xoves, 20 de novembro de 2008

Os Nosos Venres Musicais (XXIV)

AMISTADES PELIGROSAS: "QUÍTAME ESE VELO"


SHANIA TWAIN: "BLACK EYES, BLUE TEARS"

AMARAL: "SALIR CORRIENDO"


ISMAEL SERRANO: "CAPERUCITA"

BASTA XA!!
MÁIS DE 60 VÍTIMAS NO QUE VAI DE ANO. ATA CANDO?

Os Dereitos d@s Nen@s




Algunhas ligazóns de interese:

Defensor do Menor

ACPI

Protégelos

Intermón Oxfam

Declaración Dereitos dos Nenos

Derechos de los Niños

venres, 14 de novembro de 2008

As Regueifas en "Radio Barullo"

Hoxe, e dentro do programa de actividades sobre a Literatura de Tradición Oral, temos en Radio Barullo a dous dos mellores regueifeiros do panorama cultural de Galicia, Benito Lobariñas e Josiño da Teixeira.

Por fin xa estamos a Venres
un día moi musical
pola semana que estamos
imos todos regueifar!!


Imos todos regueifar
vaia coa papeleta
esto seique me enganchou
tanto como a biblioteca!!



“O NAUTILUS E O SEGREL”
O Nautilus e O Segrel
disque xa che son parella
eu non o podo crer
eles son xente moi seria.

E se son xente moi seria
que terá iso que ver
para ser unha parella
teñense que ben querer.

Se o de quererse ben
é o que estes necesitan
eu diso podo dar fé
polo moito que se bican.

Polo moito que se bican
non irán cambiar de estado?
O amor seique non dura
toda vez que tes casado

Pero logo que parella
é da que estás ti a falar?
Eu falei dunha parella
que lles gusta regueifar!

Se lles gusta regueifar
deberán ir practicando
os Plambeiros quererán
a estes dous xa actuando.

A estes dous eu actuando
mira que me custa ver
porque disque esta parella
iso non o levan ben…

martes, 11 de novembro de 2008

"O Xordo e O Caco" en O Segrel do Penedo

Hoxe, no IES de Fene, alumnado de 3º e 4º de ESO e de Adultos, profesorado e unha nai (non viñeron máis...) disfrutamos de dous fantásticos obradoiros con Benito Lobariñas e Josiño da Teixeira, ou o que é o mesmo con "O Xordo e o Caco", dous excelentes regueifeiros que fixeron posible que as musas andiveran por O Segrel do Penedo facendo das súas.

Dende as catro e media da tarde ata as oito da noite (que rápido pasou o tempo!) sairon regueifas que falaban de profes, rapaces, de Fene, a favor e en contra do botellón e ata nos presentamos regueifando.

Cantas risas, canta diversión e canto nos aprenderon. Faláronnos do pasado o presente e o futuro da Regueifa, da súa estrutura, dos distintos tipos de Regueifa... Saímos con moitísimas ideas... concursos, unidades didácticas e volvemos á casa sen deixar de regueifar.

E para que vexades que vimos coa lección moi ben aprendida, aquí vos deixo unha Regueifa que fala, como non, da nosa teima "AS BIBLIOTECAS ESCOLARES" e que espero vos inspire e vos anime a continuala, sería todo un detalle pola vosa parte...

Ánimo compas, que estamos na Semana da Literatura de Tradición Oral!!!

REGUEIFA DAS BIBES

O Benito e o Josiño
se lles faia a inspiración
falarán de bibliotecas
ai teñen un bo filón.

Regueifando as bibliotecas
lembrarán as direccións
non esqueceran aos claustros
veredes canta tensión.

Esta tensión da que falo
a causa a administración
o traballo que facemos
non nos recoñecen non.

Antes dicían "coordina"
seique agora "dinamiza"
se aparecemos no ROC
será pa axudar na misa.

E aquí deixo esta Regueifa
non a quero rematar
os compas das outras "Bibes"
teranna que continuar...


Deixovos unha mini-reportaxe de parte do que aconteceu en "O Segrel do Penedo"



Pero como podedes imaxinar, aquí non remata esta fantástica xornada...
O vindeiro venres, Benito Lobariñas e Josiño da Teixeira en Radio Barullo!!!

E ademáis... Programa de Actividades sobre a Literatura de Tradición Oral
Martes 11 de novembro: Regueifando con "O Xordo e O Caco"
Martes 02 de decembro: Tradición oral con "Antón Castro"
Martes 09 de decembro: Lendas con "Antonio Reigosa"

Non vos parece un programa fantástico para reivindicar a forza da oralidade?

domingo, 9 de novembro de 2008

Cuarto Aniversario de ANB

FELICIDADES ANB!!!

Hoxe ANB, (que ben lle queda ese nome, non si? Acaso non é A Nosa Biblioteca, a Biblioteca Virtual de todos e todas nós?) o noso blogue de referencia, o noso PROFE, MESTRE, MAGO, AMIGO... e moitísimo máis cumple catro anos na blogosfera.

Chegado este día non podemos deixalo pasar sen agradecerlle a ANTONIO ALONSO, e non só nós, senón TODAS AS BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS, a esas máns que nos levan pola Web 2.0 e máis aló, por ternos sacado ao exterior, porque grazas á súa xenerosidade sen límites, á súa paciencia e ao seu bo facer, hoxe, 9 de novembro de 2008, OS BLOGUES DAS BIBES GALEGAS son xa un referente.

FELICIDADES E QUE SEXAN MOITOS MÁIS!!!

Tamén en:
Biblioafonso
Iniciarte

mércores, 5 de novembro de 2008

When Dreams Come True!!

Ou de Cando os Soños se Converten en Realidade!!!!

Un dos nosos obxectivos: FORMAR CIDADÁNS CRÍTICOS!!!

Como cambian os tempos

Vai ser que Marina ten razón...





e que o soño americano é verdade.

venres, 31 de outubro de 2008

Os Nosos Venres Musicais (XXIII)

Velaquí un clásico.


xoves, 30 de outubro de 2008

De morte natural

“Como palmar en el monte” é un dos títulos da colección de manuais de excursionismo e sendeirismo da editorial Desnivel. Quizá pensedes que non vos interesa o tema, pero aconsellámosvos que lles botedes unha ollada. Sempre pode xurdir a necesidade.
O libro que reseñamos trata das cen maneiras máis atractivas de morrer ao aire libre. Desde aquí, queremos contribuír a esta bonita iniciativa cos vídeos de dous lugares, tamén moi bonitos, e nos que é facilísimo morrer de morte natural.
Empezamos indo a un típico lugar turístico de Noruega, unha rapaza contemplando a paisaxe, a música de Tchaikovsky, todo moi relaxante....

Agora achegámonos a Málaga. Imos ao Camino del Rey. Agarrádevos á mesa se tedes vértigo!!!


E que decides dos obreiros que o fixeron a principios do século XX?

luns, 27 de outubro de 2008

Inauguración da Biblioteca do CEIP de Pazos

Hoxe inaugurouse a Biblioteca do CEIP de Pazos e O Segrel do Penedo estivo alí.


Foi un acto ben fermoso no que Chispa tivo o seu momento máxico, cando ante autoridades, rapaces, profes, pais, nais, e amigos, e a través dunha carta que leu Rosana, agradeceu a cantos fixeron posible a chegada deste gran dia.

Outro dos momentos máis fermosos foi cando dous alumnos de 6º de primaria, contaron o que para eles era a Biblioteca. Alberto falou da biblioteca como un lugar para ler e relaxarse e Nerea dixo que era un dos seus sitios preferidos porque alí estaba rodeada de Maxia, os Libros!!

E chegou o momento de Antón Cortizas que nos contou para que servía un libro, e a pesar da insistencia dos máis pequenos que non paraban de dicir que para ler, el, empeñábase en dicir que servía para sentarse, para agocharse da choiva, para defendérmonos…, pero sobre todo PARA SOÑAR por iso as bibliotecas deberían chamarse “SOÑOTECAS”. Fermoso, non si?

Parabéns a Rosana e a toda a comunidade educativa do CEIP de Pazos por esta fermosísima biblioteca, un espazo máxico cheo de ilusións e proxectos que desexamos poder seguir compartindo

Para “O Segrel” foi un verdadeiro pracer celebrar con todos vós este gran día.


Boa travesía e mellores lecturas!!

venres, 24 de outubro de 2008

Os Nosos Venres Musicais (XXII)

Esta semana queremos ofrecer a nosa pequena homenaxe a todas esas mulleres e homes (aínda que nunha porcentaxe moito menor), que se enfrontan con forza, con moitísima forza, ao cancro da mama ou de calquera outro tipo.

Para tod@s vós, para tí Rosa, miña benquerida amiga, e para todos os que están ao voso carón dándovos apoio, forza, cariño, moitísimo cariño ... este marabilloso vídeo de Luz Casal.

"Se Feliz" é unha fermosísima cancion chea de optimismo que compuxo durante a súa loita contra un cancro de mama





A batalla pode ser moi dura, o inimigo terrible, pero non invincible!!!

24 de Outubro: Día da Biblioteca

Hoxe, 24 de outubro conmemórase o Día da Biblioteca. Este ano, a celebración terá lugar en Santiago de Compostela. Durante este acto presentarase o cartel conmemorativo, obra de Xosé Cobas Gómez e lerá o pregón o recén galardoado Agustín Fernández Paz.



Fragmento do pregón:

ONDE HAI UNHA BIBLIOTECA HAI UNHA LUZ

(...) os libros posúen a insólita capacidade de revivir e reinventarse en cada nova lectura.

Todas as persoas necesitamos as historias, os soños, as palabras (...)

Sabemos que non poderíamos vivir sen o alento da imaxinación e a creatividade, sen as palabras que expresan a variedade e a beleza dos nosos desexos e os noso sentimentos.

Por todo iso, abramos os libros. Eles conteñen os soños, as paixóns, os medos, os amores, as risas. Nas súas páxinas habita a inmensa variedade de sentimentos e experiencias da humanidade, das persoas que viven agora en calquera lugar do mundo e das que desapareceron hai moitos anos. Os libros: ríos de palabras que se nos ofrecen con xenerosidade para axudarnos a parender o oficio de vivir, para cambiarnos a vida e implicármonos na transformación do mundo.

FELIZ DÍA DA BIBLIOTECA!!

xoves, 23 de outubro de 2008

Agustín Fernández Paz: Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil

Hoxe, a través da Asesoría de Bibliotecas Escolares, coñecimos a marabillosa noticia da concesión do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2008 a Agustín Fernández Paz pola súa novela "O único que queda é o amor"

O curso pasado disfrutamos da súa presenza no noso instituto, nun "Encontro" que en palabras dos alí presentes, alumnado e profesorado, será imposible de esquecer.

Agustín transmitiunos o seu amor polos libros, pola lectura, pola escritura...

E ao remate desa visita, asinounos moitos exemplares das súas obras, entre elas, como non, a nosa favorita "O único que queda é o amor".


Durante esa visita tamén estivo presente Radio Barullo. E que mellor ocasión que esta para probar unha nova ferramenta que nos achegou, como é habitual, o Capitán K.



(Vía ANB) Grazas Capitán!!

Obras de Agustín Fernández Paz nos fondos da nosa biblioteca.

Dende "O Segrel do Penedo", e en nome de todos os membros da nosa comunidade educativa, queremos amosar a nosa inmensa ledicia pola concesión deste merecidísimo premio ao noso querido e admirado Agustín Fernández Paz.

PARABENS!!!

mércores, 22 de outubro de 2008

OHIULARI CLAWN EN RADIO BARULLO !!

Hoxe Radio Barullo, a nosa Radio Escolar, recolle unha pequena mostra das "conclusións" dos II Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia.

Unhas "conclusións" que fixeron que a práctica totalidade dos asistentes non nos movéramos dos nosos asientos ata que esta "fantástica mestra" abandonou o escenario.

Perdoade a mala calidade dos videos, pero aínda así, merece a pena que os disfrutedes.


martes, 21 de outubro de 2008

II Encontros Bibliotecas Escolares de Galicia

O pasado fin de semana celebráronse en Santiago os II Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia baixo o lema "Bibliotecas para ler e aprender"

Un fantástico programa para dous días intensos nos que se falou de lectura, de ALFIN, de proxectos documentais, da integración das TICs, do traballo coas familias, de materiais, ... en definitiva de Bibliotecas Escolares.

Sentímonos orgullosísimos do magnífico traballo que se está a realizar nas Bibes Galegas.

Dixéronse cousas moi interesantes, moi emocionantes e como non, cousas moi divertidas.

"A conquista de espazos para a Biblioteca Escolar é unha labor de Pioneiros"
"A selección de materiais en todos os soportes, tórnase unha actuación necesaria, delicada e inevitable"
"A Biblioteca Escolar coordinará, xestionará... asumirá a provisión dos documentos necesarios para garantizar o itinerario de lectura planificado polo centro educativo"

"Preocúpame a soidade das Bibliotecas Escolares"

"A primeira Biblioteca que coñecín na miña vida foi a miña nai e a súa capacidade máxica de crear historias"
"O vicio da lectura é incurable. Só nos pode curar o seu exercizo, como vivir e amar"
"Libro e Lectura deben escribirse con L de Liberdade"
"Ler é desexar que un libro non remate nunca"

"Queríamos ter a mellor biblioteca do mundo en Vide"
"A Biblioteca como lugar recoñecido, recoñecible e usado"

E que me decides de "Magister vs. Minister"? (Sen comentarios!!)

Aquí vos deixamos unha pequena reportaxe gráfica, de parte do que alí aconteceu.


Reportaxe Gráfica dos GBI

Parabén Pilar e Cristina polo voso sempre magnífico traballo!!

venres, 17 de outubro de 2008

Os Nosos Venres Musicais (XXI)

Hai que ver como cambiou este país. Hai corenta anos tiñamos cancións que falaban de emigrantes. Velaquí ao maestro Antonio Molina....



Na actualidade cántaselles aos inmigrantes: Lamary de Chambao....



Cancións de época, a que si?

xoves, 16 de outubro de 2008

Unha nova cantiga medieval

Leocadia García, sobriña neta de Tristán García (o de Isolda, claro), é unha xove filóloga que convocou esta semana unha rolda de prensa en Santiago para informar do achado dunha cantiga medieval que pode confirmar a existencia do Rei Cintolo.
Esta cantiga, da autoría dun tal Clodio do Rego Cavado e datada no século XII, estaba escondida nun pergamiño conservado no Arquivo Secreto do Vaticano. Relata os amores dunha dama que fará por ver, na feira de As San Lucas, ao seu cabaleiro que vivía en Argomoso, a poucos quilómetros de Mondoñedo e onde se encontra a Cova do Rei Cintolo. Esta cavidade natural sempre foi obxecto de lendas, pero esta é a primeira proba de que nese lugar existiu unha corte real.

A continuación ofrecémosvos as estrofas recuperadas:

A Mondoñedo m´irei á feira,
a encontralo daquela maneira.
Ai madre,d´ alí d´Argomoso
ha vir meu amigo ben fermoso.

Á San Lucas mahá irei,
e ao meu senhor por ver farei.
Ai madre,d´ alí d’ Argomoso
ha vir meu amigo ben fermoso.

Por moito que me faz rogar,
so penso en con el me casar.
Ai madre,d´ alí d´ Argomoso
ha vir meu amigo ben fermoso.


Recordade que esta fin de semana son As San Lucas en Mondoñedo, a feira máis antiga do reino.

luns, 13 de outubro de 2008

O pai do alcalde

Un fermoso post no blog de Iván Puentes lévame a pensar na poesía ou no trascendente que se esconde nas pequenas cousas do día a día. O ser humano é capaz de atopar beleza en detalles insignificantes ou en circunstancias tráxicas. Por uns momentos somos conscientes de que o máis importante nesta vida é querernos.
Empezamos a semana dedicándolle a Iván as secuencias de dúas pelis nas que o protagonista é un pai e nas que a mensaxe de fondo ten moito que ver co que lle pasou.




venres, 10 de outubro de 2008

Os Nosos Venres Musicais (XX)

Vas a pasar toda a fin de semana diante do ordenador?

Espabila, sal da casa e baila!!!!!!!!!!!!!

mércores, 8 de outubro de 2008

Unha ilustre recomendación

O que son as cousas. Recibimos, no mesmo día, cadanseu correo dos ilustres científicos o profesor Tornasol e o profesor Bacterio. (É incríbel que estes dous aínda non se mataran cos seus experimentos.)


Ambos se confesan visitantes habituais dos blogs da bibliotecas escolares e queren aproveitar que estes días están concedéndose os premios Nobel para recomendarnos un blog de ciencia e tecnoloxía: http://www.microsiervos.com/

Moitas grazas, profesores.

martes, 7 de outubro de 2008

Roteiro polas Bibliotecas Escolares (VII): Escola Unitaria de Vide

Hoxe comezamos os nosos Roteiros polas Bibliotecas Escolares Galegas na Escola Unitaria de Vide. E aínda que Toño, un dos membros fundamentais do GBI, non puido vir (disque está nas Canarias por motivos laborais!!) a compañía non puido ser mellor. Nesta ocasión pasamos de tres a cinco e connosco estiveron Beni, Carmela e Gina.

Sobre a unha e media do mediodía, nun marabilloso día de sol, chegamos a "As Neves" (O Sol do Condado) onde nos recibiron Sabela e Lourdes.

Mentras facíamos tempo para comer e despois de admirar unhas magníficas vistas, Sabela dounos unha lección maxistral sobre a arte da pesca da lamprea, de como se seca, das distintas maneiras de preparala, disque se pode guisar, rebozar, ponse tamén á prancha e por suposto rechea. Máis chegado ese momento decidimos ir xantar. Que fame tiñamos!!!

E chegou a ansiada lamprea acompañada dun magnífico Alvariño. Preparáronna rechea, estaba exquisita. Gustounos tanto que xa estamos desexando que chegue a temporada para ir probar a lamprea verde, pero esa será outra historia...

Ás cinco, rematada a comida e logo dos cafés e dunha conversa moi agradable, xa se sabe bibliotecas escolares, clubs de lectura, encontros..., saímos para a ESCOLA, porque eso é o que é, unha ESCOLA con maiúsculas. Unha escola unitaria como as que xa non quedan. Unha escola onde o "currículo" tamén o marca unha rá que aparece unha mañá polo patio, a viña que está ao carón da escola ou calquera outra circunstancia que motive aos pequenos. Unha escola cunha biblioteca, a Biblioteca "A Dúas", que é o motor arredor do que xira non só a vida da escola, senón tamén a vida cultural do pobo. "A Dúas" é o punto de encontro onde os veciños se xuntan cada xoves para ver unha película ou para calquera outra actividade que a MESTRA, unha muller moi especial, organice.

Un dos "libros" máis importantes do fondo de "A Dúas"

VVAA: Érase unha vez... A Dúas, Editorial Unitariadevide, As Neves (2007)

E despois desta visita, que tanto desexábamos facer, non chegou a despedida. Non, as nais de Vide "Compoñentes do Equipo da Biblioteca", tíñannos preparada unha sorpresa moi especial. Na Casa da Auga agasalláronnos cunha magnífica actuación dunhas fantásticas pandeireteiras, e un pandeireteiro, que fixeron que a nosa visita a Vide sexa inesquecible.

Grazas a todas por facernos sentir como se fóramos uns máis do grupo.

Ata a próxima, que esto hai que repetilo!!!


Tamén nos outros GBI Blogues:
A Nosa Biblioteca
Biblioafonso

Outra crónica en:
Cadernos de Vide


Os Roteiros do 07/08
CEIP Milladoiro-Malpica
CEIP José Cornide (A Coruña)
IES Uxío Novoneyra (A Coruña)
IES de Arzúa
IES Alexandre Bóveda (Vigo)

IES Río Cabe (Monforte)

venres, 3 de outubro de 2008

Os Nosos Venres Musicais (XIX)

Hoxe retomamos "Os Nosos Venres Musicais" e que mellor xeito de comezar que facelo co videoclip do tema "Acabo de llegar" de "Fito y Fitipaldis".

Un bo exemplo de "fomento da lectura" utilizando como telón de fondo a música, nun decorado "minimalista" con certas pinceladas que nos lembran a Mondrian

Non vos parece unha boa elección?

Que o disfrutedes!!!!!


Máis videos do grupo
Related Posts with Thumbnails