O pasado día 2, e seguindo cos nosos obradoiros sobre Tradición Oral, puidemos disfrutar da visita ao noso centro de Antón Castro.
Antón, mestre de Audición Musical e un dos membros do histórico Fuxan os Ventos, onde mesmo canta que toca a gaita, a flauta, a zanfona... home preocupado pola recuperación das nosas tradicións e a nosa cultura, pero sobre todo moi implicado na súa conservación e transmisión desenvolveu dous obradoiros, un con alumnado de 1º e 2º de ESO, e outro con profesorado e alumnado de adultos.
Foi unha tarde na que non só falamos e aprendemos moito sobre oralidade, senón que tamén rimos e disfrutamos moitísimo co humor e o bo facer deste grandísimo artista.
Pero se queredes ver parte do que aconteceu na biblioteca de "O Segrel", acomodádevos ven, entrade en Radio Barullo e preparádevos a pasar un rato onde a risa será a principal protagonista.

4 comentarios:
Pero vós vades ao instituto a traballar ou a rir?.
Menudo centro, seguro que non teñen Xefeeeee de Estudos.
Na Bibliotecas hai que estar en SILENZO. Menos risas e máis estudo.
Xefe de Estudos, nós????? Non, nós no temos diso.... non debe ser imprescindible, non si?
Pero se falamos de Bibes, entón estamos a falar da peza máis importante dun centro educativo, e iso, meu querido amigo, sonche xa palabras maiores!!!!
Fantásticas todas esas actividades que organizades dende a biblioteca, e ademais, que ben o pasades!!!
Parabéns.
Agarimosos saúdos para todos e todas, en especial a Loly e a os meus ex-compañeiros e compañeiras do Ramo.
Que teñades un feliz ano 2009.
Grazas Encarna.
O final deste trimestre estivo marcado pola tradición, a oralidade e sobre todo moitísima ledicia e moitísimas risas.
Todo o mellor para o ano que está a piques de comezar.
Apertas dende Fene.
Publicar un comentario