vosa magnífica participación

Día das Letras Galegas I

Hoxe, 17 de maio, celebramos o quincuaxésima edición do Día das Letras Galegas, pero sabedes "Cando e como xorde a idea?" e "Quenes son as figuras homenaxeades nestes 50 anos?". Máis información sobre a Historia do Día das Letras

Este ano adícaselle á figura de Valentín Paz Andrade, xornalista, poeta, xurista, político, empresario... un home comprometido co seu país. Na páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüística atoparedes unha boa mostra dos materiais elaborados sobre a figura deste insigne Galego.

Imaxe do Primeiro Cartel do Día das Letras Galegas. Fonte RAG


martes, 23 de novembro de 2010

Educación 2.0 : "A Tecnoloxía Invisible"

Vía Educación Tecnológica chegamos a esta extraordinaria presentación na que Ana Laura Rossaro nos fala de Educación 2.0 e dos cambios que conleva, do "novo paradigma educativo":
  • Cambios na relación co saber
  • Novas formas de aprender e ensinar
  • Cambios na relación pedagóxica
  • Cambios institucionais

luns, 8 de febreiro de 2010

venres, 8 de xaneiro de 2010

Tic-Tac de Kalandraka


O pasado sábado día 2, acudimos á Galería Sargadelos de Ferrol para asistir á presentación de Tic-Tac, o libro disco que a editorial Kalandraka acaba de sacar ao mercado.


Durante unha hora os máis pequechos disfrutaron escoitando historias como "Un, dous, tres, que ves?", "O poliño da abeleira", "Chibos, chibóns", "Crocodrilo se namora" e por suposto cantando e bailando as cancións de Tic-Tac co seu autor Pablo Díaz. Ademais de aprender como Marc Taeger fixo as ilustracións usando a técnica do linogravado.


Velaí tedes como o pasaron, bueno, como o pasamos!!


Un xeito fantástico de comezar o ano, con libros, lecturas, música... toda unha festa!!

No blog K, outra crónica da xornada

mércores, 25 de novembro de 2009

25N: Contra a Violencia de Xénero (III)

Tod@s Contra a Violencia de Xénero

Dende A Ponte Vella "Ningunha Muller Vale Menos Ca Mín"


xoves, 29 de outubro de 2009

Presentación de "Sol de Inverno"

Onte, BlogFesquío e O Segrel, xunto cun bo número de lectores e lectoras, asistimos á presentación de Sol de inverno de Rosa Aneiros na Galería Sargadelos de Ferrol. Unha presentación na que a autora estaba acompañada por Manuel Bragado, director de xerais, que falou de Rosa Aneiros como "unha escritora excelente" e de Sol de Inverno como "a mellor obra de todos os premios xerais". Con eles, unha das cinco persoas escolleitas pola editorial entre lectores e lectoras para formar o xurado do premio e a quen a autora lle pediu que fixera a presentación.

Unha presentación na que, baixo a forma dunha entrevista, Rosa falou das personaxes da súa novela, das que confesou que "todas teñen algo do que aprendín", de Ludivina dixo ser "pola que sentía debilidade", de Inverno "a quen nunca deixei ser feliz porque non me cadraba" , falounos da súa permanente construción da derrotada, da súa historia de perdas e prequenas vitorias que se nega a ver. Falou tamén da recreación do espazo, da importancia da memoria e da identidade, de xogos, trampas... "Toda realidade é un xogo, un xogo de palabras que acaba cadrando", para rematar afirmando que para ela "a literatura é xogar coas túas propias espectativas, pero sobre todo coas dos lectores"

Ao remate, e cando nos acercamos para que nos asinara o noso exemplar de Sol de inverno, non puidemos deixar de confesarlle que disfrutabamos coa lectura dos seus libros, pero que nos encantaba escoitala dende aquela primeira ocasión nas pasadas Xornadas de Clubs de Lectura.

E como non podía ser menos, xa organizamos un encontro cos membros dos clubs de lectura do Fernando Esquío e do Segrel con esta fantástica escritora de Ferrolterra para a vindeira primaveira na Casa da Cultura de Neda.


sábado, 9 de maio de 2009

Presentación do "Dicionario de Escritores de Deza"

Onte, asistimos, no Museo Ramón María Aller Ulloa de Lalín, á presentación do "Dicionario de Escritores de Deza" obra da nosa amiga Gracia Santorum.

Xuntámonos un bo grupo de amigos e amigas que disfrutamos coas palabras de Mario Pereira, autor do limiar, nos emocionamos coas de Gracia, rimos e moito con Celso Fernández Sanmartín un fantástico contacontos e non esquecemos a Diego Rojo que acompañou o acto coa fermosísima música do seu laud.

Disfrutamos porque ela disfrutou, era o seu día e aínda que os nervos non deixaron de facer acto de presenza temos que dicir que non se notaron nada. A "autora" móvese por este terreo como peixe na auga, é o seu, falar de libros, de lecturas, de bibliotecas escolares e como non, tamén se falou de blogs.

Benquerida Gracia felicidades e dende O Segrel desexámosche unha longa e prolífica carreira.

E como en todas as nosas celebracións, xa sabedes... non podía faltar a reportaxe gráfica. Desculpade a calidade, pero nesta ocasión, e dado o emotivo do momento, non nos movimos da nosa cadeira.



A noticia na prensa:
La Voz de Galicia
Entrevista a Gracia Santorum

xoves, 26 de febreiro de 2009

A Libraría Lello: A Mellor Libraría do Mundo

Hoxe, e grazas á nosa amiga Rosana que nos fixo chegar unha fermosísima presentación, imos comezar cunha serie de entradas dedicadas a esas librarías e bibliotecas, verdadeiras obras de arte, que hai polo mundo.

Nesta ocasión comezaremos coa Libraría Ernesto Chadron en Porto unha das librarías máis fermosas do mundo que foi restaurada en 1994 polo arquitecto Vasco Morais Soares quen respectou elementos orixinais especialmente a súa marabillosa fachada neogótica. Esta libraría foi refundada como libraría Lello & Irmao en homenaxe aos seus libreiros.

Unha libraría que conta cun extraordinario fondo bibliográfico e distintas seccións merecendo especial mención, polo seu gran valor, a dedicada a fondo antigo, ademáis dunha galería de arte permanente.

Nesta ocasión, a presentación orixinal, e grazas a unha nova ferramenta, o Ispring Converter, conseguimos subila ao Slideboom mantendo a súa música orixinal, o fado "Lisboa menina e moça" cantado por Carlos do Carmo.

Que a disfrutedes!!



Unha marabilla, non si?

Pois aínda non o víchedes todo. Entrade aquí e disfrutaredes dunha visita panorámica virtual no interior desta fantástica libraría.

luns, 30 de xuño de 2008

III Encontro Edublogs

III Encontro Edublogs

3, 4 e 5 de Xullo

Facultade de CC da Educación da USC



Deíxovos aquí o programa, para que lle botedes unha ollada...

Vémonos alí !!!!
Related Posts with Thumbnails