
"O Segrel do Penedo"
Boas festas!!
Blog da Biblioteca do IES de Fene
Na primeira xuntanza, hai xa un mes, eliximos como primeiro libro "El alma del bosque", pero por problemas coa distribución, e despois de esperar moitos días, decidimos comezar polo que quedara en segundo lugar "Cando petan na porta pola noite" de Xabier P. Docampo. Non estabamos dispostos a esperar ata o próximo ano...
Decidimos dividir cada sesión en dúas partes.
Na primeira, falaremos sobre a novela elixida, que por certo esta primeira xornada foi toda unha experiencia. Os comentarios tan acertados dos rapaces, as súas ganas de participar, o xeito de escoitar o que os outros tiñan que dicir... Como se notaba que o que estabamos a facer os tiña engaiolados!!
Durante a segunda parte traballaremos coas novas tecnoloxías. Hoxe xa fixemos comentarios no blog do Club de lectura e estreamos O Blog dos Segreis, un blog que nace coa idea de ser un punto de encontro para o noso alumnado no que poder facer os seus comentarios, as súas suxestións de lectura, cine, música... Un espazo para debater, compartir, colaborar, en definitiva, para aprender. E tanto que aprenderon!!
Algúns deles xa fixeron as súas suxestións de lectura. Todas as entradas son obra súa... Que xeito de aprender!!! Nun momento xa sabían baixar imaxes, enlazar páxinas, modificar cores, textos, etiquetar os posts... Cando nos dimos de conta xa rematara a tarde.... meu deus, a piques estiveron de perder o autobús!!!
Canto disfrutamos falando de contos, de libros... Fixemos planes para o ano que ven!! O primeiro día que nos xuntemos, o luns 14, traeremos cada un de nós un conto que contaremos ao resto. Haberá que falar con avós, pais, veciños... e ver que atopamos. "Se son de medo, teremos que ambientar a biblioteca" foi unha das súas propostas. Así o faremos.
Rapaces, o próximo ano teremos algunha historia que contar!!!
Este curso, e como ven sendo habitual, a formación de usuarios realizouse durante o mes de novembro.
Para os grupos de 2º, 3º e 4º de ESO levouse a cabo en dúas sesións, unha na biblioteca e outra nunha das aulas de informática. No caso dos grupos de 1º de ESO, esta formación completouse coa visita á Biblioteca Municipal e ao Museo do Humor de Fene.
Xaquín Marín, director do Museo, recibiunos á chegada da Casa da Cultura. Alí, dividímonos en dous grupos para facilitar as actividades a desenvolver.
O encargado de dirixir a visita a través do Museo foi o mesmo Xaquín Marín, todo un luxo engadido. Explicounos, entre outras cousas, algunhas das características dos debuxos chineses, como son os matices nas cores, a fraxilidade do papel de arroz que utilizan algúns debuxantes…
Sonia, a bibliotecaria municipal, e que xa coñecía moi ben a algúns dos nosos rapaces e rapazas, usuarios habituais, falounos da organización e funcionamento da biblioteca. Algúns dos rapaces aproveitaron para sacar o seu carnet ese día.
A segunda parte desta formación, levarémola a cabo durante o segundo trimestre con distintos xogos, concursos e actividades, cos que poñeremos en práctica todo o aprendido. Xa volo contaremos!!
BOB DYLAN “HURRICANE”
Esta semana, imos dedicarlle os nosos venres musicais a unha canción, e non, como é habitual, a un grupo ou a un cantante. E imos facelo polo que a canción Hurricane de Bob Dylan, supón na loita en prol dos Dereitos Humanos.
A canción baséase na historia real do boxeador negro Rubin “Hurricane” Carter, que pasou na cadea 19 anos acusado dun crime que non cometeu, xusto antes de pelexar polo título mundial. Dylan protesta ante unha xustiza cruel. Acompáñano o violín de Scarlett Rivera e a guitarra de Eric Clapton.
Non esquezamos que a defensa dos Dereitos Humanos debe ser unha loita cotiá, na que non podemos nen debemos baixar a garda.
(Grazas Marina e David polo voso magnífico traballo)
MANU CHAO "CLANDESTINO"
Pasou o día Universal dos Dereitos Humanos, pero non o que ese día supón de loita, de reivindicación, de denuncia de tantas violacións deses dereitos. Non o esquezamos, dependen de todos nós!!
"La violencia es el último recurso del incompetente". (Isaac Asimov)
"Ojo por ojo, y el mundo acabará ciego". (Gandhi)
"La violencia es el miedo a los ideales de los demás". (Gandhi)
"No hay camino para la paz, la paz es el camino". (Gandhi)
"No hay más calma que la engendrada por la razón". (Séneca)"La verdad no está de parte de quién más grite". (Rabindranath Tagore)
"El racismo ha sido históricamente una bandera para justificar las empresas de expansión, conquista, colonización y dominación y ha marchado de la mano de la intolerancia, la injusticia y la violencia". (Rigoberta Menchú)
"Los derechos humanos son sus derechos. Tómenlos, defiéndanlos, promuévanlos, entiéndanlos e insistan en ellos. Nútranlos y enriquézcanlos... Son lo mejor de nosotros. Denles vida". (Kofi Annan)
"Toda sociedade que pretenda asegurar aos homes a liberdade, debe comezar por garantirlles a existencia". (León Blum)
"Mentres a maioría dos homes non sexa libre, non se pode concibir ao home libre". (Henri-Frédéric Amaniel)
"Descubrir aos outros é descubrir unha relación, non unha barreira". (Claude Lévy-Strauss)
"A liberdade non é máis que a oportunidade de ser mellor". (Albert Camus)
Esta semana os membros do GBI (Grupo de Bibliotecas Interdisciplinar Intercentros – A Nosa Biblioteca, Biblioafonso e O Segrel do Penedo) decidimos iniciar unha andaina que nos levará polas bibliotecas escolares galegas. Queremos coñecelas in situ, e presentárvolas a través dos nosos blogs. Unha experiencia máis do traballo colaborativo que tanto nos gusta e que esperamos nos sirva para aprender moitísimo das vosas experiencias e do voso bo facer.
Este roteiro comezou polo CEIP Milladoiro de Malpica, unha das catro bibliotecas galegas que conseguiron un dos premios de Boas Prácticas do MEC, aínda que non foi este o motivo que nos levou alí, senón a amizade que nos une con Olga a coordinadora da biblioteca. Olga Rodríguez, unha das "históricas" das bibliotecas escolares galegas, que leva ao fronte desta biblioteca moitísimos anos, é unha das artífices deste merecidísimo premio.
Chegamos a Malpica ás dúas da tarde do xoves 28 de novembro, un día frío pero no que lucía un sol radiante. A nosa anfitriona recolleunos e levounos a comer. A conversa sempre moi interesante, botamos unhas risas, pero queríamos ir á biblio.
Unha vez alí, recorremos todos e cada un dos seus recunchos, que ten varios, todos eles moi acolledores, pero se tivéramos que escoller un só, este sería o da lectura. Dous sillóns ao carón dunha mesa camilla cun precioso atril en forma de rá. Un recuncho que invita a sentarse e disfrutar coa lectura dun bo libro, como "Corre, corre cabaciña" ou "Chocolata".
Pero se o que nos piden é que elixamos un dos libros dos seus fondos, sen lugar a dúbidas ese libro estaría na sección de creación propia, e de todos os que alí hai nos quedamos co Diccionario de Palabras Bonitas. Canto disfrutamos lendo algunhas das súas entradas! Un traballo excelente!
Foi unha experiencia inesquecible. Coñecimos a Mari Carmen e a Laura membros do equipo da biblioteca , a Maria , a José Manuel Villar, a Jesús, a Lino e a Carmen compoñentes todos eles do GT do blog. O profe "aproveitou" moi ben o tempo e tamén nesta visita falou de blogs e por suposto do blog desta biblioteca. Aos dous días de estar alí saíron á blogosfera!!
Queredes saber como rematamos a tarde? Pois como non podía ser menos, nunha cafetería de Malpica, frente ao porto e falando de bibliotecas, de libros, de proxectos de futuro.... Que máis se pode pedir?
Grazas Olga por unha xornada tan fantástica e parabéns a todos e todas os que facedes posible unha biblioteca con tanta maxia. Encantounos!!
OS CENTROS DE ENSINO,
@S DOCENTES...
DICIMOS
NON Á VIOLENCIA!!!
Nessun Dorma
Riba, o gato que soñaba con ser pianista
O mundo dos soños!!
Nos teus brazos
Hai cousas que nin o destino pode impedir!!
Non vos perdades o incrible traballo que realiza este artista cun bisturí e moitísima paciencia!!
Se queredes ver máis:
Bryan Dettmer Book Autopsies
Aron Packer Gallery
A Biblioteca encheuse de autoridades!! Esas foron as palabras dunha alumna ao chegar á casa. E tiña razón, estiveron connosco:
O Alcalde de Fene, Iván Puentes, antigo alumno do centro e que lembrou os seus anos de estudante. Que ben falou e con canto sentimento e que claro ten o que debe ser unha biblioteca escolar!! Rematou a súa intervención cun desexo que compartimos, que a colaboración do Concello e o IES de Fene sexa fructífera!!
O Subdirector Xeral, Carlos Encisa a quen sempre agradeceremos as súas palabras tan agarimosas. Estábamos abraiados!! E lanzámoslle unha “indirecta” que dixo recoller.
O Concelleiro de Cultura e Ensino, tamén antigo alumno.
A Concelleira de Xuventude, ocio e deporte, Mª Carmen Silvar, membro do Consello Escolar.
O Concelleiro de Facenda, Manuel López.
A Bibliotecaria e Arquiveira Municipal, Mar Fontenla, membro da Comisión da Biblioteca no Consello Escolar.A nosa inspectora, Berta.
O Delegado Provincial, José Manuel Mouriz, que, en nome da Conselleira de Educación, inaugurou a nosa biblioteca. Que orgullosos estabamos vendo a un compañeiro (é membro do noso claustro) e amigo facer os honores!.
Tamén estiveron connosco a viúva e os fillos de D. Xosemaría Pérez Parallé “O Segrel do Penedo”. O seu fillo, Francisco Pérez Porto, un recoñecedísimo ceramista agasallounos cunha fermosísima placa para a nosa biblioteca. Que honrados nos sentimos coa súa presenza!!
Todos eles asinaron no que para nós é o “Libro de Ouro do Segrel”, pois nel quedarán recollidos os pensamentos, os sentimentos e as emocións de todos os amigos e amigas que veñan compartir connosco un tempo de lectura, de conversa, de aprendizaxe, de diversión, neste noso Punto de Encontro.
Despois dunha longa andaina, non sempre doada, finalmente chegou o gran día.
Un día moi especial para tod@s os que durante anos traballamos arreo para conseguir a biblioteca escolar da que hoxe tan orgullosos nos sentimos.
Pero quen son eses “tod@s”?
Un xefe de estudos, Antonio Martínez, (hoxe Vicedirector do IES Afonso X de Cambre), que aló polo ano... (meu deus, foi no século pasado!!) e concienciado da labor que unha biblioteca escolar debía desempeñar nun centro de ensino nos propuxo o gran reto, converter aquel almacén de libros nunha verdadeira biblioteca escolar. (Canto lle temos que agradecer!!)
Tod@s os coordinador@s que pasaron por ela: Margarita Suárez, Juan Pablo Patiño, Josefa Seoane, Miguel Anxo Romero e Inma Rodríguez. Recoñecendo o seu traballo recoñecemos o traballo de todos e cada un dos profesor@s que pasaron polo noso claustro que co seu esforzo, a súa dedicación e as súas críticas, das que tamén sacamos sempre o positivo, fixeron posible o que hoxe en día é a nosa biblioteca escolar.
Todos os equipos de apoio da biblioteca. Este curso forman parte del Mª Carmen Arnoso, Begoña Fernández, Malena Mejuto, Alexandre Ripoll, Inma Rodríguez, Sabela Vázquez e Xoán Vázquez.
Todos os equipos directivos que sempre e sen excepción apoiaron, impulsaron e fomentaron o traballo por e dende a biblioteca escolar.
O persoal de administración e servizos co seu traballo e a súa profesionalidade.
Os Plambeir@s dos que tanto aprendemos e a quen tanto temos que agradecer e que onte estiveron tan ben representados na nosa celebración. Alí estiveron para arrouparnos Antonio Alonso, Concha Costas, Gracia Santorum e Toño Martínez.
Pero non foron só eles os que estiveron connosco, Marina Engroba, Dores Fernández, Anxo Fernández, Olga Rodríguez, Charo Sánchez, Juana Vázquez... tamén estiveron alí, senón fisicamente, si o fixeron co seu cariño e o seu ánimo, que boa falla nos facía!!
As nosas “xefas”, como ían faltar? Elas sempre están ai, e de que xeito!!
E como non, os protagonistas principais da xornada, o noso alumnado.
A celebración rematou, como non podía ser doutro xeito, cun recital de poemas de Pérez Parallé a cargo de alumn@s de 1º, 2º e 3º de ESO, e un cantar de cego no que se narraba a vida do Segrel.
Parabéns rapaces e rapazas!!